Marina!

depositphotos_117641138-stock-photo-pop-art-girl-with-megaphoneMarina Losada Vicente. Marina! Escoitei e ollei sorprendida para todos os lados, mais ninguén reparou en min. Unha familia, os maiores na terraza e os pequenos xogando na praza, eran o centro da escena, na que reparei sorprendida. Marina, a outra Marina, acercouse á mesa. Xamais coñecera eu outra Marina, a non ser miña madriña. E quixen darme a ver. Facerme a importante. O meu nome coincidía co da nena dunha familia das que, na miña infancia, eran a fascinación da vila, as que traían as novidades, outra forma de vestir, de relacionarse, outras olladas… forasteiras!

Unha nena que se chamaba como min igualábame, nalgunha medida, con aquelas persoas. Arrabeando por chamar a súa atención, artellei como meterme dentro da escena, entrar na película, e deixar de ser simple espectadora.

Pedinlle a unha amiga que se fose colocar a outro lado da terraza -mesa en medio- coa instrución de que, en canto chegase, chamase por min.

Eu funme colocar á outra esquina. En lugar de xogar ao despiste, como cumpría, quedei atenta aos movementos da miña amiga, esperando o momento estelar en que pronunciase o meu nome e todas aquelas persoas marabillosas e estupendas, por ser foráneos, se fixasen en min.

-Ven aquí -escoito, e o baleiro do nome estragou a miña cota de pantalla.

4 comentarios en “Marina!

  1. Marina: A mí no me agradaba, de jovencita, mi nombre de pila (menos mal que siempre se me conoció como Naty), pero cuando vi que no se repetía en el pueblo, empezó a gustarme. Sobre todo, en mi vida laboral- en un Hospital-, donde éramos cientos de empleados, y la única con el nombre de Natividad era yo. Pero siempre, conocida como Naty.
    Menos mal que una era chica seria, formal, porque entre mi nombre y el coche que tenía, me decían: procura no andar en malos pasos, porque entre el nombre y tu coche… Se te localiza a la primera de cambio.
    Y mira tú lo que son las cosas. Hoy, hay cantidad de chicas jóvenes en el pueblo que tienen mi nombre. Y lo curioso es que sus nombres no son Natividad, sino Natalia, pero que les llaman Naty. Y más curioso todavía: cuando un hombre se dirige a mí, generalmente, me llama Natalia.- Les debe gustar más, no sé. Sin embargo me quedo con el mío. Cuestión de gustos.

    Como siempre, me encantan tus historias.

    Desde Palmeira, un abrazo.

    1. Todo é cuestión de oído, entendo eu. As mulleres da miña rúa puxemos o grito en alto cando soubemos que unha veciña ía a chamarlle ao fillo Arcadio, o nome de seu pai, que viña do doutra vila e que resultaba duro para as nosas orellas. Anos máis tarde, unha das miñas sobriñas, amiga do neno, dixo que lle gustaba moito ese nome para un fillo. Bicos, Naty.

  2. Bo tarde: Certo que estou contenta co meu nome. Tanto que non son quen de poñerlle o eñe do que tanto tira. E mira que me gusta Mariña! Máis no meu caso, no que na escola, no instituto, no traballo, e na familia diaria fun sempre a única Marina, a simbiose é total. Non tiven alcume. No instituto a maioría das compañeiras eran María algo. Pasaron a ser Angueira, Botana, Cimadevila, Forján, Morales, Comojo… Bicos, Magdalena.

  3. Siempre me alegras las mañanas, ocurrente Marina.
    Mientras te estaba leyendo, ya auguraba un final parecido, pensé que tu amiga te llamaría por el bonito apellido Losada, pero con “ese ven aquí” no me extraña que esa cota de pantalla quedase arruinada.
    Ya te conté en una ocasión que mi bisabuela se llamaba Marina y mi abuelo – su hijo – era conocido por Enrique o marino. Efectivamente, él era marino, pero el apelativo no lo heredaba por surcar el piélago, sino por su madre.
    No me extraña que estés orgullosa de tu nombre porque a mí también me encanta.
    Yo conocí aun chico que se apellidaba Guerra Segura, y a sus padres no se le ocurrió otra cosa más, que añadirle el nombre de Armando.
    Besiños Palmeiráns, MARINA.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *