Conversas de escaparate. Alento

5620.tmpFidel Vidal. -Non me importaría vivir neste lugar para sempre.

-Contamos con mellores vistas que na xoiería da esquina.

-Tampouco estaría mal verse rodeado de reloxos, diamantes, perlas, pulseiras, pendentes, aneis…

-Os tiros que se escoitaron onte viñan de alí.

-Talvez negocios especulativos.

-Ou un noivo celoso cargado de licor café.

-Xa podía convidarnos.

-Si, home, si, a un bocata. Convidarche a ti e á familia.

-E de paso contar coa policía, os avogados, executivos e empresarios.

-E as nenas?

-As nenas despois de faceren a primeira comuñón vestidas de noivas.

-A isto, e refírome ao noso, chámaselle comunicación harmónica.

-A mesma que hai entre nai e filla.

-Cando a filla non é unha carga.

-Eu falo e ti calas.

-Eu propoño e ti obedeces.

C4AA.tmp-E coa moza a meterlle man co vello truco de comprobar se ten cóchegas.

-Cargado dun bocoi de licor café coma o celoso da xoiería.

-Mesmamente, un borracho sen proxectos na vida.

-Nesta vida non é necesario marcarse ningunha meta, digo eu.

-A vida hai que vivila, colega.

-A vida, miña prenda, hai que bebela.

-Pois adiante coa música. Comamos e bebamos porque mañá morreremos.

-Mais non te esquezas de alentar, meu ben.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. Alento

  1. Bos días, Fidel:

    Ten razón o que di :”Comamos e bebamos porque mañá morreremos”. E o licor café gorenta que da gusto. Qué mellor morte que a producida por vocación?
    Polo menos sexamos felices a medias que disque é a felicidade terrena.

    Descoñecía ese truco de meter man para comprobar se as mozas teñen Cóchegas. Sabes como lle chamámos aquí en Palmeira as cóchegas? “jabuchas” e se non estou enganada é no único lugar de galicia que se coñecen por ese nome.

    Encantada de ver a eses dous efebos lucindo tan ben nese RECODO con DECORO.

    Moitos castos biquiños

    1. Quer dicir, amiga do Brañal, que os palmeiráns son jabucheiros, artistas para facer rir mediante jabuchas? Un meu vello amigo preguntoulle a outro se coa moza que saía se metían man. Ao que respondeu, inocente, que non, pero…, despois da pausa e unha mirada de pillo, engadiu: “tropezamos moito”, Louvados sexan os tropezos de amor, os cóbados desviados e o sorriso aberto!
      TASCAS e CASTAS apertas. Os biquiños outro día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *