Conversas de escaparate. Santuario

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFidel Vidal. -Aprendo máis mirando para quen pasa pola rúa que escoitándote.

-Se eu case non falo.

-Aínda así. Estaría mellor instruído paseando por unha fraga que ao teu carón esta longa tempada que levamos xuntos.

-A piques de entrar no verán, coas primeiras cereixas. O mes de xuño é o mellor mes para catalas.

-Tes vocación de mestre. Apréndese máis polo roce cos demais que escoitando disertacións como as túas. Menos discursos e máis diálogos.

-Máis días longos?

-Paréceme un chisco forzado. Acepto adiados longos, a fuxir deste escaparate santuario.

-Un auténtico santuario, a xulgar polas persoas que fican pegadas ao cristal a pescudaren non sei o que.

-É por nolos dous, polos santos. Veñen rezar.

-Nada diso. Acoden a contemplar o guapo que ti es.

-Ou ti. E de boas intencións.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA-Os meus sentimentos coñécelos como coñeces os teus. Cero.

-Non somos amantes, nin os anhelamos fóra deste recinto.

-De min gardo unha paixón que noutrora experimentei por alguén.

-Eu prefiro non sentir ningunha clase de amor, de ninguén. Porque despois non terei de que me arrepentir. Ceibe.

-Pola contra, eu, de non ser por ti, sería completamente libre. Confeso.

-De non ser por min… Iso sacia unha ilusión silenciada.

-Faime caso: non somos outra cousa que dous obxectos baleiros de contido.

-Pero non de traxe.

 

4 comentarios en “Conversas de escaparate. Santuario

  1. Querido Fidel:
    En el final del diálogo entre los maniquís está condensado el significado del discurso.
    Como me recomendaste leí “La rebelión de los pijos”, del abogado Joaquim Bosch.
    En su aleccionador artículo hace eco de la realidad que se está viviendo en Madrid. Lo que desconocía es el entramado de la exención del barrio de Salamanca de los ataques aéreos. Nunca lo había oído, pero al leerlo no pude por menos de pensar que los edificios de ese barrio conservan sus antiguas estructuras. A lo mejor es que los volvieron a reconstruir tal cual…
    En la compra de esta semana mi hijo me trajo las primeras cerezas de La Vera. Para ser tan tempranas están casi en su punto. Esta fruta me trae recuerdos encontrados de la niñez.
    El encierro obligado me pilló a medio graduar las gafas para el ordenador y cada vez veo peor. Por eso estoy escribiendo de día… Es curioso, porque de lejos ni siquiera necesito gafas.
    Que disfrutes de un precioso día.

    1. Xa ves, prezada Carmen, como se ocultan certos episodios da nosa historia.
      A cereixas, segundo os expertos -se é que hai expertos en cereixas, que supoño que si como en calquera outra cousa- din que no mes de xuño é cando están non seu mellor punto. Sexa como for, a miña muller -unha forofa delas- leva polo menos dúas semanas coméndoas. Apertas, saúde e (como non necesitas as gafas) vista ao lonxe!

  2. Hasta el día de hoy, entre tanta dinámica, he mirado con hostilidad a esos estáticos de escaparate porque los comparaba con la mujer de Lot, y siempre he sentido rechazo por tal historia por muy Sagrada que sea. Ahora creo que voy a verlos de otra manera cuando me pare ante esos santuarios llenos de luz que aparecen pródigamente adornados, pensaré que dentro de esas carcasas recubiertas con telas de Giorgio Armani laten pequeños corazones en su interior.
    Lot, cuando comía salazones siempre se acordaba de su mujer. De ahora en adelante, yo voy a pensar en mi querido y admirado Fidel.

    Moi orixinais estas “Conversas de escaparate”. A ver con que nova nos sorprendes para a próxima.
    Castos biquiños palmeiráns, querido e admirado Fidel.
    A roupa de Armani ZURCIRÁ MARICRUZ ? ou enseñaralle o mUEstrArIO ?

    1. Grazas, miña non menos querida e admirada Magdalena, polas túas palabras. Non sei por que, pero sempre sentín certa atracción polos escaparates, sobre todo polos manequíns. Quietos e calados, poden sorpendernos cunha ollada (perdida), e non digamos de noite. A gran vantaxe, como dicía un meu amigo xastre que contaba cun nonicreque na ventrá que facía de escaparate, a vantaxe é que non hai que lles dar de comer.
      Apertas e saúde.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>