Apoucado

miguelindurainMarina Losada Vicente. Pareceulle ben raro, pero sabendo como desfrutaba cando Induráin vestía o maillot amarelo, sobre todo se ocorría nun país estranxeiro, e vendo con que interese mandara reparar a bicicleta e mercara un culote para o seu cu voluminoso, cumpriu a manda do home e trouxo para a casa un xersei amarelo forte, tentando a laranxa, que resaltaría no medio do campo da festa, como el mesmo lle espetou, para ser estreado na feira do catorce.

            Na véspera da estrea, tomando o home unhas chiquitas cos amigos, entrou un rapaz novo, moi ben parecido, alto e gallardo, na tasca en que estaban discutindo sobre fútbol. Sen intentar minguar un nada os berros, que para eles eran o normal, riron todos a escachar do xersei amarelo “fluorescente”, case laranxa, que vestía o que cualificaron primeiro como “medio maricón” e despois como “maricón e medio”.

            A María Delia chamoulle a atención que o home non vestira o xersei o día da feira, nin ao domingo seguinte, nin ao outro, a pesar de que ela llo colocaba ben estirado enriba da cama, xunto co resto da muda. Chamoulle a atención, pero non preguntou. As saídas en bicicleta programadas para todas as fins de semana cos amigos non duraron máis que o primeiro intento.2015 Orbea kSw415_aa Do culote noviño do trinque deu conta o chineiro do faiado, onde descansaba o acordeón aquel que ía facer do home unha orquestra. A muller estaba máis que acostumada as arroutadas de Baltasar. Cando un castrón como o dela deixa que a forza toda se lle vaia pola boca, está claro que non naceu para gañador, senón para adúa, unha sorte de rabaño comunal.

            Mentras pensa que tan difícil sería que a Induráin se lle antollase un xersei amarelo, amasa xunto coa bola de pan a convicción de que só a coraxe é quen de pasar das ideas ás accións, sen querer pensar, vaites que non, que deitaba cun home sen carácter.

2 comentarios en “Apoucado

  1. Bo día, Magdalena, hai unha canción “la envidia de le virtud hizo a Caín criminal, gloria a Caín que hoy el vicio es lo que se envidia más…” que a miña memoria trae hoxe a este espacio. Querer acadar as cousas sen traballalas primeiro, sen esforzo algún. Ti eres todo o contrario, esfórzaste cada día aínda por as cousas pequenas. Agradecida. Bicos

  2. Hoy, apreciada Marina, tal como preví y me temía, la mañana se me escapó de las manos, y el resto que queda del día, va a ser ídem de ídem. Al levantarme lancé una rápida mirada al móvil para ver quien amanecía por Barbantia. Leí tu entrada y admiré tu hábil e ingeniosa elocuencia; salí corriendo para ver garrapatear recetas al médico que hoy me tocaba ( no sé que le ocurría al señor internet ), y dentro de un rato salgo para rehabilitación pero no sin antes ponerte estas deslavazadas letras – le robo la palabra “deslavazada” a mi querida Mari Carmen – pues, querida Marina, eres digna de mención.
    Dicen que no se puede juzgar al ser humano por sus cualidades, sino por el uso que hace de ellas. El talento es una larga paciencia, el del maillot amarillo sin estrenar era de nulas cualidades y de escasa paciencia para el aprendizaje.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *