Un anxo

32782822-alas-del-ángel-y-un-halo-aislado-en-blanco-Mauricia Ces Quintáns. Hai bastantes anos, bastantes. Daquela as oficinas estaban arriba. Tres mesas á esquerda a todo o longo e unha cara ao fondo, ao lado da ventá. Non sei o que demandaba a rapaza, non é importante. En realidade, non é nada importante, nada extraordinario. Iso, precisamente, é o extraordinario. Eu, na mesa primeira, á esquerda, entrando, ao lado da parede. Os compañeiros ao seu. Mentres a atendía, entrou Iago. Outro compañeiro.

Só o tempo de que baixara as escadas, polo recato, e comenteino. Eles non a viran, ou non se fixaron. Pero si Iago. El tamén o percibiu. Tiña algo. Algo indefinible: karma, aura. A rapaza, non sei que anos tería, poñamos da miña idade, feituca. Sen destacar. Pelo cor do trigo, cara redonda. Nin alta nin baixa, tirando a pequeneira. Algo tan simple, menos a súa simple presencia. Unha presencia extraordinaria. Fóra do normal. O halo que circundaba a súa persoa podía case palparse. Minto, non era halo, era a súa propia persoa a que emanaba unha vibración invisible de calma, de quietude. A que transmitía esa intensa sensación de harmonía e placidez. Paz. Era a súa cara. Pensei nunha santa. Ou nun anxo. Iago e mais eu, aínda nos acordamos.

3 comentarios en “Un anxo

  1. Disque unha vez, cando Adán e Eva aínda estaban no Paraíso comendo de gorra, el, chistando chamouna así: – “Psschis, oye tú”.
    E Eva preguntou – ¿ Es a mí ?

    Eu tamén che pregunto, Esa esponxosa a reventar, son eu?

    Si así é, moitas grazas, querida Mauri.
    Moitos, moitos biquiños.

  2. Sabes no que pensei ao ler a túa entrada ?en John Wayne.
    Seguro que estás pensando que eu estou mesturando fabas con castañas, pero non.
    John Wayne tamén tiña esa aura coma a da rapaza do pelo color do trigo. Jonh, sobre o cabalo dirixíndose a Sonora, tiña esa virtude que o facía diferente. Hai xente así.

    Mauri, eu só estiven contigo en unha ocasión, e foi un pracer, bueno, mellor pluralizo, póis estabades ti e Marina, e a miña sensación foi tan agradable como cando vía a Juan montado no cabalo indo para Sonora.

    É unha satisfacción verte aparecer pola Cafetería.
    Biquiños palmeiráns.

    1. Claro que ten aura John Wayne, o noso, e tamén o seu cabalo (hai cabalos así). En serio e en broma. Estou por dicir que non matou a ninguén na súa longa carreira vaqueiril. Algún indio que pedía guerra. Coma ti. Pero a túa é trifásica. Unha santítima trinidade, un “avelibre”. Unha nova caste de paxaro.

      Pero sobre todo, es Madalena. A nosa madalena caseira, esponxosa a rebentar, que cada mañá sae pelando do forno, no seu punto de doce e sal, para gorecer de “saborduría” o noso café.

      A min góstanme as mesturas. As palabras móbiles. As palabras intenpestivas e torrenciais. As palabras enigma e sorpresa. E as outras. Só hai que sintonizar a mesma frecuencia. O mellor é cando non se colle. E despois si. Estoupa. Digo que me gostan, non que saiba funcionar con elas.

      Góstanme as castañas e as fabas. E as túas palabras.

      Apertas, Magdalena.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>