Un fracaso chamado Roma

003_mIgnacio Castro Rey. Preséntase como unha “carta de amor ás mulleres que o criaron”. De xeito evidente, a toda sombra, a película de Alfonso Cuarón é demasiado ambiciosa para o que despois cumpre, case nada. De estar só creo que me largaría, pero como estaba con Eugenio Castro (por primeira vez no cinema), limiteime a miralo de esguello para tentar adiviñar se sentía o mesmo ca min… ou un servidor tiña unha mala tarde, que lle pasa a calquera.

As deposicións inaugurais do can Borras, manchando sen cesar a entrada da mansión dunha familia adiñeirada da colonia Roma, merdas imposibles de recoller a tempo para que o pai de familia non as pise, representan talvez (na intención de Cuarón) o seu heroico descenso á sucidade desta terra. Pero as cacas parecen en realidade de plastilina marrón, e posiblemente encarnan a realidade de cartón pedra onde o noso director vive. Os tiros ao branco da opulenta familia estadounidense de Sofía están escandalosamente mal simulados; o incendio nocturno do bosque moi mal feito… Estou a imaxinarme a Federica Mogherini, alta representante europea de asuntos exteriores e seguridade, personaxe que tamén leva décadas sen baixar á rúa (a mesma que mira con ollos tenros a Pedro Sánchez e toda a cohorte de pijos que dominan, valga a redundancia, a esquerda hexemónica), subxugada por este malgaste de solidariedade cun sufrimento humano que só viron en diferido, pero con pantalla panorámica e en 3D.

Por que os anos 70 ambientan este traballo? Porque así Cuarón facilítase o exercicio nostálxico e piadoso cara a un país imaxinario. O cartel que anuncia Roma (esa “árbore de brazos”, di Krauze) promete unha sutil poética de corte neorrealista, cunha masa atormentada de diversas idades apiñada baixo a luz tardía dun mar encrespado. Pero a linguaxe case muda de Roma apenas ten algo que dicir; é propio do peor realismo máxico, cuns motivos sacados do impresionismo informativo e engadíndolle unhas pingas de sentimentalidade en branco e negro. 5c475a56d1474A fotografía é pulcra e definida, pero apenas ten un tema relevante que enfocar. Cuarón non ten case nada que contar, á parte da súa visión entenrecida, así que se dedica a un travelling turístico aderezado con salpicaduras de tenrura precociñada, humillacións de deseño e violencia nas rúas de corte sesenteiro. Non hai acontecemento real algún na película, pero sente ao público extasiado cun malgaste de sentimentos que, casualmente, coincide co que todo o mundo espera de México: charcos nas rúas, desigualdade social sanguenta, abusos gobernamentais, machos brutais, pobreza e ignorancia, silenciosas femias indíxenas, capitalismo cosmopolita, vida familiar pracenteira… En fin, o que calquera turista gringo desexa para poder volver, subindo os prezos (e facendo a México cada día máis invivible) desde calquera hotel de luxo dos que Cuarón debe frecuentar.

Para rematar o cadro, outra casualidade, a produción é case enteiramente estadounidense, co soporte desa ONG sen ánimo de lucro chamada Netflix. Eles son quenllas, pero intelixentes, así que están a favor dos dereitos da muller, dos dereitos indíxenas e dun trato humanitario aos nosos escravos. De maneira que a carta de amor ás mulleres providentes que o criaron, suponse que en algodóns, transfórmase nunha carta de amor ao México que debe deixar de ser mexicano e parecerse a ese Primeiro Mundo que xa non terá charcos nas rúas nin nenos esquecidos. Que lonxe todo este lixo edulcorada do cru realismo, extremadamente poético, dos esquecidos! Filmada por Buñuel moi preto, nos bordos da Romanita.

imagen_17507667_crop1542974979887.jpg_1970638775Cuarón está traspasado polo prohibicionismo norteño de cabo a cabo. O bo é que tal puritanismo non prohibe en particular nada, ou cambia perpetuamente de prohibicións. O fundamental nel é a completa incapacidade de habitar a terra. E este obxectivo o noso director lógrao con fartura, a pesar das estampas de ceos inmensos e jets ao lonxe. Talento non lle falta; orzamento, tampouco. Aínda que se diría que os avións que sucan o alto ceo adornado de cirros son o síntoma de que a mirada de Roma é aérea, ingrávida, aínda que se pase os días recreando escenas burguesas. Os minutos iniciais, cun chan de baldosas lavadas onde se reflicte o paso dun avión afastado, xa indican (despois entenderémolo) todo o aparato da entrega. A miseria moral e económica campa en México, pero novos redentores debúxanse no horizonte: unha infancia piadosa, unha burguesía (sobre todo feminina) que tamén sofre, uns escravos autóctonos que conservan un chisco de dignidade e conciencia de clase… A proba desta beatitude actual é que a Roma chovéronlle toda clase de premios, sobre todo dunha elite europea que, como o mesmo director, fai lustros que non pisa a rúa e, se viaxou a Latinoamérica, fíxoo en clase Business.

Todos os tópicos aderézanse ben para que a lentitude, onde tampouco ocorre nada lento, sexa adorable para o público progresista. As criadas fieis e enganadas por homes groseiros (Cleo e Adela), as rosmadelas en mixteco, os amos poderosos pero tenros (conservadorismo con corazón?), as mulleres soas outra vez e unidas (ama e criada) nesa soidade de chingadas, os nenos salvaxes e crecentes, a brutalidade policial… Ademais, como a acción sitúase nos anos 70, a mensaxe subliminar é: tranquilo, señor turista, a nación evolucionou desde esta cruel desigualdade de outrora.

É certo que o espido do cabrón Fermín non vén a conto. Pero tampouco vén a conto case nada. Sen ir máis lonxe, eses rumores nun idioma “indíxena” que só ten a función de poñer unha nota de cor nun contiño para hipsters. Normalmente autista, o público madrileño tarda en levantarse dos asentos da sala, transido de revelacións poéticas acerca da humana pobreza da que vimos. Pero 8 euros por sesión, 160 pesos en México, é claramente demasiado para liberar a criadas como Cleo. Que ademais non necesitan liberarse, pois son salvadas polas súas amas: a dor e o amor todo o poden. Así que a mensaxe queda para a mesma elite que produciu esta historia.

Non falta poesía, incluso almibarada, pero sobran tópicos sociolóxicos e estereotipos. O grave é que un trastorno bipolar ou maniqueo (paralelo ao pulcro branco/negro da “linguaxe visual”) percorre todo este traballo de culto nun autor que xa probara os meles do triunfo en terreos máis fáciles e comerciais. Non teriamos nada contra o éxito masivo, pero ás veces enche o enfoque de luces e incapacita para descender a certas sutilezas que aquí se pretenden.

roma-7ea26f02a3b321a760ecf8f211cbc07d-1200x600O peor de todo son, baixo corda, as mensaxes politicamente correctas para arrincar aplausos e premios á alta caste que os reparte. Repasemos, sen excesiva crueldade, algúns: nin unha soa muller mala, todas son vítimas: soas, chingadas, golpeadas ou abandonadas; apenas un home bo, excepto o chofer e algún que outro escravo mudo; nenos feroces, pero con corazón sufridor e inocente; pobreza silenciosa e submisa, pois espera unha redención que virá de arriba; explotadores con corazón, que tamén poderían ter redención desde eles mesmos, xa que saben chorar. Etcétera. Quen dá máis para que Europa enteira, e parte desa América que nunca baixa ao metro, aplauda a rabiar? Unha vez máis, a elite que goberna o mundo, ou deixa gobernar aos seus sicarios, volverá á casa un pouco máis sosegada. Non somos perfectos, diranse, pero polo menos miramos de fronte o horror do noso pasado.

Para terminar, xa en confianza. Confeso que social e politicamente non son máis que un dubidoso socialdemócrata. Ou algo aínda peor. Pero rescátame para certa sensibilidade popular, que se permite ironizar ante un exercicio estético máis falso que mudo, unha rabia subdesenvolvida cara á nova caste de mandaríns. Eles son os de sempre, pero coñecen aliviadoiros posmodernos (Haneke, Cuarón e demais) que agora lles permiten aspirar a xestionar unha miseria que xamais vivirán en directo.

Por favor, non me fagan caso. Vaian ver Roma para volver ao fogar máis tranquilos. No fin de contas, a boa conciencia, a seguridade e a saúde mental son importantes neste mundo ameazado polos bárbaros.

2 comentarios en “Un fracaso chamado Roma

  1. Querida Magdalena, hai días tentei responder dende o meu “Smartphone”, pero son una desastre coa tecnoloxía. A cinta do listo de Cuarón pódese ver, pero sen sono (é moi “lenta”, pero iso non é o peor) e, sobre todo, sen ningunha ilusión relixiosa ou artística. Ten unhas pretensións metafísicas e reveladoras que soamente vale para “pijos” de idade millenial, que non lembran nin queren lembrar nada. O máis cabreante, nun traballo concebido dende a raíz para o éxito mundial, e a súa perfecta corrección política, tocando todas as teclas para que o público, sen saír de casa, sexa solidario a distancia cunha realidade profunda que nunca lle doeu. Apertas e grazas.

  2. Buenas tardes, Ignacio:
    Nada puedo comentarte sobre la película Roma, no la he visto, pero a pesar de que dices que no te hagamos caso y que vayamos a verla, la crítica que nos facilitas, en realidad es para que al ver el póster le digamos lo que el campesino le dijo al burro: “Que te compre quien no te conozca…”. He sido muy cinéfila, todos los sábados y domingos íbamos al cine mi marido y yo, eso sí, a salas distintas, nuestros gustos referente al Séptimo Arte son muy dispares, y a mí, el adormecedor estilo sonajero de algunas películas, me acuna. Lo mismo le pasaba a mi cónyuge con las de mi estilo.
    Ahora me queda poco tiempo para poder leer todo lo que me apetece y prefiero aprovecharlo imaginándome los personajes a mi manera, porque así, la fantasía ya adquiere la forma que cada uno desea.
    Encantada de leerte, apreciadísimo Ignacio.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a ignacio castro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *