O activismo de Emilia Pardo Bazán

descargaCésar Alen. Falamos dunha das pioneiras do feminismo como a famosa e mediática Simone de Beauvoir. Os traballos da escritora foron unha acicate, a punta de lanza da loita feminista. Ela como ninguén comprendeu o papel que debería xogar a muller, a sua natureza esencial, ou sobre todo a necesidade fundamental de adoptar unha posición política. Facerse visible, tentar colocarse no taboleiro, saír a escena é en si mesmo un acto político, como ben dicía a activista norueguesa Toril Moi.Podemos engadir a escritora Virginia Woolf, xa citada en artigos precedentes, no volume que recolle un ciclo de conferencias Unha habitación propia. Pero agora é de xustiza falar tamén dunha das nosas máis egrexias autoras como Emilia Pardo Bazán. A sua orixe nobiliaria non foi óbice para tentar comprender a sociedade no seu conxunto. É máis, desta volta, foi ela despois de descubrir ou naturalismo nas súas viaxes a París, onde tivo a oportunidade de coñecer a Víctor Hugo e a Zola, quen se decantou por aplicar as técnicas naturalistas como o traballo de campo, a observación directa, persoal, así como o tratamento de temas duros, a inmersión en ambientes degradados, onde o individuo vive segundo a “ leis naturais”. Non obstante, non fixo seus outros postulados naturalistas como o “ determinismo, a herdanza, e aspectos xenéticos”. Iso sería ir contra os máis elementais dogmas do catolicismo, e a nosa autora gardaba no seu espírito a pegada dunha educación tradicional.

Despois de empaparse dos naturalistas escribiu unha serie de artigos que cristalizaron baixo o título La cuestión palpitante, considerado o manifesto naturalista español. O propia Zola, nun dubidou en felicitala, a pesar de que dubidou de que tales artigos saíran da pluma dunha muller, o cal demostraba o pouco crédito que tiñan as mulleres. Pero foron os seus compatriotas os que se asañaron con ela, os que a acusaron de dexenerada. Hai que ter en conta que o Naturalismo trataba abertamente temas como a prostitución, o incesto, o suicidio, anatemas para o catolicismo. Non é de estrañar que a poboación se escandalizara, a sociedade española estaba rexida por unha recalcitrante ideoloxía nacional-católica.

Con esta influencia tan marcada escribiu Tribuna, Os pazos de Ulloa, A Nai Natureza, a que máis animadversión suscitou foi Insolación. Nesta novela falase das relacións de Asís Taoboada, marquesa de Andrade, unha viúva que tentaba reconducir a súa vida. Pero, á parte das bases argumentais para cimentar ou seu texto, o que se dirimía era a moralidade da protagonista. Os críticos viron inmediatamente un parelelismo coa experiencia da propia autora. O caso é que Pardo Bazán atreveuse abertamente a tocar temas tabú, a falar de relacións extramatrimoniais, de desexo con fortes dose de erotismo, máis que explícito, latente. Utilizando metáforas tan efectistas como a propia insolación, é dicir, o forte influxo do sol nun sentido físico, kinestésico, a suor, as roupas apertadas, a bebida, ou o simple acto volitivo de participar no exercicio de sedución.

Hai que lembrar, que a escritora galega estaba separada de mutuo acordo do seu marido o avogado Xosé Quiroga, con tres fillos. Daquela, dona Emilia levou unha vida moi activa, sen ningún tipo de prexuízos. Na trama, polo tanto subxace un fondo autobiográfico baseado na súa visita a Exposición Universal de Barcelona. Atopouse con Narciso Oller e Ixart, amigos da escritora. Parece ser que tamén estaba Galdós (con que tiña un aceso romance, aínda que ou mantiñan en segredo, un segredo a voces). Alí coñece a Lázaro Galdiano que cae baixo ou ímpeto e a personalidade da Pardo Bazán. Conta Oller, non sen certo resquemor, que cando a foron a buscar ao hotel, dona Emilia non estaba. Deduciron, desta maneira, que pasara a noite con Galdiano. Despois deste episodio, tivo lugar todo un remuíño de malos entendidos, de murmurios, suposicións e sospeitas. O máis ofendido foi Galdós, quen lle escribiu unha carta para mostrar o seu malestar, sentiuse traizoado. Ela, á sua vez, mandoulle unha nota pedíndolle perdón polo que cualifica “un erro momentáneo dos sentidos, froito das circunstancias imprevistas”. Segundo a estudosa Mariña Mayoral “Insolación reproduce no seu esquema argumental as circunstancias mencionadas”.

Emilia-y-BenitoPero máis aló de todo isto, o que expoñía a autora era o tratamento da sociedade a este tipo de acontecementos. Puxo en liza a psicoloxía da muller, o tratamento das emocións os desexos femininos. Por primeira vez na literatura española da época, unha muller achegaba o seu punto de vista, a visión de “ xénero”, non o que pensaban os homes do que debería ser unha relación amorosa, non o que nos tiñan acostumados os novelistas tradicionais e tradicionalistas, que falaban da muller, pero sen a muller, sen ter en conta os seus verdadeiros sentimentos e pulsións, sen ter coñecemento da natureza feminina, senón sempre dende un prisma exclusivamente masculino, coa superioridade moral que lle daba a cobertura cultural e social do momento. Iso foi o que verdadeiramente ofendeu os seus coetáneos, iso e a calidade intrínseca do seu material, que cada vez era mellor, e gozaba de máis recoñecemento. Falábase xa da posible admisión da escritora na Real Academia. Daquela, axiña se puxeron en garda os ata agora amigos como Pereda que a acusa de abandonarse á preguiza e á inmoralidade ao deixarse acompañar por un home en “Figones e merendeiros” e beber xerez e manzanilla, e se cadra emborracharse. Tamén Clarín, vítima da envexa que lle producía o éxito literaria da escritora, non dubidou en aproveitar a mecha da moral para escribir no Folleto literario: “antipático poema de una jamona atrasada de caricias”. Creo que esta cita resume moi ben o tratamento que se lle daba á muller.

9788420634104Agás todas estas loitas, Pardo Bazán seguiu exercendo a sua posición decididamente feminista, aínda que nunca foi aceptada na Real Academia, pediu con vehemencia a admisión da gran escritora e activista Concepción Arenal, o mesmo rexeitamento que sufriu Gertrudis Gómez de Avellaneda. Por suposto a súa admisión foi rexeitada ata en tres ocasións. Finalmente foi a primeira muller que obtivo a cátedra de literaturas neolatinas na Universidade Central de Madrid. Avogou unha e outra vez para que a muller tivese as mesmas oportunidades de educación co home, e que se rematase de unha vez por todas coa “doma” como ela mesma dicía, a que se a sometía.

En fin, a pesar de outros puntos máis grises da sua biografía, está claro que a escritora coruñesa foi unha das principais loitadoras polos dereitos das mulleres. Por iso reivindico a sua memoria e sobre todo, as súas obras, que independentemente do enfoque, son un pracer , un experiencia literaria gozosa, atrevida, unha sacudida a moral, unha mirada moderna, que adiantou ideoloxías que se plasmarían máis tarde. Esa é a cuestión, sempre hai alguén detrás do que nos creemos revolucionario, só hai que coñecer a historia.

2 comentarios en “O activismo de Emilia Pardo Bazán

  1. ¡ Recarafio, César ! É a segunda vez que che escribo. Fíxeno pola mañá, pois ahora este ordenador pídeme o enderezo ( cousa que o que tiña antes non precisaba ) e cando o enviei, foise ó garete. Por pouco dame un arrechucho, tanto traballo como me costa escribir en galego…
    Gustoume moito todo o que contas de dona Emilia, dela solamente teño Los pazos de Ulloa, por certo moi boa novela, pero xa se vía que era una muller con moita persoalidade.
    Podemos estar moi orgullosos de tantas mulleres da nosa Galicia como ela o foi, e por poñer algún que outro exemplo citarei tamén a aquela que decía”Abrid escuelas y se cerrarán cárceles” Concepción Arenal. E outras non tan coñecidas como Elisa Patiño, a primeira muller galega en pilotar un avión, pois eso era “cousa de homes” e ela tuvo agallas de facelo no 1913. E ahora vou ter agallas eu para citar tamén as duas hirmás Coralia e Maruxa, coñecidas coma “as duas en punto” de Santiago. Seguro que oístes falar delas. A sua historia ten o seu mérito e coraxe.
    Apertas dende dentro dunha casiña que está no brañal.

    1. Boas Magdalena, eu tamen tiven que poner o enderezo. Moi interesantes apreciacións coma sempre. Algo oín das hirmás. Pero gustaríame investigar un pouco máis. Os Pazos de Ullóa a miña preferida, recomendoche que leas Nai Naturaleza, é a continuación dos Pazos, moi interesante. Sí, dende logo que en Galicia temos grandes mulleres literatas, mulleres comprometidas e vangardistas.
      Como sempre un pracer leer os teus comentarios e o teu punto de vista.
      Pois agora hai que ter paciencia, repousar, reflexionar e leer moito, moito. É moi importante a fantasía nestes intres. Soñar, imaxinar, voar, eso é o que nos proporciona a lectura. Agora non queda outra que parar o ritmo, vivir o momento, e empezar a comprender o proceso da vida en toda a sua complexidade. Este tipo de situacións son parte do que significa ser humano e estar neste mundo. Apertas.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *