Máscara ou parapeto?

450_1000Marina Losada Vicente. Como cada maio, Torrado entrou no meu despacho para facer a declaración da renda. É un home miúdo, que a pesar de vestir de traxe, sen garavata cando fai bo tempo, mantén na mirada ese aire de home de campo. Con oitenta e sete anos, o seu era falar sen límite, sobre todo do traballo como capataz de obra pública. O costume fixo que lle preguntase como estaba, aínda que, polo simple feito de telo diante, supoñía que como sempre.

-Mal -dixo despois dun intre-. Morreume alguén moi querido para min.

Eu quedei calada, sen saber se quería ou non falar do tema e ante o seu silencio, e pensando nunha persoa da súa idade, pregunteille quen.

-Un neto -respondeu, coa mirada apagada, sen apenas expresión.

-De accidente? -acertei a dicir, sen atreverme a nomear a enfermidade que estaba na miña cabeza, por darlle marxe a Torrado, ou mellor dito ao seu tan querido neto, a que morrese do que lle viñera mellor, fóra da sombra da pandemia.

-Non sabermos -contestou-. Da miseria de atoparse só nun mundo no que, para que existas, precisas doutros ollos que te vexan, ou que te queiran ver, que non é o mesmo. Recibimos o seu corpo, pero aínda esperamos a autopsia.

Quedei calada, confundida detrás da máscara cirúrxica. sen saber como darlle á miña mirada o cariño e o ánimo que precisaba aquel home. Incapaz de acompañalo no seu abatemento. Insolidaria. O mostrador polo medio -dous metros de separación social- só foi a desculpa. A prohibición dun abrazo, dunha man no seu lombo, parapetou a determinación de non acompañalo á porta con todo o cariño que merecía. Bloqueada, non fun quen de humanizar a situación, nin un simple que tal te atopas?

-Bótame de aquí -dixo por no chorar-, que xa sabes que eu falo moito-, permitindo que lle explicase o resultado da renda, que lla cobrase, que agochase a miña impotencia detrás da pantalla da profesión, sentindo vergoña de min mesma.

A maquinaria do coronavirus púxose a desinfectar o pouco que tocou, mentres resoaba no meu interior a frase que Torrado dicía todos os anos cando marchaba, co seu sorriso franco, aberto, sabendo que pedía unha prórroga, pero que desta vez non pronunciou:

-Vémonos o ano que n, se a vida me segue dando forzas!

6 comentarios en “Máscara ou parapeto?

  1. Marina: Ayer, en que te has apartado de tus habituales narrativas, llenas de familiaridad y humor… Aprovecho hoy tu entrada, para exponer mis criterios sobre esta terrible pandemia que pasará, pero no del todo, porque ella nos ha dejado un “reguero de muertes” que tarde olvidaremos, porque…, ¿habrá mayor tristeza, que esas personas que han muerto, no hayan podido despedirse de sus seres queridos, en momentos así…? Esa, es la “secuela” más dolorosa de este malvado virus, para los que todavía seguimos aquí.- Muy triste Marina. Y por si esto fuera poco, el temor a que puede quedarse “agazapada” en cualquier lugar, y nos ataque de nuevo.

    Estoy convencida de que ahora, todo depende de nosotros. Y, por la cuenta que nos tiene, debemos ayudar a que esta plaga no se propague.- Mira, llevo en “arresto domiciliario” desde el día 13 de marzo.- Me han hecho la prueba de Serología y me ha dado negativo pero, aún así, continuo con la mosca detrás de la oreja, porque dicha prueba no es efectiva.- Sigo pensando que el mejor antídoto, es seguir confinados.- Y si salimos, que sea con las máximas garantías como son guardar esa distancia que nos han impuesto, además de las mascarillas. De no guardar estas normas, volveremos al principio.

    Desde mi encierro, un virtual abrazo.

    1. Boa tarde: De seguro que non esqueceremos unha forma de morrer “oficial” que non seriamos quen de imaxinar hai uns meses. Recibir a morte na máis completa soedade. Póñome no lugar e decido que a miña mente viaxa fóra do meu corpo, como fai ás veces mesmo rodeada de xente, cando as circunstancias son adversas. Planea por riba de augas que a apaciguan. Póñome no lugar e decido que chegando a hora, unha man amorosa dará paz aos meus ollos. A partir dese momento, nada. Nada. Xa pasou. O que non sei moi ben é como se encaixa o golpe desde as persoas vivas. Para min que é máis difícil…

      Certo, Naty, temos que gardar as normas. A primeira, recordar ás persoas que se marcharon sen despedirse. Se o facemos, seremos quen de vencer ao virus. Alégrome de que os teus resultados fosen negativos. Cóidate moito. Bicos

  2. Bo día: Na máscara levamos oculta a propia persoalidade, escribe Carmen, nun comentario que logra darlle voz a un pensamento recurrente destes días: Se atopo no camiño á miña casa, pouco transitado, a alguén que necesite axuda física, accidentada ou desmaiada, vou a seguir o protocolo de distanciamento social, chamar e pedir axuda sanitaria sen acercarme ou debo atender a obriga do socorro, tan necesaria? Non temo tanto contaxiarme, pois eu asumiría nese momento o perigo da miña acción, temo máis poder contaxiar á persoa á que socorro, á que non lle pedín permiso para atendela. Quen vou a ser eu nesa ocasión -disciplina & quixote-? Aínda que son as situacións así as que che axudan a coñecerte, espero e desexo non verme no apuro. Por certo, que non sei como chamarlle a unha muller “quixote”: home idealista que actúa desinteresadamente. Pepa a Loba?

  3. Querida Marina:
    Tal vez detrás de la máscara nos mostremos como realmente somos.
    Desde que están permitidas las salidas apenas puse los pies en la calle más de un par de veces. Quería creer que lo hacía porque no compensaba realizar tantos trámites para acabar saludando a los amigos de lejos, y sin embargo estoy convencida de que esa no es la causa: en mi primera salida alguien que apenas podía caminar me pidió acompañarme en mi paseo, a lo que accedí gustosa. ¿Gustosa? Sin duda lo hubiese hecho en condiciones normales, pero el miedo al contagio por llevar una persona pegada a mí, con la mascarilla caída porque le impedía respirar, me superaba aunque lo disimulase.
    Al día siguiente me acerqué con más miedo que vergüenza a ayudar a una persona que intentaba levantarse de un banco sin lograrlo. Menos mal que me echó el freno con un gesto, no sé si por temor a que la contagiase o por evitarme un mal trago.
    Por todo ello creo que detrás de la máscara llevamos oculta la propia personalidad.
    Me encantó tu relato y el comentario de Magdalena. Son de los que hacen pensar.
    Un abrazo a las dos.

  4. Bo día: A verdade é que pensei non publicar este texto, pola dureza do contido. Sentindo que hai que dar cor aos días negros que vivimos. Pero necesitaba eu esta reflexión en alto. Pode unha máscara cambiarte o carácter de tal forma que non te sintas ti mesma? Actuar conforme ao protocolo é difícil. E teño que aprender a amosar o lado humano tamén coa máscara posta. Faltáronme reflexos e faltoume aprendizaxe. Tento lerme de novo na escrita. Tento mellorar. Porque o de ir detrás da máscara vai para longo e non pode ser desculpa de falta de humanidade. Bicos, Magdalena.

  5. Querida Marina, acostumbrada aos teus comentarios tan sarcásticos, o de hoxe mágoa, pero a vida é así; nos matamos o tempo dunha maneira ou doutra, pero el, entérranos. E somos tan cabezóns que aínda nos custa poñer unha sinxela máscara sabendo que a mellor solución que temos de librarnos dun problema é tratar de resolvelo e non pasarllo os sanitarios como estamos facendo con esas xuntanzas incontroladas. ¿ A los custodios quién los custodia ? preguntábase Cicerón.
    A ver se atopamos ese sentidiño común tan necesario en estes días para que os árbores volvan a dar buñuelos. Será moi difícil que volvamos a estar novamente en Jauja, pero polo menos poñamos todo o posible da nosa parte.
    Moitos biquiños, queridísima Marina, ata vernos.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *