Unha habitación propia

51sU2FpNDiL._SX326_BO1,204,203,200_César Alen. Este libro de Virginia Woolf está considerado un dos primeiros textos feministas, xunto ao imprescindible Segundo sexo de Simone de Beauvoir. A literatura é un espazo perfecto de representación teórica. Nos libros reflíctense as condicións da sociedade, as súas distintas perspectivas vitais, os rexistros políticos e as tendencias ideolóxicas. Foi precisamente un grupo de profesoras, escritoras, editoras as que, tras analizaren a literatura da época, detectaron o papel marxinal da muller, a súa escasa presenza. Tras esa detección dunha evidencia, ben escondida nunha literatura eminentemente dominada polos homes, empezan a xurdir mulleres que se dedican a analizar este fenómeno. O enfoque non parte dunha soa disciplina, posto que a literatura é poliédrica como a propia sociedade. Así, converxen a filosofía, a psicoloxía, a política e por suposto a teoría literaria, na que en certo modo, se congregan as demais. A frustración das estudosas dos feitos literarios queda patente. Agora necesitan un enfoque epistemolóxico, unha visión interdisciplinaria. As condicións están ditadas pola política, todo derívase da política, por iso, en primeira instancia a crítica feminista adopta unha visión política.

Nunha Habitación propia, Woolf expón o problema que supón para unha muller de finais do século XIX e principios do XX, non dispoñer dunhas condicións materiais adecuadas para dedicarse á escrita. Esas necesidades pasan por unha habitación propia, “coa súa chave”, é dicir, privacidade e soidade para concentrarse, un espazo persoal. Ademais dunha asignación que a escritora inglesa estimaba en 500 libras da época. Se non había máis escritoras era porque as circunstancias llelo impedían. Por suposto, é necesario un exercicio de contextualización. Naquela época a maioría das mulleres tiñan un campo de actividades moi restrinxido. O home dominaba todas as áreas de creatividade, políticas e culturais. Tiñan un nivel de exposición absolutamente invasivo. Todos os postos de relevancia estaban copados polos homes. Simon de Beauvoir xa o definía na súa obra fundacional O segundo sexo, cando di: “o home é o un, e a muller o outro”. Unha rememoranza mordaz da visión bíblica de que a muller se creou a partir do home. Con ese postulado a situación da muller quedaba fatalmente relegada a un segundo plano, a simplemente ser o “outro”. un-cuarto-propio-virginia-woolf-ed-cuenco-de-plata-D_NQ_NP_8156-MLA20001272366_112013-FA visión da realidade estaba sesgada, terxiversada. Velaí a transcendencia do traballo de escritoras como Woolf, ao faceren visible o “outro”, a muller. No seu libro crea un personaxe ficticio que representa a irmá de William Shakespeare. A través de Judit Shakespeare tenta mostrar a situación dunha muller daquela época, que nacendo na mesma familia non se lle ofrecen as mesmas oportunidades que ao seu irmán. O pai asígnalle un esposo en contra da súa vontade, ela rexéitao. Recibe malleiras e humillacións. Non ten acceso aos estudos, nin a unha vida cultural. Non se lle permite satisfacer as súas inquedanzas intelectuais. Ante a súa insistencia péchana na casa, Judit acaba suicidándose. Virginia Woolf móstranos unha situación límite, o paradigma da muller en relación á historia.

Para a profesora e feminista norueguesa Toril Moi a crítica feminista non pode ser só unha análise da literatura, senón que ten que atreverse coa política, xa que dela emana todo. Elaine Showalter vai máis aló co seu concepto de “ginocrítica”. Trátase de crear un territorio de referencia para a muller, deixando atrás os modelos masculinos, nos que simplemente se axustaba o pensamento feminista. Había que construír un marco cultural exclusivamente feminino. Esa é a cuestión, non se trata de ocupar os espazos masculinos, nin de adoptar poses que imiten o seu comportamento. Mais ben o contrario, a muller ten que habilitar un espacio propio, referencial, onde poidan desenvolver a plena identidade, o que hoxe se coñece como unha visión de xénero.

3 comentarios en “Unha habitación propia

  1. Sí, desde luego. Cuando escribieron el Génesis,no se dieron cuenta que un buen escultor antes hace el boceto. De haberlo pensado, seguro que el que saldría de la “costilla” sería el hombre.
    Disculpa la broma, Cesar.
    Cariñosos saludos desde Palmeira.

  2. Excelente texto, Cesar.
    Hace unos días leí, que desde el siglo XVI al XIX , en el Reino Unido, un aparato originario de Escocia llamado “la brida del regaño” era utilizado en las mujeres cuando hablaban mucho o incurrían en chismes. Era una especie de jaula de metal que impedía hablar, mediante un elemento que presionaba hacia abajo la parte superior de la lengua, de forma que si se movía, provocaba un dolor tan grande que impedía siquiera abrir la boca. Comúnmente, en mayor medida era usado por los maridos sobre sus esposas, pero el dispositivo en mayor medida fue aplicado sobre mujeres que agitaban la sociedad dominada por los hombres de la época.
    ¡¡ Qué hazaña !! ¿ verdad ?
    Saludos cordiales desde Palmeira, César.

    1. Qué barbaridad! Desde luego los hombres utilizaron todo tipo de tácticas para que la mujer no destacara, para que no se expresara. Que daño hizo la bilblia con la terrible y macabra historia de que la mujer se creo a partir del hombre, como si fuera un apéndice. Con esos precedentes todo lo demás…viene por añadidura.
      Gracias y un saludo.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *