Silencio, de Agustín Agra

silencioPedro García Vidal. Regresa Agustín Agra con este Silencio, libro de relatos publicado pola Editorial Galaxia, aos andeis das librerías, logo dunha paréntese de cinco anos. Pagou a pena a espera. Nun tempo onde predomina o balbordo, no que con frecuencia se confunde opinión con competencia, aparece este Silencio concibido como “un cadro puntillista”, en palabras do autor, no que oito, relatos engarzados como unha novela nos levan dende a competencia a interrogarnos sobre a nosa propia existencia. Poderiamos dicir que aínda que os protagonistas son xente da ciencia, non estamos ante un libro de ciencia nin de divulgación científica, senón ante un libro que trata da natureza humana. Somos nas nosas opinións e pensamentos froito das influencias, que fan que pensemos dun xeito e non doutro. Escribindo coma un pintor, con capas, Agustín procura o goce estético puíndo a linguaxe (máis de 30 borradores para este libro). Cunha singular ollada, o autor noiés crea unha atmosfera particular dende o primeiro relato que engancha ao lector e non o abandona ata a derradeira palabra deste senlleiro libro.

5 comentarios en “Silencio, de Agustín Agra

  1. Xa está nas librerías. E aproveito para recomendalo de novo moi
    vivamente. Só polo primeiro relato xa compensa a compra.
    E, os outros, como moi ben di Pedro, unha profunda reflexión
    sobre a natureza humana e a natureza da ciencia abordados por
    un escritor que sabe por propia experiencia que a división
    Ciencias / Letras é absurda.

    Apertas, e feliz fin de ano para todo o Café!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *