Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives

poster-1Pilar Sampedro. Un café dá para moito. Unhas veces falamos de libros, de películas ou exposicións, de ciencias ou de letras, de arte ou filosofía … outras lemos algo que unha tertuliana escribiu desde a ficción, e outras comentamos algo que nos abre novas portas ao pensamento que late no día a día. Por iso, hoxe traio ao café un concepto, unha asociación, unha película que acabo de descubrir para que chegue a outros e outras que –coma min– non estaban ao tanto. Unha idea: a diversidade funcional. Porque non todas as persoas temos as mesmas capacidades, porque estas son diversas, porque isto non ten que significar unha etiqueta de deficiencia, discapacidade, minusvalía… senón unha maneira distinta de enfrontarse ao quefacer diario. Porque me gustou moito ler que o problema non está nas persoas con diversidade funcional senón na sociedade que non está preparada para admitirnos a todos por igual e se empeña en tentar colocar os cidadáns nunha mesma amosega da vara, nun modelo medio ao que debemos semellarnos. Porque todos e todas temos esa diversidade funcional ou pasaremos por ela nas diferentes etapas da vida, se duramos.

Na páxina á que tiven acceso (VIgalicia) fálase de dous modelos de comprensión do fenómeno social da diversidade funcional: o modelo médico e o social; o primeiro deles centrado unicamente no déficit ou insuficiencia e a función rehabilitadora, comparándose co estándar do cidadán medio ao que se pretende axustar; mentres que o segundo enfócase na sociedade para cambiar as políticas, actitudes e discriminación económica contra as persoas con diversidade funcional. descargaTamén se di que “o discurso teórico que estimula o avance do paradigma de vida independente, explica que o que ten que repararse non é un individuo enfermo senón unha sociedade que non dá cabida a todos os cidadáns.”

Unha asociación: VIgalicia, que defende “o dereito de toda persoa con diversidade funcional a exercer o poder de decisión sobre a súa propia existencia e participar activamente na vida da súa comunidade, igual que calquera outro cidadán”. Esta organización tende aos fins de servir como instrumento de apoio e intermediación para a consecución e xestión de recursos suficientes para a asistencia persoal (un servizo de apoio á vida independente e á promoción da autonomía das persoas con diversidade funcional, mediante o reforzo dun asistente persoal que lles permita asumir plena responsabilidade e control sobre as súas vidas) baixo a filosofía de vida independente.

A busca da independencia, a igualdade de oportunidades e a participación social, ese é o obxecto. As persoas coma min, pouco centradas nesta temática, podemos asimilar esta imaxe a figuras públicas como Pablo Echenique.

Na páxina da asociación explícase o traballo cara á vida independente progresando nesta vía, co que implica de reparar nos límites que dificultan a plena integración. “Nada para nós sen nós”, o seu lema, lévanos a lembrar aqueles tempos do despotismo ilustrado, sobre os que temos que reflexionar e que falaban de todo para o pobo pero sen o pobo. 

JustinDartInjusticeDefiant Lives é un documental que presenta os comezos da loita de activistas pro-dereitos civís, das persoas con diversidade funcional, especialmente en Estados Unidos, Gran Bretaña e Australia. Este filme achega información precisa acerca deste colectivo e o seu conflito. Para el, rescatáronse materiais videográficos inéditos daqueles que comezaron a dar pasos dentro deste novo paradigma social. Acadar a independencia e o control das súas vidas levounos a identificar os retos políticos e culturais para superar o modelo médico-rehabilitador.
Defiant Lives é o desafío rebelde e o traballo a favor dun mundo mellor no que todos e todas teñamos o noso espazo de liberdade e decisión.

VIgalicia conta co permiso para a exhibición pública de Defiant Lives e está no camiño de exhibila publicamente coa fórmula do cinefórum que permita a reflexión conxunta para enfocar este novo modelo de tratamento da diversidade funcional.

3 comentarios en “Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives

  1. Me ha llegado al alma eso que acabas de decirme, Pilar; pero nunca pienses que escribes en el agua, y si es así, recuerda que el agua es como un espejo que devuelve nuestra imagen, nuestros signos, nuestras composiciones… Mira, había un padre de familia que por cuestiones económicas tenía que trabajar muchas horas. Cuando salía por la mañana su hija todavía dormía, cuando regresaba por la noche la niña ya estaba acostada; solo podía estar con ella el séptimo día de la semana. La niña estaba triste por lo poco que veía a su padre. Un día el padre le dijo que antes de salir para el trabajo siempre iba a darle un beso mientras ella dormía y para que supiera que así era, a partir de aquel día le ataría un lacito en la sábana. Así fue, cada mañana al despertar, la pequeña veía el lazo que su papá le había dejado. Ese simple detalle hizo feliz a la niña pues sabía que su padre se acordaba de ella.
    Nunca hablarás sola, querida Pilar, aunque te lo parezca siempre estará ese lacito acompañando a tu humanidad.
    Besiños palmeiráns.

  2. Buenos días, Pilar:
    Alguien dijo que a los españoles lo único que nos falta es una cultura más mercantil, y yo añado, que de la humana también andamos escasos. Me ha parecido excelente tu aportación, todo lo que se haga en pro de los derechos civiles para llamar al interés de los más indiferentes, es justo.
    Un buen lema es también este otro: “Todos un poco, no unos pocos todo”.
    Saludos cariñosos desde Palmeira.

    1. Moitas grazas, Magdalena.
      Non sabes canto agradezo as túas palabras. Ás veces semella que se escribe na auga, que se din cousas obvias, que se fala do que a ninguén interesa… por iso, un comentario fai que o monólogo sexa conversa.
      Hai días nos que reverberan os versos de Novoneyra: “De tanto calar xa falo eu só”.
      Unha aperta!
      Pilar

Deixa una resposta a Pilar Sampedro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *