Círculos

CIRCULOMarina Losada Vicente. Gardabas memoria da lectura da noite anterior, o libro Más allá del inverno, de Isabel Allende, identificándote coa súa protagonista: “A los sesenta y dos años… tenía el cuello arrugado, la piel seca y los brazos flojos, las rodillas le pesaban y se había resignado a ver como se le iba borrando la cintura… Evitaba verse desnuda, porque vestida se sentía mucho mejor… El espejo, como las fotografías, era un enemigo inclemente, porque la mostraban inmóbil, con sus defectos expuestos sin atenuantes”.

Alí estabas, saíndo da ducha, con dous espellos no cuarto. Un pendurado da parede, como estaba sempre. O outro observando de preto. Ambos sen dicir nada. Ti míraste neses ollos e pensas que verán? Sabes ben que vestida es outra cousa. Agora estás enriba dunha toalla que non tapa, porque está no chan, non tapa, poñéndolle ao corpo a crema hidratante que tampouco tapa, aínda que dá un aire máis fresco á envoltura, algo do resplandor que a pel tivo noutro tempo. Presentes todas esas mágoas que son o teu corpo, que serías quen de ignorar a non ser, como di a escritora chilena, polo espello que chas reflicte. Míraste en Antón, que se amosa preocupado por aquilo que tanto lle gusta de ti:

-Avoa, xa non tes os círculos no teu pelo!

-Rizos, noso meniño, rizos -contestas, ao tempo que sacodes a cabeza, nun exercicio de tenrura infinita, para alegrar ao neto.

“No medio do inverno aprendín por fin que había en min un verán invencible” -Albert Camus.

5 comentarios en “Círculos

  1. Ese netiño de tres anos é o mellor crítico que podes ter, Marina. Eu tamén te vexo como te mira el, nunca me imaxinei que tiveras esa idade. Felicidades.
    De todos xeitos, aínda que sexa por imperativo físico, non deixes nunca de hidratarte por dentro e por fora, á pel hai que darlle o seu alimento. A pereza ademáis de ser un Pecado Capital é un pecado de desorde.
    Biquiños palmeiráns.

  2. Uso crema para hidratar por imperativo físico. Sequedade. E máis nada. Encántame a xente que se arregla, de verdade, pero non teño esa calidade. Non creo que sexa pereza. É algo interno. Bicos, Naty

  3. Eu teño o meu propio Greco. O neno mírame como se tivera a avoa máis guapa do mundo. Mentres dure fareille máis caso aos seus tres anos que aos meus sesenta e dous. Bicos, Magdalena.

  4. Marina, como bien dijo nuestra querida comentarista: “Real como la vida misma”. Por eso por muchos ungüentos, cremas y demás artilugios que las industrias de la cosmética nos ofrecen, por todos los medios habidos y por haber… Los años están ahí y no perdonan.- Nos queda la cirugía, pero ya vemos los resultados de algunas cuando se someten a este tipo de arreglos. Me refiero a sus bocas.- Y los resultados están ahí: Déixanche cuns beizos que parecen un par de “chourizos”, por poñer un exemplo.

    A mí, aunque por humor he tratado de disimularlo en mi comentario de ayer… Hoy no tuve más remedio que “claudicar” y rendirme ante la evidencia de tu “aplastante” narrativa sobre los estragos o secuelas que la edad no deja.- Y pongo la mía como ejemplo: Ya todo se NOTA, ya nada se TAPA

    A pesar de todo, como siempre, he disfrutado con lo que escribes.
    Un abrazo desde Palmeira.

  5. Bos días, Marina:

    Real coma a vida mesma !!

    Quen poidera ter unha variña máxica para tocar con ela á xente, para que nos viran igual que o Greco vía aos persoaxes que pintaba.

    O outro día lín que Ovidio daba consellos sobre como preparar cosméticos femininos porque era partidario de realzar a beleza da muller. Gustáballe o “arte de amar” pero empregando en nos a “metamorfosis” con que nos transforma a cosmética.

    Como di o dito “Que modificar la cara importa, que el espejo no hay por qué”.

    Un gustazo coma sempre lerte, Marina.
    Moitos biquiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *