Jose Lires. Describir unha paisaxe, por moi cotiá que se nos presente, non deixa de ter a súa complicación. A razón, ao meu entender, radica na gran compoñente subxectiva inherente ás múltiples definicións do termo manexadas na literatura. Continue reading Estradas panorámicas
Arquivos da categoría Jose Lires
Ondas estrañas no mar
Jose Lires. Algunhas fotografías, pinturas, ou mesmo gravados clásicos, transformáronse en estampas icónicas co paso do tempo. Non podo dicir que teña unha imaxe predilecta deste tipo, pero si unha especial querenza pola recoñecida obra do pintor xaponés Katsushika Hokusai (1760-1849) A grande onda de Kanagawa. A escena representa unha paisaxe mariña onde, en primeiro plano, unha xigantesca onda ameaza afundir varias embarcacións. Continue reading Ondas estrañas no mar
Camiños de auga
Jose Lires. O día amencía fresco e húmido prometendo calor abafante. Un abrente, no que o resío se enfrontaba á evaporación baixo os ameazantes raios de sol, retrotraía-me a aquelas mañanciñas de veráns xa vividos. Eses días da infancia onde, co curso rematado e un longo tempo por gastar, as xornadas antollábanse eternas Continue reading Camiños de auga
Cuarzo, feldespato… e radon
Jose Lires. A historia dos avances en cien-cia e tecnoloxía está saturada de feitos ines-perados que supoñen un xiro das investiga-cións rematando en descubrimentos cando menos sorprendentes. A mediados dos anos oitenta do século pasado, un operario dunha central nuclear en Pensilvania disparaba todos os dispositivos de seguridade pola alta radiación que emanaba do seu corpo. Continue reading Cuarzo, feldespato… e radon