Fidel Vidal. -Eramos unha parella ben levada. Das poucas que aínda quedabamos.
-Unha moza que non a merecías.
-O malo foi o paro. Ela non soportaba o meu malhumor nin a miña preguiza.
-No paro aínda seguimos, Sen dar un paso, e diso vivimos, se isto é vivir.
-O peor de me ver sen traballo era o tempo libre. Demasiadas horas para enredar co móbil.
-Anda que eu… Comportácheste moi mal con ela, colega.
-Enleeime con outra. Unha separada tan aburrida coma min.
-Que tal estaba?
-Estaba.
-Namorácheste?
-Eu seguía e sigo namorado da miña muller. Unha relación verdadeira.
-Cachouvos?
-Non sei como, pero soubo do miña infidelidade.
-Do teu pecado de adulterio. De hoxe en diante vouche chamar adúltero.
-O que ti queiras.
-Grazas á separada atopei este posto que dubido en se lle chamar de traballo.
-Paréceche pouco esforzo, chova ou vente, permanecer de pé sen mover un dedo?
-Un bo día, un mal día, ao chegar á casa atopei a maleta e unhas caixas de cartón coas miñas pertenzas. Soamente dixo: “Recolle todo e vaite”.
-Sen máis?
-A súa cara ben expresaba a decisión que tomara. Acabouse, pensei.
-Pero agora arrepentícheste e saberá da túa posición actual.
-Desde hai dous meses non deixo de a chamar. Tiven unha mala hora, un erro do que me arrepinto profundamente.
-Ao mellor cando chamas está na ducha ou ten o teléfono sen batería.
-Demasiada coincidencia, penso eu.
-Ou desconectado, e todo por culpa do teu mal carácter más que do engano. Que lle vas dicir?
-Que é unha mágoa chimpar no lixo unha relación tan fermosa.
-O lixo es ti, compañeiro.
Seguimos en dèbeda. Castiños biquiños.
Bos días, querido Fidel:
Como hoxe é xoves e a escola me está esperando, só unas letriñas para dicirlle ao do escaparate, que a Onan tamén lle gustaba abonar os campos alleos, e iso ten as suas consecuencias.
O outro día, facendo o crucigrama de Fortuni había unha das preguntas que non me salía nin a tiros, era esta: “Limpio de polvo y paja”. Despóis de romper a cabeza saleume esta resposta tan de caixón: “CASTO”.
Moitos “Castos” biquiños palmeiráns.
Marcho, que se me fai tarde. Déboche outro anagrama.