Arquivo da categoría: Patricia Torrado Queiruga

De obxectos e outros seres

floresPatricia Torrado Queiruga. Era un home como tantos outros, facía decote as mesmas cousas rutineiramente, día tras día. Aquela mañá pasou diante dun escaparate e viu un floreiro que creu que se adecuaba ao que estaba buscando. Ao chegar á casa púxoo sobre o sitio máis visible de todos e colocoulle un ramo de flores, as máis fermosas e recendentes que atopou. Esa noite organizou unha cea cos amigos, e os que acudiron gabaron a beleza da peza, as súas formas, a elegancia natural, a delicadeza. O home sentiu medo, sacoulle as flores e púxoo nun lugar agochado, onde non chamase a atención.

O veo dos recordos

mans1Patricia Torrado Queiruga. Todas as mañás, ao espertar, óllaa durmir coa tenrura acugulada de tantos anos. Érguese e, unha vez aseado, vai á horta coller un mando de laranxas para prepararlle un zume exquisito, tórralle unhas rebandas de pan e pon a facerse o café, que inunda co seu recendo toda a casa. Espértaa cun bico agarimoso na meixela, non se vaia asustar; chámaa polo seu nome, e agarda a súa reacción para saber cales serán os pasos a seguir durante a xornada. Seguir lendo O veo dos recordos

A muller nos sindicatos agrarios sonenses

O traballo da muller foi fundamental no agro, pero non recoñecido
O traballo da muller foi fundamental no agro, pero non recoñecido

Patricia Torrado Queiruga. Para o presente artigo tomamos como referencia o Regulamento da sociedade La Protección Obrera, constituída en Porto do Son en 1901, e o Sindicato Agrario Católico Obrero de San Benito de Seráns de 1926, posto que non temos coñecemento nin dos estatutos da Liga y Sociedad de Agricultores de Santa María de Nebra de 1909 nin dos da Sociedad de Agricultores que supostamente se estableceu no Son en 1903. Seguir lendo A muller nos sindicatos agrarios sonenses