O volcán da identidade

9788491514169Antón Riveiro Coello. A casa xunto ao volcán, segunda novela do escritor rianxeiro X. Ricardo Losada, acadou o II Premio Viadutos de novela e vén de ser publicada por Galaxia, unha sorte para os que gustamos dunha literatura pasada polo filtro da orixinalidade, cun estilo único e inimitable que ole a novo e diferente. Unha frescura que se suma ao relato psicolóxico dos personaxes, que nunca é plano, nin compracente, nin politicamente correcto, como xa demostrou na súa novela Bótame deste mar fóra, fuxindo de calquera estereotipo. Por riba, volve a este texto esa tensa fusión entre a literatura e a filosofía. Ao mesmo tempo que nos conta unha historia a través dos personaxes, X. Ricardo analiza, racionaliza, conceptúa…, e fai que as fronteiras entre as dúas disciplinas se esvaezan, facendo que os conceptos funcionen coma metáforas. Nesta novela, o autor lévanos con mestría ao mundo dunha rapaza que, en Rianxo, pasará por tres mudas do espírito a partir do pensamento de Nietzsche, sempre na procura do ideal da supermuller, sendo unha submisa camela, unha rebelde leoa e unha conciliadora nena. Novela de aprendizaxe, coa que se configura a identidade de Xeila, e nunca deixa de nos interpelar como adolescentes, nais, profesores ou seres humanos. Novela intelixente e incisiva, de obrigada lectura.

4 comentarios en “O volcán da identidade

  1. Buenos días, apreciado Antòn; tus entradas siempre son esperadas, pero la de hoy me satisfizo plenamente, porque conozco perfectamente el contenido de lo que hoy recomiendas.
    Hace unas cuantas semanas que he leído “A casa junto al volcán ” . Por todos es sabido que por José Ricardo siento un “feeling ” especial, pero eso nunca me impediría ser justa y ecuánime con la crítica de un libro. La novela es sorprendente porque así la hace ser la protagonista; esa muchacha llamada Xeila, con su camaleónico comportamiento a lo largo de la historia en la que el autor nos sumerge.
    Xeila, no es la única figura que mantiene al lector ensimismado con esa triple personalidad de “camela” , “leona” e “nena “, hay una misteriosa persona llamada “Fedei”
    que impacta y que te hace desear encontrar un nuevo capítulo donde él, maneja la historia con la destreza de un “croupier”.
    ¡ Un trabajo exquisito ! Muy recomendable.
    Saludos palmeiráns desde el móvil. Espero que no pase lo de Marina

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *