Evelina. Ano 1950

EXTASIS-SEXUAL-ORGASMO-MUJERES-ARTE-EROTICA-PINTURA-CUADROS-RETRATOS-ERNEST DESCALS-Marina Losada Vicente. Agradecía estar viúva. De ser o que estaba pensando, cousa como ela!, o home entraría en cólera. Nin sequera estaba segura do que significaba aquilo que se escoitaba dentro do cuarto da rapaza, cando se retiraba a descansar. Sentía un abismo baixo os pés só de pensar en tratar certas cousas coa filla. Encomendoulle o labor a unha veciña, á que moitas veces, no lavadoiro comunal, sentira gabarse, e non por soberbia nin por sobrada, das “marabillas” que o seu home facía con ela, tantas que tiña que poñer a man na boca para que os fillos non a sentiran berrar.

Non tiña claro, díxolle, de ser o que ela se maliciaba, que eses xemidos gozosos, que traspasaban a porta da alcoba, se deran en outras mulleres ou se, ao ser a súa filla xorda, e como consecuencia ter perdida a fala, puideran producirse así na súa rapaza pola atrofia que sufrían unhas cordas vocais sas sen apenas uso.

A veciña acudiu puntual a escoitar á moza cando parecía que se daba pracer sexual, coa porta pechada, na intimidade que requiren certas actividades,… máis coa resonancia das paredes  encaladas. Díxolle que si. A veciña díxolle que si a unha nai desconcertada. O gozo era así. Non había nada de raro na rapaza, agás a falta de recato do acto, pola falta de malicia e por non saber que a estaban escoitando, pois Evelina non era consciente do volume do seu deleite. A nai pensou en pedirlle que falase coa moza, dado que se entenderían, máis tivo pena de privala de algo que lle pareceu incrible, máxico. Recordou as humidades que sentira algunhas veces, as ansias silenciadas, o desánimo despois do coito. O concepto de pecado por tocar o propio corpo. Renegou da súa vida de casada, maldicindo o home que a desposou, que lle dicía puta de se confesar insatisfeita. Estaría a tempo de saber o que era iso dun orgasmo?, matinaba, mentres retiraba da coqueta a foto da súa voda.

6 comentarios en “Evelina. Ano 1950

  1. La “novela” de Lampedusa. Me está ocurriendo lo mismo que a Magdalena con el ordenador y es desesperante perder a cada rato el hilo de lo que escribes.

  2. Muchas veces la respuesta de la mujer en el acto amoroso se veía reprimida por la cuestión religiosa. En la película de Lampedusa “EL gatopardo” -y después en la película de Visconti- queda bien reflejada la cuestión. Un abrazo.

    1. De ter estatísticas, quedariamos asombradas de cantas mulleres pasaron polo matrimonio sen saber o que era un orgasmo. Das que eu sei, a foto segue na mesiña ou na coqueta, mesmo no comedor. Saúdos, Magdalena.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *