Trinta anos sen Radio Futura (La ley del desierto, el agua)

radGonzalo Trasbach. Foi na primavera de 1991 cando o grupo que lideraban os irmáns Santiago e Luis Auserón (Zaragoza) decidiron baixar a persiana dunha traxectoria exitosa, apagar unha chama que se mantivo ardendo durante algo máis dunha década. Naceu Radio Futura á sombra da nova onda dos anos oitenta, pero co devir dos anos a banda foi evolucionando cara a un pop mestizo, un pop que a día de hoxe está de bastante máis actualidade que daquela. Nos seus primeiros compases a formación madrileña coincidiu cos nosos Golpes Bajos de Vigo, aínda que estes abandonaron moito antes a escena musical, a pesares de seren bastante parellos.

Radio Futura viviu na crista da onda. Foi un combo abrazado ao éxito ao longo de dez anos cultivando unha especie de rock latino que tantas raíces botou a un lado e ao outro do Atlántico. Pero, tal vez ebrios ou empachados de tanto triunfo, inesperadamente os seus compoñentes decidiron marchar para non regresar. Pecharon as portas sen apenas facer ruído. No medio, iso si, da decepción dos miles de fans, que medraran notablemente a raíz da canción Veneno en la piel.

91eND8bQ4fL._SY355_Ao longo deses dez anos de imparable traxectoria, marcada de brillantes cancións construídas sobre as sorprendentes letras de Santiago Auserón, ademais das numerosas xiras e actuacións, gravaron seis discos e ofreceron máis de 400 concertos, o cal levou ao grupo a <caer na boca dun deus tenebroso>, e que acabou por devoralo.

O 25 de setembro do 1990 protagonizaron un concerto nas Ventas (Madrid). E conta a lenda urbana que o seu promotor fuxiu cos cartos da recadación, mais isto non foi a causa da desaparición da banda. Cinco días máis tarde subiron por última vez a un escenario nas Rozas. Mais deixaron unha bala na recámara: “Tierra para bailar”, un disco de mesturas e rarezas que se publicou na primavera de fai agora trinta anos, uns días antes de que se fixera pública oficialmente a súa disolución. Non só foi talvez a mellor banda de pop-rock española da década dos oitenta, senón que nos regalaron un legado inesquecíbel. De moito valor, entrade nesta escola de calor.

10 comentarios en “Trinta anos sen Radio Futura (La ley del desierto, el agua)

  1. Manteñen os fanáticos que só deus (o deles) pode crear e que os seres humanos deben resignarse a fabricar. Fronte aqueles que dicían que xa estaba esgotada a fonte da creatividade, Radio Futura abreu camiños novos na música, foise cando estaba no cumio, e o tempo (xuiz implacable tamén neste apartado) multiplica o valor da súa aportación.

  2. Ola Gonzalo!

    Non lles fixen moito caso no seu momento, mais alá do que sonaba na radio, e agora son un dos grupos españois dos 80 que mais recupero. Empecei con “La canción de Juan Perro” que me encanta e a partir daí xa me enganchei.

    “De un pais en llamas” e “Tierra para bailar ” tamén me gustan moito aínda que creo que toda discografía é mais que notable.

    Non tiven a sorte de velos en directo, cheguei tarde. Unha mágoa.

    1. Bo día. Nunca é tarde para escoitar boa música. E Radio Futura é das bandas que envellecen ben. Aínda hoxe en día hai poucos que escriban como Santiago Auserón. E musicalmente siguen soando moi frescos. Apertas.

  3. Prezado Gonzalo:

    A túa entrada fíxome lembrar tempos pasados, nesta ocasión máis cercanos posto que hai uns tres anos asistín no Auditorio de Hortaleza -a menos dun quilómetro da miña casa- a un concerto de Santiago Anserón (Juan Perro) acompañado pola Banda Sinfónica Municipal de Madrid (do que estou segura de gardar vídeos e fotos das que adoito facer nestes casos e que non atopo, por moito que os busquei dende que lin a túa reseña).

    Despois de ver o comentario de Magdalena, xa pouco me queda por engadir: só dicir que cando a miña filla me chamou para dicirme que me recollía para ir escoitar a Juan Perro, pensei que non se podía esperar nada bo de alguén con ese nome…

    Estaba equivocada: non só teñen ritmo e contido as suas cancións, tamén me deleitou coa forma de se expresar na conversa co público que non cabía no recinto e nos arredores.

    “Veneno en la piel” invítame a bailar, ten ritmo de chachachá.

    Boas noites.

    1. Bo día. Tardei e contestar porque onte nin sequera abrín a computadora, como lle gustaba chamar ao ordenador Miguel Delibes, coido que con moita razón. Agradezoche o comentario. Tampouco un pode engadir nada máis ao que ti contas. Saúdos moi cordiais.

  4. Para min “La ley del desierto/La ley del mar” é un dos mellores discos dos 80. Ten canción memorables como “Escuela de calor”, “La secta del mar”, “Semilla negra”, “El nadador”…
    Unha aperta

  5. Bos días, Gonzalo:

    Ves, a estes sí que os coñezo !
    “Veneno en la piel” estivo moitos anos en cada unha das emisoras que nos entretiñan ca súa música.
    E teñen outra que é preciosa que era dun poema de Edgar Allan Poe que si non me engaño o seu título era “Annabel Lee”.
    “Hace muchos años
    en un reino junto al mar,
    habitó una señorita
    cuyo nombre era Anna Bel.
    Y creció aquella flor…
    Esa era preciosa, e Santiago Auserón ademáis de ser un persoaxe moi culto, (se mal non recordó había estudiado filosofía) cantaba moi ben, e en esa, en concreto, era un gran gozo oílo.

    Canto me alegro de poder poñer un pequerrechiño gran de area nos téus comentarios, apreciadísimo Gonzalo. Fixécheme recordar aquela canción que tanto me gustaba e da que só sobreviven unhas cantas notas.

    Unha aperta con moito cariño dende Palmeira.

    1. Gracias, moitas gracias, aprezada Magdalena. Nefeuto, Santi Auserón, ao que vin nos anos oitenta cando Radio Futura veu tocar a Bamio, é un home moi culto e interesante. Se non me trabuco, fixo o doutorado cunha tese sobre Giles Deleuze, con quen coincidiu nun curso nunha universidade de París. Fai pouco tempo lin unha entrevista con el no País que me pareceu excelente. En fin, ás veces os astros logran coincidencias que non nos permiten as nosas teimas. Bicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>