Guardianes de la memoria, de Álvaro Colomer

41+CPpJfD9L._SX305_BO1,204,203,200_Xerardo AgraFoxo. O autor desta obra propón unha viaxe por cinco lugares. Cinco sitios onde a historia deixou cicatrices indelébeis. Da súa man percorremos Gernika, Chernóbil, Transilvania, Lourdes e Auschwitz. Cinco lugares estigmatizados por circunstancias históricas e culturais diferentes. Que foi de Gernika despois do masacre da aviación nazi? Como puido suceder a catástrofe de Chernóbil? Como xurdiu a feira de Lourdes? Que pegadas deixou en Transilvania o mito de Drácula e que facemos os turistas tirando fotos nos crematorios de Auschwitz-Birkenau? Como di nas súas reflexións Álvaro Colomer (Barcelona, 1973), logo de percorrer estes lugares, antes de que os nazis bombardearan Gernika, antes de que saltara polos aires o reactor nuclear de Chernóbil, antes de que a Virxe aparecera diante dunha cativa de Lourdes, antes de que Bram Stocker mitificara un vampiro e antes de que milleiros de persoas foran asasinadas na chaira polaca, estes lugares xa existían, todas tiveran outra vida. Pero agora renunciaron ao seu pasado para se converter en testemuñas silenciosas dun presente que endexamais barruntaron.

Guardianes de la memoria (2020) é unha obra antolóxica non só polas súas atinadas reflexións, senón por ser unha crónica de cinco viaxes pola vella Europa trazadas cun envexábel pulso literario.

Un comentario en “Guardianes de la memoria, de Álvaro Colomer

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>