Arquivo da categoría: Pedro García Vidal

Urbanismo de supermercado

O hipermercado de Noia e os acceso impóñense coma un corpo estraño na trama tradicional
O hipermercado de Noia e os acceso impóñense coma un corpo estraño na trama tradicional

Pedro García Vidal. Logo de ler o suxestivo libro de Carolyn Steel, Ciudades hambrientas. Como el alimento moldea nuestras vidas, faise inevitable deixarse vencer pola tentación de rastrexar as pegadas da alimentación nas vilas próximas; unha invitación a comprender como muda o territorio que habitamos a partir da súa relación coa comida. Seguir lendo Urbanismo de supermercado

Facer visibles as paisaxes da cidade oculta, 700 anos da muralla de Noia

Facer visibles as paisaxes da cidade oculta. AbrilPedro García Vidal. A cidade fortificada constituíu durante séculos en occidente o modelo urbano predominante. Unha poboación, por pequena que fose, se non aparecía defendida por un muro era considerada pouca cousa. A existencia dunha muralla era decisiva para elevar un lugar a rango de vila ou cidade, fronte aos que non a tiñan. Seguir lendo Facer visibles as paisaxes da cidade oculta, 700 anos da muralla de Noia

Silencio, de Agustín Agra

silencioPedro García Vidal. Regresa Agustín Agra con este Silencio, libro de relatos publicado pola Editorial Galaxia, aos andeis das librerías, logo dunha paréntese de cinco anos. Pagou a pena a espera. Nun tempo onde predomina o balbordo, no que con frecuencia se confunde opinión con competencia, aparece este Silencio concibido como “un cadro puntillista”, en palabras do autor, no que oito, relatos engarzados como unha novela nos levan dende a competencia a interrogarnos sobre a nosa propia existencia. Poderiamos dicir que aínda que os protagonistas son xente da ciencia, non estamos ante un libro de ciencia nin de divulgación científica, senón ante un libro que trata da natureza humana. Seguir lendo Silencio, de Agustín Agra