A mirada indiscreta

miradaMarina Losada Vicente. Escoito escorregar o portal do colexio Castelao sobre o seu raíl. Inmediatamente, como se estivese á espera, un coche negro ocupa as prazas 8 e 9. Non é pouca cousa, dado que a zona reservada ao profesorado dispón de catorce ocos, cando son cerca de vinte os coches que aparcan a diario. Pasan máis de cinco minutos cando empezan a chegar os seguintes automóbilesque, como é de lei, ocupan cadansúa praza.

Os vehículos menos madrugadores, os que chegan cando xa se recollen os autobuses escolares, son os primeiros en arrancar. Non se trata de que eu estea mirando todo o día -como fai James Stewart na Ventá indiscreta-. É pura lóxica: aparcan na zona de paso atoando a saía. Aquí hai un acordo tácito -penso-, certa organización… entón, como é que deixan que a muller do utilitario negro ocupe dúas prazas? Terá algún tipo de impedimento físico que non se ve na distancia? É unha simple antisistema? Ou será que non é do gremio?

Despois de semanas vendo o coche negro atravesado, e dunha serie de explicacións que me dei a min mesma, polo estraño da situación, hoxe atópome con que, no mesmo segundo de abrir o portal, entran unha ringleira de vehículos ocupando todo o espazo. De último, o utilitario negro, que se ve forzado a ir marcha atrás cara ao aparcamento público, no exterior do colexio. Aparca nunha manobra impecable, de dez nun exame de conducir. Sae a condutora e mira cara ao grupo de persoas que se mantén, a mantenta, en espera. Despois de darlle os bos días sen aparente enfado, dirixíndose a min, que quedo perplexa, espétame: -A que non era tan difícil? Hoxe é o primeiro día en que todo o claustro chega á hora establecida.

6 comentarios en “A mirada indiscreta

  1. Son cada vez menos amiga de prexuzgar en alto, por mor dos moitos erros que cometo. Máis ségoo facendo para dentro. E sego a errar. Se algo me chama a atención sáltame o disparador da miña lóxica buscando explicacións que poucas veces dan na diana
    . Boas.festas Maty!

  2. Marina: Cuando comencé a leer tu narrativa también pensé mal de la joven, calificándola incluso, de aprovechada. Sin embargo, al parecer, todo ha sido una lección de urbanidad, por parte de ella, hacia quienes realmente eran los aprovechados.
    Como siempre me agrada leerte.
    Muy Felices Fiestas y una buena entrada del 2021, a todo ese admirado grupo de escritores de la Cafeteria Barbantia.

  3. Confesar que a primeira sorprendida fun eu! Cando empecei a escribir este relato non sabía que acabaría revirándose. Máis a ficción, como espello da vida, ten estas cousas. Felices festas Magdalena. Felices festas, Barbantia.

  4. Querida Marina:
    Cando comencei a ler o texto, pensei que sempre hai persoas que cos seus xestos non se axustan a urbanidade como sería o máis loable. Pero cando rematei, o meu pensamento revirouse, volteou.
    Se non me engano, a suposta comodona e usurpadora de prazas, facíao para instruir a quen gustaba de aproveitar cinco minutos máis no cocho e non se axustaba aos debidos horarios.

    Un pracer lerte, Marina.
    Felices festas para toda a familia, inclusive a barbantiana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *