Conversas de escaparate. Eloxio da castidade

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFidel Vidal. -As manchas da camisa eran de prebe.

-E que me dis do coitelo na man, e das marcas no pescozo?

-O mozo viña de cortar o pan e de apañar aforcados.

-Pois ao defunto craváronlle un no pescozo.

-O coitelo estaba limpo.

-Lavaríao despois de o matar.

-Non lle deu tempo.

-E as manchas da camisa?

-Xa se dixo que eran de salsa, dunha allada, ou de tomate como nas películas.

-Sinto mágoa da moza. O defunto era o seu amante.

-E as rabuñadas do morto serían produto da paixón. Así o insinuaron as autoridades.

-Ao noivo da rapaza cegárono os celos. Tamén amosaba rabuños.

-Pero non foi el quen o matou. As feridas superficiais eran de andar nas silveiras.

 eloxio2 

-Daquela quen o matou?

-Matouno a moza.

-Estás seguro do que dis?

-Acaba de se entregar na comisaría.

-Ou toleou ou maltratábaa.

-Nin toleou nin a maltrataba ninguén, ningún dos dous, nin o noivo nin o amante.

-Ela é unha boa rapaza. Apaixonada, iso si, pero boa.

-Moi boa.

-Seica vos gusta a nena. Pero sábese a causa que a levou cometer tal crime?

-Segundo as falas confesou que o matou por celos?

-Por celos?

-Ao parecer o amante púñalle os cornos.

-Ai, Señor, preguemos como o santo Agostiño: “Dáme castidade, pero aínda non”.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. Eloxio da castidade

  1. Decía Diaz Plaja, que hubo una pareja que estaba segura de que ninguno de los dos era adúltero. Se llamaban Adán y Eva.

    “Dáme castidade, pero aínda non”.
    Buenísimo remate.

    Y concluyo con una paradoja : Cierra los ojos y verás.

    Castos biquiños, admirado e querido Fidel.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *