O bautismo prenatal

c4eac9a8a799c6054d4936bc87fee88dNatividad Rey. Aurora era unha muller que desexaba ser nai e, tras sufrir tres abortos espontáneos, decidiu realizar o rito do bautismo prenatal estando embarazada por cuarta vez. Entón un día, un pouco antes da medianoite, acercouse á ponte das Partidas acompañada por dous familiares e tres amigos. Levaron comida en abundancia e todo o necesario para celebraren un bautizo cristián. Cando chegaron os seus acompañantes facían de gardas da ponte e permaneceron nas entradas impedindo que ninguén a cruzase e, ela camiñou soa cunha corda longa e un caldeiro, en silencio, e detívose na metade dela para agardar alí a chegada do padriño ou madriña do meniño que estaba por nacer.

Mentres Aurora esperaba, os gardas da ponte intentaban convencer a persoa que pretendía cruzar que participara no rito ou que esperara ata que se fixera. Tamén evitaban que ninguén a atravesara, nin persoa nin animais podían, xa que iso suporía un importante risco para o meniño ou para o seu nacemento.

Houbo quen chegou á ponte e deu volta ao ser informado do que alí estaba acontecendo; pero chegou Bernardo, que xa non era a primeira vez que se prestaba a ser padriño do bautismo anticipado, e dirixiuse en silencio ata Aurora, que degoxaba aquel momento. Sorriulle emocionada e comezou a desabotoar lentamente os botóns do seu vestido branco deixando á luz da lúa o seu ventre. Puente_de_piedra_muralesyvinilos_9661760__Monthly_LBernardo colleu unha pouca auga do río co caldeiro atado á corda, e con esa auga deixouna esvarar lentamente polo ventre da embarazada repetindo as mesmas palabras que pronunciaría o crego nun bautizo normal: «No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo», pero sen rematar, nin el nin ela, coa palabra «Amén» pois, se o fixeran, o neno podía non nacer con ben.

Unha vez feito o rito celebraron todos á beira do río coa comida e o viño que levaron da casa e cando remataron volveron á ponte, e, dende alí, tiraron á auga todo canto sobrou, xunto co mantel, vasos e garfos, a xeito de ofrenda ao río para que permitira o bo nacemento da criatura que estaba por vir.

Un mes despois naceu o desexo máis esperado de Aurora, naceu Bernardo. Si, puxéronlle o mesmo nome do padriño do bautismo prenatal que tamén foi padriño eclesiástico do pequeno, unha vez nado, e así o neno tería toda a probabilidade de ser agraciado por sempre coa boa fortuna.

         *Moitas mulleres confesan que abortaron repetidamente ata que celebraron o bautismo anticipado, tamén chamado bautismo prenatal ou bautismo no ventre da nai. É un antigo rito de enxembramento moi estendido en Galicia ata finais do século XIX que consistía en bautizar o feto no ventre da nai xestante.

6 comentarios en “O bautismo prenatal

  1. Estimada Natividad:
    A mí también me ocurrió una anécdota que bien puede considerarse en la línea de la que relatas en tu divertido artículo, en el que se mezclan religiosidad y superstición (esta última todavía vigente en Galicia, a juzgar por alguna actitudes que pude observar.)
    Llevaba unos cinco meses de embarazo. Mi marido hubo de salir a navegar durante unas semanas. En su ausencia no tuve otra ocurrencia que coger un libro de medicina que me pusiese al tanto de los pormenores del embarazo; y fui a dar, ni más ni menos, con todo lo referente al embarazo extrauterino.
    Después de la lectura del libro, me obsesioné de tal manera que comencé a somatizar los síntomas del tal embarazo. Y no era mi propia vida la que me obsesionaba. No. Era la imagen de mi hijo (considerando lo de “hijo” -que resultó hija- como término neutro, puesto que en aquella época se sobreentendía la referencia a los dos sexos. Los adelantos de la ciencia tampoco llegaban a predecir el sexo antes del nacimiento), destinado a vivir eternamente en el Limbo, sin poder hacerle siquiera una visita.
    Durante cuatro meses viví en silencio aquella angustia que se desvaneció al regreso de mi marido: por lo visto, lo que yo había tomado por embarazo ectópico, sólo eran unos pocos gases.
    Por suerte, como muy bien expresa Magdalena en su bonito relato, el tiempo va cambiando la visión de las cosa y muchos conceptos que teníamos por dogmas, ya no lo son. En mi caso desconocía que fuese válido el bautismo en el claustro materno y, de conocerlo, posiblemente hubiese actuado lo mismo que Magdalena. ¿Acaso no dice el catecismo, refiriéndose a la aplicación del sacramento: “En caso de necesidad, cualquier hombre o mujer que tenga uso de razón?”
    Eso sí lo sabía. Lo que no sabía es que fuese aplicable a un ser no nacido.
    Un abrazo.

  2. Buenos días, Natividad:
    Conozco muy bien ese rito del bautismo prenatal, pero desconocía toda esa parafernalia que lleva consigo tal ceremonia.
    En el año 1972, un cinco de mayo, se fue al cielo un bebé que había estado en este valle siete meses y diez días. El dolor de aquellos padres fue tan atroz que en aquellos momentos lo creyeron insuperable. Un nuevo embarazo mitigó aquel calvario y la ilusión volvió a aflorar. A los cinco meses de embarazo aquella mujer sufrió unos dolores como de parto. Pensó que era un aborto y desesperada clamó al cielo. En aquellos momentos tenía enfrente un calendario con la preciosa imagen de san Antonio de Padua pintada por Tiépolo, y le prometió al santo ponerle su nombre si el bebé no se malograba. No se sabe si el paduano la oyó o si en realidad aquellos dolores habían sido fruto de unas almejas que no debían estar en condiciones de ser ingeridas; el caso es que al cabo de unos meses nació una Antonia, con el agravante de que en aquella casa ni bisabuelos, ni abuelos, ni nadie, excepto la madre de la niña querían que llevase tal nombre. Esta madre, unos días antes de nacer Antonia, para asegurarse de que nadie le cambiaría el nombre a la pequeña, llevó consigo a una amiga y se fue “á ponte de san Antonio” al Maño, y allí la bautizó con el nombre del santo. La madrina fue su amiga, el agua la llevó de casa, bendita por supuesto, y con el nombre del Padre fue incluido el amén.
    Esta es mi historia, querida Natividad. Muchas veces la necesidad obliga y te hace más vulnerable. ¿Lo haría hoy ? no lo sé, probablemente no, pero, recordarás que Hegel opinaba que si todos hemos evolucionado y que si el pensamiento de Platón merecía ser criticado comparándolo con el de Kant por quedar sus ideas caducas, las suyas, también serían objeto de críticas por las siguientes generaciones. Lo que ahora nos suena a caduco, en su tiempo fue muy usual.
    Y ahora que he terminado mi relato, mi vocación de madre voy a fusionarla ejerciendo de ama de casa que ya me he extendido mucho con la respuesta.
    Me ha encantado tu entrada, Naty.
    Besiños palmeiráns.

    1. Magdalena, grazas polas túas palabras e por contarnos a túa emocionante vivencia. Podo decir que me puxo a pel de galiña. O rito que escribo só é unha variante de outras moitas que pode ter, como é no teu caso. Son todas aceptables é coido que a túa fe puido facer que a meniña viñera con ben. Teño un libro entre as miñas mans onde fan referente a Claudio Cuveiro, que admite ter actuado algunha vez como padriño e mostra un grande respecto polas crenzas populares, di: “non deben, en verdade, fomentarse as preocupacións, pero tampouco debe descoidarse o estudo das que existen en todos os países; nin o das súas causas, nin o dos resultados que producen, estudo interesante por máis dun concepto e que tal vez poida levarnos a descubrir algunha destas misteriosas relacións que existe entre o mundo subxectivo e o obxectivo, entre personalidade humana e a natureza”. Grazas por comentar, saúdos e bo día.

Deixa una resposta a Encarna Pego Paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *