Móbil

Perder-el-miedo-a-perder-el-movilMarina Losada Vicente. Acostumaba a perder o móbil, ela dicía non sei onde o pousei. Se era na casa, a filla chamaba desde o seu teléfono e decontado soaba en calquera sitio. A maiores de reprendela, aproveitaba para borrarlle as mensaxes que non abría e baldeirar o caixa de voz. Pero aquel día era diferente. Non tería que esquecer o móbil en sitio ningún! Mellor perdelo para sempre, mesmo na bolsa do lixo e que o comese a trituradora do camión de recollida! Que vergoña! A quen se lle conte, á miña idade, que me pasen estas cousas!

Pediulle a unha amiga o teléfono para percorrer toda a casa, todo o camiño, toda a alameda onde sentara. Chamouse no cuarto de baño, na cociña, na porta de entrada. Na tenda. No autobús de regreso á súa parada. Que humillación se quen atopa o móbil é unha persoa coñecida… e se llo levan á policía! Deu un sobresalto. O día antes fóra a unha obra de teatro e a súa amiga puxérallo en modo “avión”. Non ía soar aínda que o tivera ben preto!

Cando se deitou con todo o susto no corpo e puxo o despertador, reparou nunha folla dobrada. No papel, o resumo do taller de sexoloxía, co que explicara a dinamizadora social sobre os orgasmos e que era bo coñecerse a si mesma, ver como son as nosas intimidades, dixera. Así é que o seu teléfono ten de fondo de pantalla, a min que me dis como fixen, mellor sería ir a unha clase de manexo das novas tecnoloxías, unha foto a toda cor, aberta e escarranchada, na busca do seu clítoris.

3 comentarios en “Móbil

  1. Bo día: As novas tecnoloxía dan moitos rompedeiros de cabeza as persoas que pasamos dos cincuenta. Onte mesmo contestei aos comentarios aquí recibidos e hoxe vexo que non están. Teño moita máis facilidade de operar desde o ordenador de mesa, co seu teclado e co seu rato, que desde un teléfono móbil. Non é difícil que pasen cousas como as que conto. Nada difícil. Volvendo a onte, senteime de copiloto no coche dunha amiga, co teléfono no peto do abrigo, e quedou alí, Toda unha aventura recuperalo, pois quedara debaixo do asento e non se dou de conta e eu non tiña o número de teléfono dela para chamala. Bicos, Oscar e Magdalena.

  2. Cuando empecé a leer y vi que el texto iba de móviles pensé: – tema fácil de contestar- . Pues podría, y puedo decirte que después de desearles los buenos días a mis amigos el móvil se queda reposando en la habitación hasta la noche y así no me hace perder el escaso tiempo del que dispongo. Pero cuando llegué al imprevisible final… ¡ Jesús, María y José !. Al que lo halla encontrado, el lóbulo del cerebro encargado de la visión -creo que llamado occipital- se le quedaría recreado y entregado a melancólicas ensoñaciones. ¡ Ay que risa ! Verdaderamente, mejor sería que lo comiese la trituradora del camión.
    Biquiños palmeiráns, querida Marina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *