O tempo de (non) pensar

hamlet-smFidel Vidal. Ser home e Rei a un tempo, no mesmo tomo, é algo imposible. Porque o Rei sendo culpable, causante do delito, líbrase da culpa e da condena polo sinxelo feito de ser Rei, dispensando con el ao home que o soporta. Soamente os deuses e os Reis están exentos de calquera crime ou prohibición, incluída a do incesto. Se o Rei busca vinganza é por se ver desposuído, non por cornudo. Á fin, o novo Rei gozará dos mesmos privilexios. Son os deuses, e os reis, os que impoñen leis, mandatos e mandamentos, ditados para se favoreceren a si mesmos: as leis dos poderosos. Polo visto, non se trata só de foder.

HAMLET.- O pantasma d-El Rei vello díxome: ela tamén debe pagar. ¡Ouh Coro, fala, segue falando para que non teña eu tempo de pensar! Ou pensa ti por min.

A pantasma d-El Rei vello reclamando a vida da súa esposa como pago (“BLOOM: …repugnantes fantasmas procreadas por unha horda de luxurias capitalistas”, James Joyce, Ulises). Ela tamén debe pagar. A nai tamén é culpable. Tanto no Edipo de Sófocles como no Hamlet de Shakespeare as nais son tan culpables, se non máis, ca os seus esposos: no primeiro caso do consentimento de dar morte ao fillo (EDIPO.- É que [o neno] entregoucho ela [Iocasta]? SERVO.- Si, en efecto, Señor. EDIPO.- E para que? SERVO.- Para que o matara.), e no segundo participando e deitándose, de forma incestuosa, co seu cuñado, asasino do seu esposo, e pai de Hamlet.

CORO.- (…) El Rei Halmar pode agardar agora que lle digas, cando pola mañá o atopas no corredor da cámara do Concello: ¡Bos días pai querido!

ee7cf2504d941fec9bc44705944a0672É este o pai? Fala en serio o Coro? Refírese ao pai que intentou asasinalo, ao deixar de selo aquel pai que o amou, alimentou e educou, e que morreu a mans do seu propio irmán? Aceptando o erro do pai biolóxico, este serao só no ámbito xudicial, no mundo das leis de reclamacións arbitrarias, como por exemplo reclamar unha herdanza. De saber da realidade do pai na pretensión de matar o seu fillo (por lle facer caso ao horóscopo), esa absurda e terrible situación, o coñecer esa horrible realidade serviría para lle pasar factura. Unha avultada factura ou, que menos!, de retruque, intentar matalo.

Non se descubre o absurdo sen sentirse un tentado a escribir algún manual da felicidade, asegura Camus. “A felicidade e o absurdo son dous fillos da mesma terra. Son inseparables (…) ‘Xulgo que todo está ben’, di Edipo, e esta palabra é sagrada. Resoa no universo feroz e limitado do nome. Apréndenos que nada diso non é nin foi esgotado.” (Albert Camus, O mito de Sísifo)

2 comentarios en “O tempo de (non) pensar

  1. Delicada cosa es el amor, querido Fidel, que atrapa a reyes o mendigos, aunque los primeros estén exentos de culpa por cometer la misma que los segundos.
    Justo ayer, cayó en mis manos un libro sobre santa Úrsula y Atila, rey de los hunos. Voy a transcribir un trocito de dicha lectura: “Úrsula se embarcó en una peregrinación a Roma con la intención de que el papa Ciriaco consagrara sus votos. No llegó. Al pasar por Colonia, los bárbaros que señoreaban la comarca atacaron a los peregrinos, y Úrsula cayó en poder de Atila.
    Prendado de la hermosura de Úrsula, el feroz Atila le hizo propuestas deshonestas .
    Úrsula se negó en redondo.
    El bárbaro intentó tomarla por la fuerza, pero Dios hizo el milagro de que la gurrumina, que habitualmente se le ponía como el pescuezo de un cantaor flamenco en cuanto venteaba mujer, se le redujo al tamaño de una bellota .
    Pensó el bárbaro que allí mediaba brujería y asustado depuso su intención estupradora, pero entregó al verdugo a Úrsula”.

    Ya ves, Fidel, el bárbaro, como era rey, liberó de la culpa al plebeyo que daba soporte a su corona, o sea, a sí mismo, y no pagó su pena, solo cuando estaba en la grupa de Incitatus, se acordaba de la patrona de La Orden de las Ursulinas que le hacía recordar aquel humillante desfallecimiento.

    Y Atila se fue a… A CAVAR A CARAVACA.

    Besiños palmeiráns con moito humor, querido Fidel.

    1. Que ben te expresas, miña atenta Magdalena, con iso do pescozo do cantaor flamenco. E a gurrumina. Non sabía desa acepción, escasa xa no principio. Convertila en landra ou cacauete, o ideal para os varóns sería o dunha bruxería con efectos contrarios aos padecidos polo abusón de Atila. Aforraríase en pastillas azuis. Estou a ver os perigos de andar de excursión polo mundo, mesmo sexa para consagrar votos. Case mellor non saír da casa. Ou nin do cuarto. Dentro ou fóra, o inimigo non desacansa, anda sempre ao axexo. De cativos lembro que os maiores , para rirense do mancebo da farmacia, mandábannos preguntar por se tiña TELA TESA. Cousas infantís de infantes inocentes. Saúde e moitas e gustosas veces. ALITA E ATILA

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *