Orgósolo, un abeiro de Arte e Creatividade

orgoXerardo AgraFoxo. As terras montesías do interior, onde se acubillan as historias e os misterios dun pobo milenario, semellan un calco da «España vacía». A carón de menhires antropomorfos e «nuragas» habitados até o século X a. C., existen castelos fortificados, coma o de Burgos onde comezou a conquista catalá da illa, outeiros de faldras abruptas, fragas mestas e casais perdidos nas montañas. Son terras afastadas da beiramar e baleiras de cativos, eidos de xentes curtidas polo sol e o vento, pero onde se cultivan améndoas, se produce o queixo «picorino» con leite de ovella e os viñedos dan caldos de fortes recendos. Tamén son o berce de alfombras rechamantes, festas relixiosas onde se entoan cancións no dialecto local e se atopan as maiores fragas de aciñeiras de Europa.

Unha vila destaca con luz propia nesta áspera rexión: Orgósolo. Ela sobresae polos seus murais con temas de contido social e político acentuados cunha creatividade con acenos reivindicativos. Todos adornan as casas e as rochas desta localidade, un niño de aguias ocupado noutro tempo por pastores que, tal como se puido ver na película Banditi a Orgóslo, de Vittorio de Sica, loitaron dende os cumios máis bicudos para conservar, ante o menosprezo e o desleixo de Roma, as súas terras e ancestrais  tradicións.

Un comentario en “Orgósolo, un abeiro de Arte e Creatividade

  1. Acabo de mirar donde está Orgósolo e polo que acabo de ler é un dos pobos máis perigosos do mundo. Indo ti, non o dudo que o sexa.

    Unha aperta, Xerardo.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>