Conversas de escaparate. Lixo

E8E5.tmpFidel Vidal. -Eramos unha parella ben levada. Das poucas que aínda quedabamos.

-Unha moza que non a merecías.

-O malo foi o paro. Ela non soportaba o meu malhumor nin a miña preguiza.

-No paro aínda seguimos, Sen dar un paso, e diso vivimos, se isto é vivir.

-O peor de me ver sen traballo era o tempo libre. Demasiadas horas para enredar co móbil.

-Anda que eu… Comportácheste moi mal con ela, colega.

-Enleeime con outra. Unha separada tan aburrida coma min.

-Que tal estaba?

-Estaba.

-Namorácheste?

-Eu seguía e sigo namorado da miña muller. Unha relación verdadeira.

-Cachouvos?

-Non sei como, pero soubo do miña infidelidade.

-Do teu pecado de adulterio. De hoxe en diante vouche chamar adúltero.

-O que ti queiras.

-Grazas á separada atopei este posto que dubido en se lle chamar de traballo.

-Paréceche pouco esforzo, chova ou vente, permanecer de pé sen mover un dedo?

3B4D.tmp-Un bo día, un mal día, ao chegar á casa atopei a maleta e unhas caixas de cartón coas miñas pertenzas. Soamente dixo: “Recolle todo e vaite”.

-Sen máis?

-A súa cara ben expresaba a decisión que tomara. Acabouse, pensei.

-Pero agora arrepentícheste e saberá da túa posición actual.

-Desde hai dous meses non deixo de a chamar. Tiven unha mala hora, un erro do que me arrepinto profundamente.

-Ao mellor cando chamas está na ducha ou ten o teléfono sen batería.

-Demasiada coincidencia, penso eu.

-Ou desconectado, e todo por culpa do teu mal carácter más que do engano. Que lle vas dicir?

-Que é unha mágoa chimpar no lixo unha relación tan fermosa.

-O lixo es ti, compañeiro.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. Lixo

  1. Bos días, querido Fidel:
    Como hoxe é xoves e a escola me está esperando, só unas letriñas para dicirlle ao do escaparate, que a Onan tamén lle gustaba abonar os campos alleos, e iso ten as suas consecuencias.
    O outro día, facendo o crucigrama de Fortuni había unha das preguntas que non me salía nin a tiros, era esta: “Limpio de polvo y paja”. Despóis de romper a cabeza saleume esta resposta tan de caixón: “CASTO”.

    Moitos “Castos” biquiños palmeiráns.

    Marcho, que se me fai tarde. Déboche outro anagrama.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *