Gonzalo Trasbach. Parece este un bo momento para dedicarlle un pouco de atención a Pier Paolo Pasolini (Bolonia, 1922-Roma, 1975). O escritor italiano está de actualidade, non só pola vixencia de moitas das súas ideas (por exemplo, polas súas desapiadadas críticas contra a sociedade de consumo), senón tamén polo seu fondo compromiso vital e artístico coa autenticidade. Para comezar, como é Semana Santa, e agora que o mundo está en mans dunha tropa fanática que se declara cristiá dun ou doutro signo, posiblemente resulte moi saudábel ver de novo El evangelio según san Mateo, un filme que cando se estreou (1964) provocou un monumental escándalo. Seguir lendo Vixencia e actualidade de Pier Paolo Pasolini
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Rolling Stones e Martin Heidegger: arqueoloxía e friame
Gonzalo Trasbach. Dúas noticias reclamaron a miña atención nas últimas semanas. Unha no orde musical e outra no filosófico. A primeira daba conta do concerto que van dar os Rolling Stones o vindeiro xuño en Madrid e que ás poucas horas do anuncio xa estaban practicamente esgotadas todas as entradas. A outra citábase nas seccións e suplementos culturais de todos os xornais (en Cafebarbantia deu conta dela X.Ricardo Losada) e relataba sobre un fondo de singular novidade a publicación en Alemaña dos chamados Cadernos negros (1931-1941) de Martín Heidegger, filósofo cuxa popularidade incrementouse notablemente dende que, xa hai moitos anos, o acusaron de simpatizar, militar ou defender activamente o nazismo e ser antisemita. Seguir lendo Rolling Stones e Martin Heidegger: arqueoloxía e friame
William Burroughs: ruleta rusa, drogas e rocanrol (II)
Gonzalo Trasbach. James Grauerholz e o inveterado fisgón Vitor Bockris ofician os encontros coas estrelas musicais. Entre eles resultou hilarante o que tivo con Lou Reed (1942-2013). O fundador da Velvet chegou ao forte coa botella de whisky na man seguido polo seu cortexo. Entrou intempestivo e cortante. O vello mantívose tolerante, incólume como se fose unha esfinxe, diante do mozo músico e poeta, interesado en cousas sen importancia. Nesta época foi cando Grauerholz, outrora mánager de grupos de rock, lle conseguira unha columna na revista musical Crawdaddy, na que no 1975 entrevistou a Jimmy Page (Led Zeppelin). Seguir lendo William Burroughs: ruleta rusa, drogas e rocanrol (II)
William Burroughs: ruleta rusa, drogas e rocanrol (I)

Gonzalo Trasbach. Dado que as súas obras, de carácter experimental, alento visionario e conciencia antisistema, rendían pobres ganancias, William Burroughs (1914-1997), talvez a voz máis insubornable da chamada beat generation, viuse condenado a levar traxe de personaxe público. Sobreviviu a unha crónica adicción á heroína e a ondas consecutivas de innovación literaria. Pero atopou unha segunda vida nos círculos do rocanrol, pois foi quen de atraer a meirande parte das principais stars da escena musical norteamericana e europea. Os artistas que acudiron aos encontros co incorrixible sodomita e heroinómano afeccionado ás armas de fogo, todos atendían con solemnidade ao vello gurú. Seguir lendo William Burroughs: ruleta rusa, drogas e rocanrol (I)