Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)

NC-Idiot-Prayer-Static_1080x1080-1024x1024Gonzalo Trasbach. Tivemos no mes de novembro dúas marabillosas noticias sobre Nick Cave. Primeiro atopámonos cun libro de precioso formato que recolle a súa obra lírica completa e xa nos últimos días do mes puidemos escoitar o seu fabuloso novo disco: “Idiot Prayer: Nick Cave Alone At Alexandra Palace”.

Os que somos afeccionados á música contemporánea sabemos do monumental legado do músico e escritor australiano afincado en Inglaterra. Tamén sabemos que a súa figura foise agrandando e acrecentando co paso dos anos. E se a cara máis salvaxe do seu mundo sonoro se desenvolveu nos últimos anos da década dos 70 con The Birthday Party, logo, nos anos posteriores, sobre todo a partir dos 90, adentrouse nunha paraxe sónica máis lírica, máis intimista, aínda que sempre tinguida con salpicaduras ou brochadas bluseiras un tanto canallas e travesas, sobre todo con Grinderman (1 e 2). É por isto que o paso do tempo, en vez de achicalo, converteuno nun artista aínda máis intimidante.

Nese contexto, hai que subliñar que nas últimas tres décadas ten firmado traballos demoledores, contando sempre coa compañía dos seu fieis The Bad Seeds. Deste xeito podemos lembrar que nos regalou, por exemplo, unha triloxía impecable, como é “Push The Sky Away” (2013), “Skeleton Tree” (2016) e “Ghosteen” (2019). Nos dous últimos álbumes vibra o berro suplicante e escóitanse piadosas oracións clamando pola morte do seu fillo Arthur Cave cando só contaba 15 primaveras.

Este novo disco é o resultado do concerto que ofreceu o pasado 23 de xullo desde o Alexandra Palace de Londres en streaming, sen músicos nin público. Só el e a compaña dun piano de cola. Neste álbum de 22 cancións, Cave realza e aviva antigas calidades: a nudez dos temas escollidos, que lle outorgan aínda máis énfase narrativa (de cronista) á maxia da maxestosa gravidade (e do fraseo) da súa voz, arrolada polo lirismo das notas que lle arrinca ao seu instrumento.

Durante a interpretación, puntuada, medida e pausada, chégase a escoitar a respiración emocionada do artista, de tal xeito que estremece ao escoitador, unha aptitude coa que Cave volve revestir as súas melodías dunha aura redentora dificilmente imitable. Nas mans de calquera outro intérprete, estas 22 cancións, poucas son inéditas, a meirande parte son sagradas, ateigadas dunha intensidade emotiva sen equivalencia, o documento apuntaría na dirección de ser un mero capricho ou unha curiosidade, máis aquí avanza na senda da solemnidade e da elegancia, que se transforman nunha experiencia mística, case relixiosa, nunha nave que guía un patrón que xera devoción entre a súa tripulación.

Idiot+Prayer+5Mais que ninguén se engane. Esta non é unha obra só para os que son admiradores de Cave, senón que está destinada a ser para todos os afeccionados á arte musical no sentido máis amplo e fondo do vocábulo, tal e como testemuña a beleza e a tristeza que agocha o elepé. Nick Cave é probablemente o único artista actual que, cunha proposta fóra de todo o circuíto comercial, é capaz de encher festivais (un nunca esquecerá aquela súa actuación para pechar o Paredes de Coura do ano 2005).

Aos seus 63 anos de idade entréganos agora unha hora e media de música, 22 melodías núas e belísimas, pese a que o seu modo de transmitilas nos pareza un pouco lúgubre. Mais é todo un goce absoluto, e ademais o mellor abrigo para estes tempos de intemperie.

5 comentarios en “Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)

  1. Buenos días. Una vez más, gracias por interesarte por mis artículos. En general, cuando recomiendo música, soy consciente de que no es muy recomendable y poco agradable a otros oídos. Pero uno siempre ha sentido debilidad por lo que no es querido, por aquello a lo que no se presta mucha atención. Y aunque ahora ya es un artista apreciado, cuando uno lo descubrió no lo era. Y sobre todo en su faceta de escritor. Muchas gracias y que todo te vaya muy bien, a ti y a los tuyos.

  2. Lo mismo que Magdalena: opino que es una preciosa historia, aunque no sea amante de la música de Nick Cave. Ello no fue óbice para que en mis horas dedicadas a la escucha musical cambiase de estilo y oyese algunas de sus obras, pues no quisiera dar una opinión de algo que apenas conocía.
    Comencé desde 1984, que fue cuando se dio a conocer, creo; pero no voy a mentar los títulos que escuché en estos dos o tres días, porque he estado viendo una película de los Hermanos Marx en la tele y es bastante tarde.
    Lo que sí puedo asegurar es que su música es de lo más variada: violenta, erótica, lúgubre, lírica…, abarcando diversos estilos. La pena es tener que escucharla en el ordenador y no en LP, que es lo que suelo manejar, pese a que algunos opinen que es cosa se nostálgicos.
    “O máis malo é empezar”: ya me veo escuchando más de una vez música de Nick Cave.
    Bonitos sonos.

    1. Buenos días. Una vez más, gracias por interesarte por mis artículos. En general, cuando recomiendo música, soy consciente de que no es muy recomendable y poco agradable a otros oídos. Pero uno siempre ha sentido debilidad por lo que no es querido, por aquello a lo que no se presta mucha atención. Y aunque ahora ya es un artista apreciado, cuando uno lo descubrió no lo era. Y sobre todo en su faceta de escritor. Muchas gracias y que todo te vaya muy bien, a ti y a los tuyos.

  3. Coma sempre, moitas gracias, amiga Magdalena. Aínda que, sabiduría, sabiduría….que máis quixera un que ter chegado até tan ansiada orilla. Bicos e feliz Navidade dentro do que nos toca.

  4. Bos días, querido Gonzalo:
    Como ben sabes, en estes temas (e en moitos máis ) eu son coma ese mamífero cuadrúpedo chamado burro. Pero non por tal motivo quero deixar de poñerche unhas liñas que nos permitan seguir como hasta agora co noso círculo de relacións.
    Ti, de esta música estás ao máximo en extensión e en profundidade; eu son dela, de poucas aspiracións e de bo conformar, e agora xa non lle podo pedir peras a ningunha ulmácea, porque agora, a vellez, varíola.
    Non obstante recoñezo o traballo e a sabeduría que manifestas nestas entradas, e non teño máis que felicitarche polo ben que o desempeñas e o pracer de lerte, aínda que unha, non sepa contestarche como quixera.
    Moitos bicos palmeiráns.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *