Arquivo da categoría: Jose Lires

Cuarzo, feldespato… e radon

BM23C2F6_21315Jose Lires. A historia dos avances en cien-cia e tecnoloxía está saturada de feitos ines-perados que supoñen un xiro das investiga-cións rematando en descubrimentos cando menos sorprendentes. A mediados dos anos oitenta do século pasado, un operario dunha central nuclear en Pensilvania disparaba todos os dispositivos de seguridade pola alta radiación que emanaba do seu corpo. Seguir lendo Cuarzo, feldespato… e radon

Paisaxes graníticas

Veas de cuarzo nun macizo granítico formado hai centos de millóns de anos
Veas de cuarzo nun macizo granítico formado hai centos de millóns de anos

Jose Lires. Co paso dos anos caín na conta de que as sensacións das primeiras lecturas permanecían latentes á espera de aflorar no momento oportuno. Gocei moi novo da narración daquela viaxe arroutada ao centro da Terra, e crin no imposíbel. Tempo despois, dun xeito menos poético, aprendéronme a desentrañar os segredos do interior terrestre nas rochas da superficie. Seguir lendo Paisaxes graníticas

A época do Antropoceno

lires
Depósitos antropocénicos nunha praia urbana da contorna barbancesa

Jose Lires. Existen vocábulos de fonética atropelada que emanan do mundo científico e son rapidamente incorporados á cultura popular. Isto parece suceder co Antropoceno. Máis aló do debate académico sobre a conveniencia, ou non, de definir formalmente unha nova época na historia xeolóxica, o que resulta irrefutable é a fonda pegada do Homo sapiens no planeta. Seguir lendo A época do Antropoceno

Unha litoteca na rúa

Palabras. Litoteca na ruaJose Lires. Algunha que outra vez o amigo e profesor Agustín Agra faloume de percorrer a nosa vila, Noia, describindo as rochas que tapizan as súas rúas e revisten as fachadas das vivendas. Unha litoteca fóra do laboratorio para experimentar cos materiais e figurar procesos xeolóxicos. Hoxe, cando me atopo con el cerca da súa casa, invítoo a compartir a pretendida andaina. Iniciamos a xeira con moitos conceptos previos aprendidos, e co ánimo de reconstruír unha historia onde o tempo se conta en millóns de anos, e o espazo transmútase vertixinosamente ensarillando a realidade con plausibles escenarios primixenios. Observar, interpretar, ¿imaxinar? Seguir lendo Unha litoteca na rúa