Por unha Ética exponencial

0b5ac8c270ca6cf1eeabaecc3d7ff53fX. Ricardo Losada. Non me sorprendeu pero creo que é conveniente subliñalo. Outra crise e de novo se poñen en primeiro plano os valores éticos e cívicos da poboación. Cos sanitarios, por exemplo. Non nos limitamos a dicir que cumpriron con rigor e eficiencia o seu profesional deber hipocrático, senón que os elevamos máis alá do ámbito laboral ao ámbito divino do heroísmo cívico. E agora mesmo hai un chamamento xeneralizado á poboación para que recordemos o noso deber moral e o compromiso que debemos ter co ben común. E eu, que son profesor de Ética e debería aledarme, porén, entristezo.

     Aristóteles, que viviu hai case tres mil anos, riría, pois pensaría que iso sería como pedirlle a un tipo que só oíu falar da música no instituto que tocase de forma virtuosa o piano. Se a virtude moral é hábito, como dicía o filósofo grego, esa chamada só pode interpretarse como estúpida ou como redundante. Redundante porque se os cidadáns xa teñen o hábito da virtude moral, aplicarana sen necesidade de que ninguén llo pida. Estúpida porque se os cidadáns non teñen ese hábito, por moito que llo pidas (a non ser que os ameaces con fortes multas), non van facelo. Antes habería que crealo, e un hábito, sobre todo un hábito moral, non se crea, por moito que o pida un Fernando Simón anxelical, dun día para outro. Podedes comprobalo saíndo á rúa e mirando ao voso redor. Moitas persoas que saían a aplaudir ao balcón (que fácil), agora non compren as normas mínimas de distancia social e máscara. E, por riba, aos que si compren, non lles chaman persoas cívicas, chámanlles hipocondríacos.

     Coincide esta crise coa proposta dunha nova lei educativa, precisamente o lugar onde debe crearse o clima propicio para que poidan fomentarse os hábitos morais e cívicos. Parece que este goberno quere recuperar unha materia, Educación para a Cidadanía, que a min me parece imprescindible. Pero, se se vai impartir, débese ter en conta que, por moi ben que o fagamos os profesores de Filosofía, unha hora á semana non serve para crear bos hábitos. Ao contrario, aumenta o desprestixio da materia. No mercado de valores educativos, o prestixio téñeno as materias de 4 ou 5 horas á semana. Un dez en Educación para a Cidadanía deixa fríos aos pais. Un dez en Matemáticas fainos chegar ao orgasmo. Pois nada, querido Fernando Simón, se queres que os cidadáns se conciencien da necesidade do ben común e da necesidade de respectar os dereitos dos demais, non lles pidas compromiso ético. Pídelles que saquen a calculadora e calculen a correspondente función exponencial. Esa función exponencial que tan de moda estivo, e que todo o mundo parecía entender (cinco horas á semana dan para moito), durante toda a crise.

2 comentarios en “Por unha Ética exponencial

  1. Prezada Magdalena:

    Non creo que sexa para tanto. O texto enténdese mellor se o lector non sabe o que é unha función exponencial.

    Onte tivemos un claustro e falamos das medidas que haberá que tomar o ano que vén coas clases presenciais. Como profesores e alumnos non nos mentalicemos axiña, e vaiamos collendo hábitos bos….

    Fortes apertas

  2. ¡ Carambas, profesor ! “función exponencial” Es como para que te conteste el matemático W. Rudin, porque para que pueda contestarte yo, mi mente tendría que crecer exponencialmente en número de facultades mentales como si de operaciones y cálculos matemáticos se tratara, y matemáticamente mi cacumen ya tiene alzheimer.
    Bueno, la verdad es que estoy muy de acuerdo contigo en todo lo que comentas. Yo he salido muy poco porque el dichoso tendón llamado con el nombre del famoso guerrero de la Íliada de Homero aún me está haciendo pasar por el martirio de san Arcadio, pero cuando voy a rehabilitación, efectivamente, veo a la gente apiñada y al parecer, le cuesta ponerse una simple mascarilla.
    Sobre lo que dices de que Aristóteles se reiría si oyese pedirle a alguien que tocase virtuosamente el piano por el simple hecho de conocer unas simples notas, debo recordarte que el madrileño Federico Chueca no había estudiado música.
    Bueno, esto de Chueca, es una simple anécdota, porque lo que dices es una realidad. Esperemos que esto pase pronto y que el sentido común campe entre aquellos irresponsables que, si no están en pandilla no saben vivir. Había que aplicarle aquello de : “Los reunidos no hacían nada de nada, pero lo hacían muy bien”.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *