No centenario da “Lei seca”

250px-Detroit_police_prohibitionFidel Vidal. Desde os lamentables “botellóns” das fins de semana, até quedar cos amigos para tomar “unha copa” (non “un prato”), está visto que o consumo de alcohol forma parte da nosa cultura. Se o alcohol non tivese tan desastrosos resultados, sería unha substancia marabillosa, ideal, xa que logo, a doses axeitadas, é quen de volver valente ao covarde e mesmo desinhibir o tímido para “entrarlle” á moza dos seus amores. Ou a tímida. Pero xamais debemos esquecer que o alcohol comparte as mesmas propiedades farmacolóxicas que calquera das drogas máis aditivas. Velaí os riscos.

Susan Cheever, filla de John Cheever (alcohólico e afamado escritor, autor de O nadador), en 2015 publicou Drinking in América: our secret history; nel descríbese o sucedido co alcohol nos Estados Unidos. Todo comeza co mito fundacional migratorio: cos peregrinos do Mayflower. A razón é sinxela: ao non contaren con auga potable e ademais podrecía durante a travesía, ían cargados de cervexa. Cheever comenta que tanto pasaxeiros como tripulantes estiveron toda a viaxe “danados”; e que, sen semellantes antecedentes, “a historia dos Estados Unidos que hoxe coñecemos sería ben diferente”.

No século XVIII, nos Estados Unidos de América bebíase a todas horas e en todas partes. Cando se fundou a Universidade de Harvard en 1636, “foi equipada coa súa propia cervexería”. Harvard era “unha incubadora de alcohólicos”, pola que pasaron varias xeracións de Adams. Ao día de hoxe “catro de cada cinco estudantes dos colleges beben en exceso e 2.000 morren cada ano por causas relacionadas co alcohol”. En 1708 o capitán británico Thomas Walduck comentaba que nos seus asentamentos, o primeiro que fan os españois é construír unha igrexa, os holandeses unha fortaleza, e os ingleses “no lugar máis remoto do mundo ou entre os indios máis bárbaros é levantar unha taberna”.

Non só houbo escritores americanos alcohólicos, que cargan coa sona, senón presidentes da nación que, por outra banda, dedicábanse ao negocio. Apuntamos entre varios modelos, o nome de Washington, primeiro presidente dos Estados Unidos que, en canto deixou o cargo, retirouse a Mount Vernon para ser un “dos principais produtores de whisky, viño e cervexa que elaboraba a partir dos seus cultivos de centeo, millo e viñas”. J05D6003Ou Thomas Jefferson, o terceiro presidente, que “posuía cervexería propia e estaba obsesionado polo bo viño”; comezou escribir a Declaración de Independencia na Indian Tavern, acompañándose dunha botella de Madeira.

En 1920 a Lei Volstead converteu o país nunha nación “seca”, nunha nación de auténtico “abstemios forzosos”. Feita a lei feita a trampa mediante excepcións ou formas “legais” de obter alcohol. Por exemplo, o whisky permitíase como medicina baixo prescrición médica. Por esa vía “despachábanse unhas 300.000 receitas por ano”: Tamén estaba permitido “elaborar viño de misa (co conseguinte incremento de vendas ilegais que non chegaban ás sancristías)”. A prohibición (1920-1933) trouxo o desastre. “Nunca foi respectada nas grandes cidades nin na mesma presidencia do país (Harding, presidente daquela, e bebedor habitual, seguiu bebendo na Casa Branca), pero fixo nacer a delincuencia organizada”. Unha derradeira parte ben coñecida de todos grazas ás películas de mafiosos.

8 comentarios en “No centenario da “Lei seca”

  1. El primer domicilio después de casarme lo tuve en Ferrol. Allí nació mi primera hija y, aunque no era pediatra, gracias al doctor Quintanilla salió adelante de una afección mal diagnosticada. En ausencia de mi marido, y visto que la niña empeoraba día a día, lo llamó mi suegro en calidad de amigo. Recuerdo que lo primero que hizo al llegar a la habitación y ver el arsenal de medicamentos que tenía sobre la mesilla de noche, fue obligarme a tirar con todo al cubo de la basura. Santo remedio…
    Mi estancia en Ferrol no fue muy larga, puesto que realicé diecisiete cambios de residencia a lo largo de mi vida. Pero durante el tiempo que traté a Jaime Quintanilla, me quedó de él un gratísimo recuerdo como médico y como persona. Me da mucha alegría que tú lo corrobores.
    Bonitos sueños y muchas gracias por tu ilustrativa respuesta.

  2. Fidel: Se me coló un abrazo más. No creo importe mucho porque en la distancia, no hay posibles contagios. Y por lo que veo, en este, hay una ligera diferencia del otro. Me gusta, es más cariñoso.

  3. Apreciado Fidel: A mí no me extraña que el alcohol tenga tantos adeptos porque ya viene de siglos atrás.- Todos recordamos uno de los relatos del Nuevo Testamento, como son las bodas de Caná. En esa ceremonia, la Virgen no le dijo a su hijo que faltaban los percebes, nécoras o bogavantes (por mencionar algunos de mis crustáceos preferidos), sino que “faltaba el vino”. Y mentiría si dijera que ciertos manjares, no nos sientan mucho
    mejor, regados por un buen vino.

    Que este “arresto domiciliario” llegue pronto a su final.

    Un abrazo virtual desde la distancia.

    Un abrazo virtual y cariñoso desde la distancia.

    1. Nesas vodas de Caná seica había de todo, percebes, nécoras, lumbrigantes, e supoño que non lle pasaría a desgraza doutras celebracións: “as patacas contadas”. E o viño do milagre, como non podía ser menos, foi “o mellor viño” que alí se catou. Algo debe ter a auga cando a bendice, di o dito. Mais o viño seica non o precisa. Se “faltaba viño” sería porque remataran co disposto con anterioridade, e supoño que farían o mesmo co que Xesús, por mediación da súa nai, tivo a ben ofrecérllelo en abundancia. Está visto. Aquela voda estaba ateigada de grandes bebedores. A saber como acabaría a festa.
      Un pracer, prezada Naty, compartir contigo este Café.
      Apertas e saúde.

  4. Querido Fidel:
    Nunca tuve afición por las bebidas alcohólicas y ni siquiera siento necesidad de beber agua, cosa nada saludable puesto que el líquido es indispensable hasta para lucir una bonita piel, sin meternos en temas de salud… Tal vez la causa de mi falta de sed radique en que soy adicta a los platos con cuchara y que la fruta no suele faltar en mi menú diario. A pesar de lo expuesto, recuerdo alguna ocasión en la que, al superar la cantidad alcohólica que mi organismo podía soportar sin que fuese causa de variación en mi comportamiento -salvo en una que me dio llorona-, acabé tan desinhibida que mi natural timidez desapareció como por arte de ensalmo.
    El recuerdo más bochornoso -menos mal que tuve conocimiento a toro pasado, cuando mi marido me lo contó- me ocurrió durante una estancia en Ferrol en casa de mis futuros suegros, mientras el hijo se encontraba navegando: me invitaron a una mariscada en compañía de un grupo de amigos entre los que se encontraba el doctor don Jaime Quintanilla (que al casarme llegaría a ser mi médico de cabecera y más tarde alcalde de Ferrol). Durante la comida mi futuro suegro rellenaba con solicitud mi taza de riveiro cada vez que se iba vaciando. “Intentas calentarme”, afirmé convencida. El silencio debió de ser sepulcral, pero yo ni me enteré porque para mí “calentar” no tenía más connotación que la de entrar en calor. Ignorancia semántica…
    En cuanto al tema de la cerveza, puedo asegurar que Madrid es la ciudad que presume de “tirar” mejor las cañas, con el punto exacto de espuma, y no le falta razón. Y si a la cerveza la acompaña un bocadillo de calamares… También creo que el número de cervecerías supera al de cualquier otra ciudad, sin embargo no atrevo a pensar en el futuro que le espera al personal que trabaja en este tipo de servicios ni en otros muchos. Por muy optimistas que queramos mostrarnos, la realidad que estamos viviendo no nos permite más opción que ir superando el día a día.
    Muchas gracias por dejarnos tan interesante y formativo artículo.
    Un abrazo.

    1. Si que o viño pode “quentar”, prezada Carmen. Alégrame ler a referencia ao doutor Jaime Quintanilla Ulla. Un profesional que se entregou non só ao concello senón tamén á súa profesión, na que destacou en estudos sobre as conductas suicidas na comarca, publicando un magnifico libro sobre as complexidades do suicido. Ademais débeselle a el a promoción dun Monumento ao Fígado en Ferrol, único no mundo, que mesmo tivo repercusións na prensa americana. Se mal non recordo en Los Angeles houbo referencias a esa nova. Do fígado -por razóns ao exceso de bebedores na comarca- dicía o doutor Quintanilla, que era como un concellal de esquerdas, que desenrola o seu labor de forma calada e eficaz.
      Forte aperta e saúde.

  5. Bos días, querido Fidel:
    Moi interesante todo o que contas do viño e a cervexa.
    Non fai moito que lin algo que me chamou a atención referente a cervexa; agora cho conto.
    Polo visto en Flandes era a única rexión europea donde non se producía viño, por iso os seus habitantes consumían cervexa, e foron os mestres
    cervexeiros que viñeron de alí os que nos trouxeron ese rubio brevaxe brebaxe.
    Chamoume a atención o saber que ese home que vemos no anuncio da Cruz- campo, alegre e colorado, abrazado a un barril casi tan grande coma a sua barriga, é Gambrinus, o patrón da cerveza. Se a memoria non me falla, creo que Juan Primero, o conde de Flandes, procede de Gambrinus

    Querido Fidel:
    Moi interesante todo canto contas sobre o viño e a cervexa.
    Haberá quince días lín algo relacionado con este tema. O artículo chamábase “La invención de la cerveza”. Dicía mais ou menos esto:
    Flandes polo visto era a única rexión europea donde non se producía viño, por iso os seus habitantes eran máis inclinados a beber cervexa, e precisamente o conde de Flandes, ( e dicir, Juan Primero ) procedía de Gambrinus, o patrón da cervexa. O tal Gambrinus é ese home que vemos no anuncio da Cruz- campo, sorrindo e todo colorado, abrazado a un barril casi tan grande coma a sua barriga. Disque durou trescentos anos e que morreu lamentando non haber bebido máis cervexa.
    Castos biquiños, admirado Fidel.
    Coa cerveza tamén se pesca una ANÓMALA MONA eu una mIlOngUErA.

    1. Grazas por la túa aportación, atenta Magdalena, sempre ilustrativa. Ao parecer, seica no antigo Exipto xa cataban cervexa, ou algo ben semellante. Mesmo no que eran as escolas os nenos víanse un chisco inquedos e contentos debido ao uso alimenticio de tal substancia.
      E BEBE E BEBE o EUfrAsIO.
      Saúde.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *