Alfa dobre A

ff0bfe3f6a8b3f8689b896bc6b20d070Marina Losada Vicente. O primeiro, día e hora: Martes, 1 de decembro, 7.30. O ano dáse por sabido: 2020. Despois da presentación, anuncian, sobrados, que Xenética Xunta Gal ten para ti o mellor semental da contorna: Top-10 nas probas oficiais europeas. Incomparable. Grandioso. Único. Coa escolla do seu esperma, baixo pagamento hai que entender, quedarás máis que satisfeita. Non atoparás ningún como Alfa dobre A, repiten. No seu… o mellor!

Recreas o contorno dese touro rubio galego. Pasas dos potentes cornos, lombo robusto, dorso terso… para centrarte en partes máis agochadas e non por iso menos impoñentes. Imaxínalo paseando os seus cadrís polo prado… maxestoso! Séntelo orgulloso, soberbio, seguro de si mesmo. A cuña publicitaria garante resultados a longo prazo -non din canto tarda en xestar a vaca-, mais ti quedas coa distancia curta: O corpo do hastado. Es a vaca feliz, a vaca que ri, igual que noutro anuncio da tele, aínda que ti estás escoitando a radio.

Non está mal sentirse quente, cando che corre polo corpo o leite denso que vende Darío, chambra arremangada, nas primeira horas do día. Non está mal saberse femia, cando Xenética Xunta Gal lanza ao mercado o ouro líquido de Alfa dobre A. Co segundo grolo do saboroso leite do almorzo, es capaz de ver ao repartidor, agora co torso descuberto e con cornos, despedíndose de ti alegremente.

Cando baixas polo rueiro e escoitas as televisións das veciñas, entendes que fuches a única que gozou, no seu punto xusto, do leite que Darío reparte porta por porta.

6 comentarios en “Alfa dobre A

  1. Marina. Tu “Alfa dobre A”, con tanto contorno, lombo robusto, y dorso terso, entre otros atributos… Me recordó un chiste gallego, que hace años me habían contado.- Resulta que un paisano nuestro, había hecho un viaje a Madrid y, por si las moscas, se llevó su paraguas.
    Cuando abandonó el Hotel donde se había hospedado, se dio cuenta, después de caminar unas cuantas manzanas, que lo había dejado en la habitación.- Creyendo que esta, aún no estaría ocupada, cogió el ascensor para subir. Y cuál no sería su sorpresa que, al llegar a la puerta, oyó voces; ¡qué voces! Al parecer, era una pareja de recién casados, y esto es lo que escuchó: ¿de quién es este dorso tan terso?, ¿de quién son estas “pechuguitas” tan lindas? ¿Y de quién es este ombligo tan…? Cuando el hombre oyó que el flamante esposo seguía bajando, como si por un tobogán se deslizase… O galego, dende a porta, xa nervioso e cun ton alto, berroulles: ¿eh? Cando chegas ao paraugas é meu.
    Tenía que contarlo Marina porque con tu toro Alfa, me lo has puesto a pedir de boca. Me gusta como escribes.
    Desde Palmeira SALUD.

    1. Non está mal tomar o café cun chiste. Tampouco cun leite saboroso… Máis aquí o principal é que o café sexa compartido. Alégrome de lerche, Naty. Bicos.

  2. Un cardiólogo pideume hai tempo que sacase o sostén e a enfermeira apurouse en decir o suxeitador, pensando que non entendera. Claro que entendera. Miña avoa sempre lle chamou Estaría ben saber o que opinaba Cela. No dos “entremeses”, Magdalena, alégrame saber que me consideras capaz. Bicos

  3. O outro día lin algo que me fixo sorrir. Tratábase do “wonderbrá”, e dicía que foi deseñado por un grupo de enxeñeiros, e que constaba de corenta e seis pezas. O que o escribía dicía que máis ca un sostén era un puzzle.
    Según o noso Cela, nonlle debemos chamar nunca suxetador, senon, sostén, porque sostén o que cae, non suxeta o que quer irse. E dicía tamén que co Wonderbrá queren falsificar as mulleres de peitos breves.
    Cando rematei de ler, pensei que estaría moi ben para uns deses “entremeses escénicos ” esas “pezas jocosas” como lle chaman os da Real Academia, que se representan entre acto e acto da comedia principal. Que por qué che conto isto? porque cando leo as tuas entradas sempre penso no mesmo: eres boa para escribir eses entremeses xa que tes un admirable sentido da síntese, sabes dicir moito en poucas liñas e sempre con un bo remate.
    Déixote, non me acordó se me ten sal o cocidiño.
    Moitos bicos palmeiráns.

Deixa una resposta a marina losada vicente Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *