O criterio dos tres “ierros”

Morus-albaX. Ricardo Losada. Comezo o día lendo o meu caderno de notas deste ano. A primeira entrada é unha frase do cacique mexicano Gonzalo N. Santos: “La moral es un árbol que da moras”. Recordo tela lido nun libro de Juan Villoro e, como me parecera xenial, anotala inmediatamente. Non coñecía a Santos pero tiven claro que era un deses tipos cínicos e descridos, que din aborrecer a hipocrisía e se gaban de ser sinceros, que admiran a Maquiavelo porque só coñecen, descontextualizada, a famosa frase A fin xustifica os medios, que interpretan como unha carta branca para facer todo tipo de abusos que favorezan os seus intereses. Confirmeino despois en Wikipedia. Só darei un dato. Aos seus inimigos Santos aplicáballes o criterio do que el chamaba os seus ierros: encierro, destierro y entierro.

Como eses tres conceptos son extremos, recordei que Aristóteles definía a virtude moral como unha disposición voluntaria adquirida e dirixida pola razón, e que consiste no termo medio entre dous vicios estremos, sempre en busca do ben común. Non hai que ser covarde nin temerario, hai que ser valente. Parecía claro que Gonzalo N. Santos non defendía precisamente o pragmatismo ético aristotélico. Para el a virtude moral sería, máis ben, unha disposición innata dirixida polo interese propio, non cara o ben común, senón á satisfacción extrema dos seus vicios. De feito gabábase de ter tres únicos principios, sacados, non da facultade de Filosofía, senón da universidade da vida: Desconfía de todos. Maquiavelo-y-el-PrincipeA crueldade é un prexuízo. As cousas son de quen as toma. Así, nunhas eleccións presidenciais dirixiu un exército de 300 pistoleiros que nos colexios electorais dispararon contra militantes da oposición para evitar que votasen. Como vedes, o criterio dos tres ierros era unha concesión estilística. Cun deles, o entierro, sería máis que suficiente.

La moral es un árbol que da moras significa, xa que logo, que esa árbore é a única moral que existe. A outra, esa da que fala Aristóteles, é unha entelequia que, consecuentemente, dá froitos imaxinarios que só comen os ilusos. É un pensamento tan actual, que fiquei pensando se a Moral que eu ensinaba no instituto daba algún tipo de froito. En principio pensei, por suposto, que si, pero en canto recordei a proliferación nos últimos anos en Europa, a gran creadora da Moral Universal, de grandes admiradores do criterio dos tres ierros, comecei a preguntarme se non estaría a facer algo mal, concretamente non facerlle caso a esta frase de Popper: “En nome da tolerancia, teriamos que reivindicar o dereito a non tolerar os intolerantes”. Iso si. Por respecto ás miñas lecturas de Aristóteles, renunciaría tanto ao encerro como ao enterro, e quedaríame co termo medio do desterro.

3 comentarios en “O criterio dos tres “ierros”

  1. Moitas grazas, benquerido profesor polas verbas tan agarimosas que me dedicas chamándome valente, ( eu diría máis ben temeraria ) pero paga a pena ser así de arriscada a cambio de recibir respostas coma as túas, pois ser a supermuller de unha cafetería tan importante, e aínda enriba, que a atopen máis moza ca antes, eso é unha delicia.
    (Copio da novela de Fidel) “eu, en correspondencia, correspóndoche” con moitos e agradecidos saúdos.
    Parabéns, e un volcán de boa sorte.

  2. Prezada Magdalena:

    Si, a frase ten algo de Gómez de la Serna. Pero no verdadeiro autor ten máis dinamita.

    Emocioneime durante a presentación, con iso xa o digo todo. Estar tan ben acompañado é unha marabilla. Oxalá acertes. Encantaríame que todos os asistentes
    e todos os lectores e lectoras se sintan recompensados tras a lectura do texto. Agradezo moi especialmente a túa asistencia ao acto. Ir desde Palmeira, a esas horas… Xa sabes o que penso. É nos pequenos detalles onde se ven as grandes persoas.

    É certo que hai moitas definicións e moitas formas de ver a moral (uso o termo no sentido coloquial). Para min sería moi importante decatarnos de que, como dicían os gregos, se o todo, a sociedade, non é feliz, tampouco o pode ser a parte, o individuo. A moitos parécelles inxenuo, pero a historia demostra que están equivocados.

    NIetzsche era un neno arrogante e provocador na expresión, pero no trato diario era
    un bendito. Se non se interpreta literalmente, non supón ningún perigo. COma ti mesma comprobas escribindo aquí. Non es oficialmente escritora nin filósofa nin intelectual, pero construíches a túa casa neste volcán de blog porque es valente e ousada, porque non te acovardaches, e agora es a supermuller desta cafetería. E, creo eu, máis forte e máis moza ca antes. Iso si que merece uns sinceros parabéns.

    Apertas rianxeiras

  3. Más que de Gonzalo N. Santos, la fracesita parece de Gómez de la Serna.

    Bueno, ante todo, felicitarte. No quise extenderme en el momento de la firma porque no me pareció correcto entretener al autor cuando hay mucha gente esperando en la cola.
    Muchísimas felicidades, me ha encantado la presentación. Espero y deseo que las ventas sean un boom; no me cabe la menor duda de que el lector se quedará muy satisfecho. Te lo haré saber.

    Sobre la moral hay pensadores de todo calibre. Hay quien piensa que moral es lo que nos permite ser fieles a nosotros mismos.
    Luther King decía que ” La sumisión y la tolerancia no es el camino moral, pero sí con frecuencia el más cómodo”. La verdad es que esto lo lleva a cabo mucha gente.
    Amiel decía: ” Hay una moral femenina y una moral masculina como capítulos preparatorios de una moral humana”. Bonita frase, me gusta.
    Y esta otra que es de Samuel Beckett que también valdría para Gómez de la Serna:
    “Los moralistas son personas que se rascan allí donde a otros les pica.

    Querido profesor, hoy creo que me he acercado demasiado al volcán. Hacer caso a Nietzsche, es correr demasiado riesgo. Pero como decías el viernes, hay que tratar de hacer lo que no se sabe, y aquí estoy ejecutándolo.

    Besiños palmeiráns para todos.
    Un placer, queridoJ.R.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *