V. W.

ZJLQZT90WRMauricia Ces Quintáns. Sempre é outono, pensou. Si, tres meses de intenso outono. Desbordante, febril, sen compaixón; sen concesións. Leu por segunda vez ata a páxina 29 da novela de Virginia Woolf “La señora Dalloway” e decidiu que ía imitala. Claro que sempre podería volverse atrás; non facelo. Iso sería o máis probable. Probable era moito arriscarse. O acertado, sen lugar a dúbida, sería non enganarse a si mesma; sabía perfectamente, como todo o mundo era consciente, que nunca faría tal.

                Por que non dicilo claramente: persistir na nebulosa idea da posibilidade remota de que ela podería algún día tomar a improbable decisión descerebrada de que ela, precisamente, ela, ela soa, sería quen de comezar a escribir como Virginia Woolf, nada menos, unha novela… Nada menos unha novela. Nada menos V.W. Tería graza, se resultase gracioso. Se a defunta levantase a cabeza, volvería deitarse e pecharía ben a porta.

Pero era un comezo, animouse por un momento; só por un breve instante. En seguida recordou os múltiples impedimentos que a farían abortar, como ben sabía, nesa mesma mañá. Complicacións que farían imposible que levara a efecto tal decisión. Decisión, posto que non tiña consciencia de que escribir unha novela fose un desexo propio. Un desexo verdadeiramente aprehensivo para si, tanxible, agás remotamente. Como o de ser autónoma internacional ou empresaria de éxito. Profesións para as cales non se cría, con toda razón, capacitada. Nin sequera actriz ou bailarina; actividades para as que se concedía certa destreza optimista, e nas que, podería incluso despuntar, se se tivese tomado en serio e interesado. Ou que lle tocase o gordo da lotería sen xogalo. Pero sempre era outono.

 Sobre todo, sempre era outono, chovía con intensidade, e o día era gris. E a borrasca Elsa viría seguida pola de Fabián, e era imposible subtraerse a esa sensación de outono e a falta de luz era en si mesma o primeiro impedimento. Ademais, sendo sincera como era obrigado para que a súa novela, unha novela tivese éxito e fose crible, para chegar ao público, aos lectores, á xente, sabíao de sempre, non tiña nada que contar. Non dispuña de materia nin fío de onde tirar para que resultase unha historia estruturada e coherente: non tiña tema.

F7IQTYEPA4Lucía, en realidade, non tomaba decisións. As decisións viñan a ela. Asaltábana, mentres esperaba tomar unha decisión; igual que unha hora é asaltada pola seguinte no inesperado, preciso momento, en que sucede o último segundo da hora anterior.

Outro atranco era o tempo. Tendo en conta a súa idade, pensaba, e co que se tarda en escribir unha novela, interrompido necesariamente por necesidades biolóxicas, fisiolóxicas, sociais, laborais, familiares, de todo tipo e calidade (nalgún momento tería fame, debería cociñar, facer recados, retellar; ir a o baño; muxir), non compensaría esa dedicación, nin no improbable caso de que fose recibir o Nobel. Posiblemente nunca chegaría ao final. Esta última posibilidade, pola contra, alegrouna e animouna. Non tería que pensar o final.

E como todo chega, se espere ou non, ese momento, esa hora, crucial, fatídica, onde converxen decisión e indecisión no punto álxido da parábola, chegou sen demora. Son as 14:00 horas. Lucía nota o estrangulado miar dun gato entre as costas. Non ten nada para comer. A decisión torna agora inevitable, clara, perentoria.

Outra cousa: é outono; e as uvas están verdes, dixo o lobo. Lucía, aínda que tiña fame, abre unha lata de cervexa, prende un pito e mira chover pola ventá. No mar, as ovellas brincan con violencia os valados. Despois baleiraría a auga do deshumidificador e colocaría nas ventás as luces de Nadal. Pero antes, antes iría comer á de súa nai. Non por comer; xa non tiña fame. Por saír, por velos, por que a visen (desde que non era de todo necesaria sentíase orfa; antollábase prescindible). Por cambiar de hora.

Por último, virando a decisión, optou por retomar a lectura. A ver que tiña que dicir V.W., que xa tiña o choio feito, e avanzar unhas páxinas. Custaríalle máis cadrar a forma. Por iso, adoptando un concepto propio da ductilidade, decidiu crer na resurrección (aínda que fose en vexetal ou chícharo), con vistas a un futuro con tantas posibilidades.

3 comentarios en “V. W.

  1. Apertas, Magdalena. Sen muñegotes (emoticonos que chiscabanche os ollos, un pouco á virulé) e non deron pasado en toda a noite o portal da técnica ou da censura, non sei. Bicos

  2. Ola Magdalena: agardemos que Lucía, aínda que palanquina, se o seu desexo é escribir, o consiga. E que se lle apareza a pantasma dunha leira de cenouras que boa falta lle farán…
    Se non é así, como ben dis, sentirase reconfortada e agradecida, mesmo, coa de Lobatón.
    Agora ben: todo o que ti dis e como o dis, é perfecto. (Tampouo habería que perder de vista, que podría superar a V. W.)

  3. Buenos días, querida Mauri:
    Hace un par de años vino a Ribeira Paco Lobatón a presentar su libro “Te buscaré mientras viva”. Asistí al acto y mientras estaba conferenciando sobre el tema dijo esta frase, “Las certezas más dolorosas duelen menos que la incertidumbre”. Se me quedó gravada.
    Ahora, al leer tu fantástica entrada, – aunque habláis de cosas muy diferentes- la frase de Paco podría aplicársele perfectamente a Lucía.
    El tiempo no es un atranco cuando una desea hacer algo que está en su mano, hay que animar a Lucía para que escriba si ese es su deseo, aunque nunca llegue a ser como Virginia Woolf que no deje de satisfacer su deseo.
    Hace un montón de años escribí un cuentecito de navidad, no me costó nada escribirlo, pero el final se me rebelaba, no encontraba el remate adecuado. Una noche, con un resfriado que no me dejaba dormir, de repente, visualicé una zanahoria en la nariz del muñeco de nieve del cuento de mi “Pequeño Nicolás” y de esa representación que la mente me prestó, esa hortaliza de color anaranjada, me regaló el final del cuentecito.
    Nunca hay que rendirse, Dile a Lucía que, hay tiempo para esas reuniones familiares, para las necesidades sociales y laborales y lo que se arrime. Lo primordial es su deseo de escribir si así lo desea. Virginia Woolf, cuando empezó a escribir no tenía idea de que las iniciales V.W tendrían tanta repercusión.
    Moitos biquiños dende unha casa do brañal de Palmeira.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *