Conversas de escaparate. Todo se andará

9459.tmpFidel Vidal. -Gustouche o meu pai?

-Gustou, e moito. Ten ese aquel de home reservado…

-Sen reservas. Tamén ti lle gustaches a el.

-Como lle gustou a xarda asada da cea de onte.

-Non sexas irónica. Estou dicindo a verdade. Non é que mo dixese expresamente pero noteillo na cara. A meu pai nótaselle deseguido cando alguén lle cae ben.

-Sempre se che deu a larica amábel.

-Espelida de máis para lle quentar os miolos a calquera.

-En especial a unha necesitada de amor coma min.

-Vouche confesar algo que non debería.

-Se non deberías non o fagas. Nunca me chistaron as confesións.

-Meu pai propúxome artellar unha cita contigo. Como quen non quere a cousa deixou caer se podería convidarche a cear.

-Outra vez xardas asadas?

-De feito tremelicoulle a boca cando mo dixo. El nunca foi amigo de intermediarios e menos que a súa filla oficiase de celestina.

ED1B.tmp-Celeste fina. Iso es ti; unha fina celestial. Menos andrómenas e poñámonos serias.

-Gústache ou non papá? Cando chegue á casa, que lle digo? Porque vai preguntar.

-Que me fun de viaxe.

-A min non me importaría ter unha madrasta nova e, ademais, amiga e compañeira de exposición.

-Tampouco a min. Pero o teu pai é demasiado novo para ser viúvo.

-Ti tranquila. Todo se andará.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. Todo se andará

  1. Bos días, querido Fidel:

    Da gusto que despois dun bo almorzo nos fagan rir.

    Non sei si te acordarás de Antonio de Lara Gavilán, coñecido por “Tono”. Eu oíao moito na radio mentres bordaba. Un día contou un chiste que si mal non recordo era así ” –
    ¿Qué le busque un taxi? ¡ Caballero, yo soy un almirante !
    – Pues entonces, búsqueme un acorazado !

    Con Tono, eu ríame a máis non poder. Póis contigo, Fidel, pásame o mesmo. Ese xogo de palabras que empregas é dun coñecemento ou razoamento asombroso.

    Eres un bo escaparatista, segue vestindo ás mozas que están tras o vidro.

    Moitos castos biquiños, querido Fidel.

    Hoxe vou a deixarte un palíndromo que me fixo romper a cabeza.

    EROS Y ONÁN, en pleno desenfreno concibieron a un gallego.
    Se xogas cas letras de EROS- ONÁN, aparece “ORENSANO”.

    Ainda que non cho dixera, co xogador de vocablos que ti eres, estou segura de que o acertarías. Outro día fágote traballar un pouco.

    1. Si que me lembro de Tono, pero non sabía o seu nome; manexaba de forma maxistral, como todo ese grupo, o diálogo do absurdo, o máis cordo e san de toda fala.
      Non me fagas traballar, Magdalena do Brañal, bastante teño co que me marco cada día. Recibe unha forte e cast(r)a aperta. Desta vez non hai biquiños.

      ES NERO E DE ORENSE, con EUfOrIA.
      Mais os de Orense, en realidade e maiormente, veñen ser de Ourense.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *