Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIX. Álvaro Mutis

_O0D6752Román Arén.O colombiano Álvaro Mutis Jaramillo naceu en Bogotá en 1923 e comezou a súa andaina como poeta vencellado á revista <Mito>, para publicar o seu primeiro poemario, La balanza, en 1947, ao que seguiría Los elementos del desastre en 1953, onde aparece xa o personaxe que o fixo famoso, Maqroll el Gaviero. En 1960 publica Los trabajos perdidos e en 1973 a Summa de Maqrol el Gaviero, ano que é tamén o de seu comezo como narrador. En 1997 acadou o premio Príncipe de Asturias e en 2001 o premio Cervantes. Coñeceu Galicia e o 27 de setembro de 2008, da man de Barbantia e o Pen Clube de Galicia estivo en Boiro, na casa de Cultura Ramón Martínez López, na compaña de Manuel Rivas, Gonzalo Navaza, Bieito Iglesias, Camiño Noia e Luís González Tosar, tras recibir o Premio Rosalía de Castro. Xantou cos socios de Barbantia e logo subiu ao monte Curota para contemplar a ría de Arousa. Home ledo e cordial, deixou grato recordo na nosa terra.Mutis en Boiro (V) En 1994 dedicou a Cunqueiro o breve artigo “Álvaro Cunqueiro”, descubrimiento y asombro constante”, onde di que o autor mindoniense “se ha convertido en el último de mis clásicos secretos, el último escritor contemporáneo cuya lectura, meiados, cuando lo descubrí, mis sesenta años, se convirtió en ese ‘vicio impune’ del que hablaba Valery Larbaud”. Engade logo que “Cunqueiro pertenece a esa especie, cada día más rara, del escritor que se inventa a sí mismo, cuya obra, hunde sus raíces en los más profundos veneros de nuestros mitos y de nuestra lengua”.

Tamén Santiago o impresionou e á cidade dedicou o poema “Nocturno en Compostela”:

Sobre la piedra constelada/vela el Apóstol./Listo para partir, la mano presta/en su bastón de peregrino,/espera, con todo, por nosotros/con paciencia de siglos.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>