Conversas de escaparate. O entroido interminábel

perfil1Fidel Vidal. -Dun tempo a esta parte non se coñece a xente.

-A que te refires?

-Non te decataches que todo o mundo anda coas caras tapadas?

-Será que non rematou o carnaval.

-Pois ben cativas son as máscaras.Todas iguais.

-Hainas azuis e brancas. Tamén se ven negras.

-Outras levan bandeiriña.

-Pobres orellas. Canto teñen que aguantar! Pendentes, grampas, gafas, auriculares, e agora máscaras.

-Por certo, moi mal combinadas cos vestidos.

-Un aburrimento. Onde se meteron os choqueiros e as comparsas?

-Os feos de ollos bonitos están de sorte.

-Non se nota diferenza ningunha entre homes e mulleres.

-Un avance na igualdade.

-Ti cres?

-Coido que si.

perfil2-Nada diso. Ultimamente vanse vendo mozas con máscaras máis vistosas, a xogo coa roupa.

-Co nariz e coa boca tapadas van asfixiar.

-E nós aquí sen que ninguén nos poña ao día. Os do escaparate veciño seica estrearon careta.

-Para que a necesitamos se non temos orellas onde enganchala?

-De non termos nin tan sequera contamos con boca nin nariz.

-Entón, dime, por onde alentamos?

-Mellor non che vou contestar.

4 comentarios en “Conversas de escaparate. O entroido interminábel

  1. Tes razón, meu fillo, cando te refires ó aguante das orellas… O embigo é mais delicado: coñecín a unha rapaza que se lle infectou por mor dos “piercings”, e non vexas a que se organizou ás tantas da noite nun pobo perdido na xeografía castelá. Ainda por riba, era amiga da noiva e a voda celebrábase pola mañá… Como de costume, tocoulle a miña filla levala ao hospital máis próximo que estaba a trinta quilómetros. Non sei como fai, pero sempre se presta a esas encomendas…

    Hoxe cambiei de horario: onte pola tarde puxéronme a segunda dose da vacina e preferín non trasnoitar, como é a miña costume.

    Un cálido saúdo.

    P. D.: O de “cálido”, nunca mellor dito: onte, con 24º na rúa, tivemos a calefacción case ao máximo, e como non hai xunta de veciños co conto do coronaviros, así seguimos.

    1. Calor (de sol e calefacción) e vacinada. Noraboa. Nós estamos á espera. Piercings nas orellas, na lingua, no nariz, no embigo, e mesmo naquela cousa, naquela cousiña. O que hai que ver, e piercingnarse ante tal espectáculo de body art. Tés unha filla moi disposta. Os meus parabéns.

  2. Bos días, querido Fidel :

    Antonte, cando estaba botando a miña habitual cremiña na cara, pensei en alto sin querer. O pensamento que se escapou, foi para ese péndulo do reloxo que acuna as horas (como diría Gómez de la Serna) correndo en demasía. Dixen: ¡ Jope, estas engurras van a peor ! Emma, que estaba conmigo, contestóume: – Abuela eso pásalle a todos dende que temos máscara, pero con elas tampouco se ven, e non tes que maquillarte coma antes. Díxenlle que tiña razón, pero eso, en lugar de consolarme creo que multiplicou o meu desacougo.
    As do escaparate teñen sorte, ca pantalla de vidro están protexidas e se poden alentar sen necesidade de ter boca nin nariz… Que pena que a compañeira non lle quixese contestar!

    NO SOLO NO LO SON — rEpUdIAdOs.

    Moitos castos biquiños

    1. “Pero con elas tampouco se ven”. Boa resposta a da túa Emma. Unha mágoa que o outro boneco con quixese dar unha resposta á pregunta de por onde alentan. Tamén a min me gustaría sabelo. O que pasa no escaparate queda no escaparate, como adoitan dicir os xogadores no campo de fútbol. Saúde e bicos virtuais (son castos os bicos virtuais?)
      AMOLADO O DA LOMA, EUlOxIA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *