A manda da nai

kisspng-clock-face-digital-clock-time-alarm-clocks-file-reloj-7-55-svg-wikimedia-commons-5b8a392c6749d3.7678540515357852604231Marina Losada Vicente. O primeiro que facía a siña Milucha, aínda sen abrir o día, era franquear a porta da casa, a do pórtico, a fin de que na veciñanza desen conta de que xa se erguera da cama. Como o costume fai lei, e sentíndose vella, aprendeu a filla en tal mester. As leiteiras verían que aquela era xente de goberno e as labradoras anunciarían, chegando á praza, que na casa das Gorrións xa se estaba a pé.

A vida foi pasando e os costumes tamén. Non quedan leiteiras e non pasan labradoras que vendan ovos e verduras nas primeiras horas do día. Quedan, porque o corpo non aguanta na cama, as seareiras de misa de nove, que como quen ten medo perder asento, andan á rúa pouco despois das oito.

A súa nai morreu, pero as instrucións recibidas petan na cabeza, ao igual que o vello despertador na mesa de noite. Que pensará a xente se abre a porta despois das nove, como a poñerán, que tal dirán dela! E si mi madre levanta a cabeza!

Tendo o día tantas horas como ten para unha muller que vive soa, sen máis que atenderse a si mesma, a filla de Milucha determinou pór o despertador para as oito menos cinco. Abrir o pórtico da casa e, como quen se levanta para ouriñar, volver rápida para a cama.

6 comentarios en “A manda da nai

  1. Bo día, Naty: Pena ou gloria. Gloria ou pena. O caso é saír dela. Coa cabeza alta. Veño para traballar cun poema na cabeza. Onte tiven que escoitar a unha desas persoas que se adican a pór paus na roda. Sen máis motivo que ser dunha cor política contraria á que goberna. Sen máis. Cun par de ovarios, dado que é unha muller. E non pola tele, que tamén. Por teléfono, unha veciña. Pena de quen pensa que a gloria consiste en vencer buscando guerra. Bicos.

  2. Marina: Lo de abrir la puerta por la mañana, para las abuelas, era sagrado. Y siempre a la misma hora. Era como una especie de ritual. Tenía que ser siempre a su hora si no, ¡qué pensarían las vecinas! Y no digamos el horario de misa por las mañanas. Este también era sagrado, ya que solían estar una hora antes en la puerta.- Y que, entre la gente mayor, ese horario todavía está vigente. Tiñan medo, como ven dís, a perder o asento.
    Tenía otra entrada respeto a tu Brían, pero entre pitos y flautas (hoy caceroladas), se me fue el santo al cielo.
    Y termino con mi deseo de que todo lo que estamos pasando, con este encierro, termine pronto porque habrá gente que lo estará pasando peor. Para mi transcurre con “pena y sin gloria”, escrito a mi estilo, ya que lo normal, seria “sin pena ni gloria” pero que, en momentos así, no encaja escribirlo al pie de la letra.

    Un abrazo.

  3. Bo día: Eu manteño o costume de madrugar. Para compensar, déitome cando as galiñas. No de contra refráns, Carmen, temos o de “non por moito madrugar amence máis cedo”. Cada cousa ten o seu lado positivo e o seu lado negativo. Neso andaba matinando cando vin para traballar e me atopei con tanto can paseando aos seus donos e donas. Bicos.

  4. Querida Marina:
    Nada más comenzar a leer tu entrada asomó a mi semblante mustio una sonrisa que se fue haciendo cada vez más amplia: a pesar de que a nadie en esta ciudad pueda importarle si madrugo o no, subir las persianas es la primera función que realizo al despertar -aunque luego vuelva a la cama-, a pesar de que la casa es diáfana sin necesidad de la luz de esas ventanas. Reminiscencias del pasado, lo veo clarísimo…
    Ya Magdalena se me ha adelantado con la contrapartida a “quien madruga Dios le ayuda”. Hubo un tiempo en el que mi entretenimiento -a raíz de un programa que presentaba en la tele el dramaturgo Joaquín Calvo Sotelo acerca del refranero- era encontrar contrarrefranes. Pero como mi memoria es frágil y no tengo la costumbre de tomar apuntes, recuerdo muy pocos.
    Que estéis disfrutando de bellos sueños.

  5. Bos tarde. As costumes muda. Ma miña casa, a dia de hoxe, botamos de falta unha lotería e un parchis, fartos de pantallas de todo tamaño. Propuxen xogar a “pai, fillo e nai” e miráronme con sorpresa. Entendo que ti sabes de que falo, Magdalena. Bicos

  6. ¡ Qué recordos, Marina ! Miña avoa facía coma a Milucha, era persoa de moita actividade e a cama semellaba que a trincaba, o malo era que arrastraba con ela aos demáis. E os demáis, era eu, en singular. Miña nai dende as sete da mañá que estaba na “conserva” e antes das oito, a voz da miña avoa xa resonaba no rueiro mencionando o nome da que lle lavou os pes a Xesús cas bágoas. Eu tiña que estar ás dez na costura, e antes había que deixar a casa arranxada, facer a cama, barrer e limpar o po. Ese era o meu deber cotiá, pero agora, queriña Marina, co xúbilo da xubilación, o tempo agasállame polo menos, cunha horiña máis na cama, porque o que madruga… atopa todo pechado.
    Moitos biquiños, e saude, moita saude.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>