Unha muller na lúa

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Agardemos que o de mandar unha muller á Lúa non sexa un acto máis para encher o escaparate, coma se a mandasen a pasear por unha pasarela lucindo garbo e figura. Temos dereito a desconfiar vindo de quen vén a proposta. E o primeiro receo éntranos cando todo o esforzo do anuncio é que vai ser unha muller e non que vai aportar á ciencia tal viaxe. Esa xa é a primeira discriminación por razón de sexo que lle vemos.

A segunda desconfianza témola cando sabemos que o diñeiro ofrecido para a aventura, algo así como catro veces o presuposto anual dunha cidade como A Coruña, tampouco é suficiente, a dicir dos entendidos, que falan de varios miles de millóns máis para que o proxecto se poida asegurar en tempo e forma; e o outro reparo vén de que para xuntar a pasta van limitar as becas dos estudantes (en masculino e feminino), precisamente de quen menos posibilidades económicas ten para acceder ás elitistas universidades do primeiro país do mundo. E todo para financiar unha aluaxe que coincide co ano electoral e coa patrioteira (que non patriota) idea de levantar ese orgulloso espírito máis propio da Guerra Fría; algo que ata o administrador da axencia espacial americana saúda como un ben para ilusionar ás rapazas do imperio, demostrando que ese administrador debe pensar que a NASA é algo así como unha axencia de manequíns. E para máis sae a noticia en plena guerra comercial, con efectos globais, disposta a encarecer desde a roupa deportiva ata os aparellos electrónicos máis elementais (de deseño americano e fabricación asiática), incluída a entrada en funcionamento da telefonía 5G que si é unha mellora social, aínda que non tan de primeira páxina como unha estilizada moza lucindo escafandro espacial; mentres a opinión pública americana (un 65%) se pregunta se non sería mellor que a NASA empregase todo ese esforzo en loitar contra o cambio climático, amparados en certa lóxica que para o señor Trump é tabú, a de amañar o tellado da casa antes de gastar os cartos en paseos exóticos.

omgslf_bsoncartyE a todo isto aínda non saben que tipo de propulsor van usar, como vai ser o módulo lunar, como farán para o retorno á nave e tantas outras cousas que, ou ben quedan nas mans da improvisación ou en repetir o que xa se fixo hai agora cincuenta anos. En resumidas, que polo que a letra pequena non di semella que queren ir á Lúa para sacar un selfie.

Si saben que en oposición ó Apolo, misión que tomara o nome do deus solar para manternos fronte á televisión ata as catro da mañá, esta chamarase coma a súa irmá xemelga, Artemisa, unha deusa macholo protectora dos cazadores e enfeitada ó estilo grego con arco e frechas, porque daquela non había fusís nin escopetas; pero tamén unha verdadeira bruxa (precursora dos aquelarres) que, cando a cabreaban, estendía as pestes entre o gando disparando frechas de odio. Non sería mellor Atenea?

É o malo de presentar estas viaxes como escenarios de alfombra vermella e non como un campo de experimentos multidisciplinar grazas ó que hoxe temos unha serie de produtos que van desde os cueiros ata a electrónica dixital. E sen embargo, este gobernante afanado en poñer ós seus de primeiros, tal vez non saiba que antes de que un americano pisase a Lúa xa houbo unha muller rusa que fixo unha viaxe espacial, e tras ela moitas máis (incluída unha hispana), sen quen ninguén as considerase un adorno disfrazado de igualdade.

Un comentario en “Unha muller na lúa

  1. Querido Francisco, creo que esta vez no estoy muy de acuerdo contigo, a mí me parece una idea excelente el que una mujer pise la luna, pues no creo que esa encomienda la realice una fémina unicamente por ser una cara bonita. No he leído ese artículo, pero considero que para tal menester tendrá que estar igualmente preparada que si fuera del sexo contrario.

    Es cierto que de Trump puede esperarse cualquier cosa pero me imagino que La Administración Nacional de la Aeronáutica Americana, en este caso estará por encima de ese señor de expresión encolerizada y sabrá lo que se lleva entre manos. Zapatero a tus zapatos.

    En lo que estoy conforme contigo es en lo de la lucha sobre el cambio climático. Eso requiere prioridad ante todo.

    Ahora me viene a la memoria una anécdota escuchada in situ por mi menda:
    En el bar que estaba al lado de mi casa estaban hablando de la retransmisión que en aquellos días había hecho Jesús Hermida de la llegada a la luna, y un señor le preguntó a otro :
    – Pepe, e ti daslle creto a iso de que van á lúa?
    – E logo ti pensas que eu son parvo ? ¡ non ves que aquel día que saíu o foguete non había lúa !.

    Bicos desde a nosa Palmeira.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *