Valor engadido

1d30f59d2589934ddba3f48b81b0c796Marina Losada Vicente. Coa receita da especialista na man, a siña Sara entrou na farmacia. Como tantas outras veces, a auxiliar díxolle que algunhas cousas non as tiñas ata o día seguinte, cando chegase o reparto, pois había produtos que non traballaban habitualmente. Esperou a ter todo na casa para empezar a cumprir, con precisión cirúrxica, as novas pautas. Horario. Cantidade. Antes das comidas. Despois das comidas. Hábitos hixiénicos. Pautas que incluían un control meticuloso da inxesta, dado o estado da súa enfermidade.

Uns meses máis tarde, impedida na cama, pasoulle a receita a unha neta que, en vendo o contido, mercou parte no supermercado, que sendo o leite en po da mesma marca e cantidade, tiña a metade de prezo que na farmacia. Non lle coubo o pan no corpo e deuse a valer diante da avoa -coñecida polo agarrada que era- de ser mellor compradora que ela.

-Lévallo de volta aghora mesmo -tivo que escoitar a neta- ou pensas que o leite en po da tenda, aínda vino na mesma caixa, vai facerme igual de ben que o que merco na farmasia?

4 comentarios en “Valor engadido

  1. Marina: De una manera u otra, tus narrativas, siempre dan en el clavo. Se acercan mucho a la realidad. Tal cual como lo que me está pasando a mí estos días.- Llena de fármacos por todas las esquinas y más.- Menos lo de la nieta porque lo que me afecta, en estos momentos, lo estoy pasando sola.
    Muy agradable leerte.
    Con mi recuerdo, desde Palmeira.

  2. Sé de personas tacañas hasta extremos inverosímiles, pero en lo tocante a salud dejan la libreta de ahorros en rojo.
    Tus entradas rezuman gracia por arrobas y son de un realismo auténtico.
    Boas noites, Marina.

  3. ¡ Ay, querida marina ! la gente mayor, cree en la farmacia como en las palabras del Evangelio. Se ama la vida porque se sabe que va a concluir. La nieta que haga caso, no vaya a significar la ruina de sus ambiciones hereditarias.
    Un besiño palmeirán.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *