Pinocho (IV). Pobre de oficio

Q6Q3SIL3RZBNNN345YD3KCMFMEFidel Vidal. A pobreza está presente ao longo da historia de Pinocho. É “o libro da pobreza, fermoso, un milagre para min”, así o define Roberto Benigni. Esta vez o actor interpreta a Geppetto no Pinocho de Matteo Garrone, película destacada na Berlinale 2020. “Son o único actor no mundo que fixo Pinocho e Geppetto”(La Repubblica, 23/02/2020). A palabra “pobre” aparece a cada pouco, para cualificar ao pobre Pinocho como ao pobre Geppetto, ou a moitos dos personaxes, poñamos o pobre raposo, cos que imos tropezar, mesmo para describir a situación económica e social na que viven. Unha sociedade na que non había nin que comer nin que vestir.

 “Geppetto, que era pobre e non tiña nada, fíxolle un traxiño de papel raído, un par de zapatos de codia de árbore e un gorriño de miga de pan”. Noutro capítulo establécese este diálogo onde lle preguntan a Pinocho: “-Como se chama teu pai? -Geppetto. -Que oficio ten? -O de pobre. -Gaña moito? -O bastante para non ter nunca un céntimo no peto. Figúrese que para me comprar a cartilla da escola vendeu a única chaqueta que tiña; unha chaqueta tan chea de remendos que parecía un mapa”. Medo e mágoa. “Somos un pobre pai e un pobre fillo sen pan e sen fogar!”

A casa como refuxio ou como lugar de conflitos? O escapar da casa. Os nenos primeiro gatean, despois andan e máis adiante corren e brincan, unha ganancia que adestrar e para gozar. Xogar a correr, saltar e bailar. Se alguén pretende cansalo para que durma póndoo a proba a ver quen aguanta máis, sabemos que o vencedor é o neno. img_lgomez_20191125-172527_imagenes_lv_otras_fuentes_pinochoDe aí que non sexa raro -outro paradoxo-, que se antes era árbore, é dicir, con raíces fincadas na terra, sen poder dar un paso, despois madeira ao servizo dun carpinteiro, e máis adiante boneco con pernas, estas só teñen como misión a de lle dar uso, é dicir, andar e incluso fuxir.

Por que foxe un neno da súa casa? Non porque non sexa ben guiado de seu, senón talvez porque non a sinte súa; ou que resulte tan fría e inhóspita que non mereza a pena seguir nela; ou porque sexa atraído polo mundo de fóra, ateigado de posibles aventuras, se ben nesta ocasión Pinocho só vai atopar desventuras. A fame e o medo. O sentimento de desventura e soidade, de pobreza e vivencia de abandono, son suficientes motivos para que a moitos nenos a película de Pinocho, a uns dálles pena e a outros, coa farta de malvados que van asomando o fociño, o filme mételles medo. Pinocho, “o tronco do que foi esculpido”, en palabras de Benedetto Croce, “é a humanidade”. A pobre humanidade.

 

6 comentarios en “Pinocho (IV). Pobre de oficio

  1. Entre la explosión de mensajes recibidos se me olvidó mencionar las cadenas de índole religiosa y sortilegios para espantar al virus. Y también lo mejor (después del parte médico de familiares y amigos afectados, por supuesto): las actividades lúdicas que mi nieta se inventa para hacerles más llevadero el confinamiento a sus hijos. Estas no me canso de mirarlas.
    Y ahora me voy a tomar el sol a la terraza -en estos momentos de encierro es importante recibir un poco de vitamina D- mientras escucho música en tono suave tratando de seleccionar algo adecuado que acompañe los aplausos de las ocho de la noche: la parte de atrás de mi casa da a un parque flanqueado por cuatro edificios y resulta un momento emocionante el saludo de los vecinos. A Magdalena le envié algún testimonio grabado.
    Unha aperta dende lonxe.

  2. Querido Fidel:
    “Mentres hai vida hai esperanza”, solemos decir en momentos difíciles. “Mais mentres hai esperanza non hai vida. Unha vida auténtica, propia, sen esperar por ninguén que nos cure do mal da esperanza”, dices tú. En los instantes que estamos viviendo me aferro simple y llanamente a la primera expresión, aun considerando que la tuya es la real, la verdadera.
    Antes de comenzar el encierro tenía intención de graduarme la vista. No tuve tiempo de hacerlo y, como últimamente nos comunicamos por medio del wassap, propios y extraños te bombardean sin piedad (es sólo una expresión) preocupándose por tu estado anímico, dándote consejos relativos a las medidas a tomar para evitar el contagio, o simplemente con las ocurrencias dedicadas a los gobernantes de turno, no veo ni torta en las distancias cortas y casi toco el ordenador con la cabeza.
    Estoy de acuerdo con Jesús Alverdi en que lo que escribes es para meditar. Y de Magdalena sólo puedo decir que admiro su sabiduría.
    Sobre Geppetto y Pinocho: si salimos de ésta, más de uno no le iremos a la zaga en cuanto a pobreza.
    Boas noites.

    1. Moitas grazas a ambos os dous, Carmen e Jesús, polas vosas opinións sempre estimulantes para este confinado. Agardemos, en activo, que a cousa esta do Covid-19 pase axiña e poidamos respirar como é debido.
      Apertas, bicos e saúde.

  3. Tristeza y pobreza muchas veces creo que van juntas, y con el miedo. Un cuento muy triste, Fidel. Intento hacer memoria, y no recuerdo haber acabado de leer nunca este cuento, ni de verlo entero en película, me da mucha pena.
    Ni tengo intención de hacerlo, no pienso ver a Benigni-Gepeto.
    Seguiremos impacientes as ver qué nueva lecturas y meditaciones nos traes.

  4. “O tronco do que foi esculpido”.
    Nada máis acabar de ler o teu fermoso comentario, querido Fidel, venme a mente aquela preciosa poesía de Tagore na que nos conta, que o árbol é a táboa do noso berce, a madeira da nosa barca, a mesa e a porta da nosa casa, o mango da ferramenta, e o bastón da nosa vellez; a leña que nos quenta os fríos días de inverno, e por último, o cadaleito que nos envolve cando finamos. A madeira doulle de regalo un fillo a Geppeto, e ca codia desa mesma madeira pudo facerlle uns zapatiños. A madeira inspiróu a Carlo Collodi a escribir a novela das Aventuras de Pinocho, e Pinocho inspiróuche a ti, queridísimo Fide, a contarnos así de ben este relato co que nos fixeches máis entretida esta espera no encerro.
    Un encerro por causa de morcegos e ratas ? de ser así, ATAR A LA RATA, pErdULArIOs.
    Castos biquiños palmeiráns.

    1. A madeira, canto dá de si a madeira, atenta Magdalena. Fermosa cita de Tagore, que, sabendo da gran fermosura da súa escrita, sempre me deixou un certo pouso de desalento, talvez pola, para min, excesiva “fineza” na súa poesía. Sexa como for, un autor que sempre paga a pena.
      Saúde.
      A MADEIRA A RIE DAMA (a cousa queda como queda) sen bOgUEIrA

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>