Caldo de lentellas

Sopa-de-lentejas-1Mauricia Ces Quintáns. — Pon a ola ao lume e bótalle a carne que está na bañeira! – Tres ósos descarnados.

— Cal ola? A grande, a pequena ou a mediana? Se somos as dúas porei a pequena, non? – Non quero que sobre moito para as galiñas. Non polas galiñas. Porque estará tres días deambulando á espera da fame das galiñas.

— Como vai ser a pequena! – Botará conta de que puidera sumarse algún invitado, moi posible. Pero é a maneira dar comezo aos desacordos que tarde ou cedo desembocarán en conflito. Ademais, é certo, polo principio de Arquímedes pode desaloxar, e sen el, pode botar por fóra cando se lle engadan as patacas, moitas patacas e a verdura.

—Botácheslle lentellas á ola? Pero muller, que aínda non saibas facer unha ola de caldo aos teus anos… – Seguín as instrucións ao pé da letra. O certo é que non lle botei nin o unto. Nin nel pensei. Afeita a recibir ordes, omitín calquera asexo de iniciativa ou creatividade. Prodúceme ansiedade a dúbida culpable de se debera mover o índice ou o mamiño. Outra cousa non haberá, pero non falta o unto. En varias neveiras e no conxelador. Pode facerse xeado de unto, polo ou xeado de unto ao corte. Nin nas lentellas. Non mo dixo. Daquela, non sabía se ía ser a súa ola de caldo ou a miña.

—Non se che pode dicir nada, enseguida te alporizas… – A pesar da miña atracción pola fatalidade dos abismos desisto do imponderable e retomo os labores do fogar interrompidos. Cando remate darei unha volta, non sei onde, pero a algún sitio. Se cadra, cando volva, estará para servilo.

 

5 comentarios en “Caldo de lentellas

  1. Mauricia:
    Morriña dese “caldo” e moitas outras viandas.
    Sobre todo, cuando esos estupendos manjares las plasmáis en una bella fotografía. Es como si la imaginación me volara, y ese aroma entrase por todos los poros de mi cuerpo, cuando una no puede disfrutar de esos, ni otros menús. Por eso se me hace más duro y “morriñento”.
    A muchas personas les ha “caído la china”, como se suele decir. Y a mí “me cayó la china” y toda su parentela, en ese sentido.
    Te agradezco tu amable respuesta Mauri.
    Disfruta del puente de difuntos.
    Un beso.

  2. Mauricia:
    Donde se ponga un “cheiriño”
    de una buena empanada y un buen caldiño, con un poco de unto para que le de ese punto, ese toque final… Lambo con pracer aínda que só o cheira.
    Me gustó lo que has escrito.

    1. Semella que tés morriña, Naty. Mandábacho eu…
      E non só o cheiriño, tamén contan as talladas, pois (Magdalena/Fidel) cómese polos ollos e cos ollos, ás veces máis da conta. Mágoa que as cataratas nos velen a vista. Ata polos ouvidos, cando sentes bater os testos na cociña e a saliva vaise preparando ante o futuro acontecemento. E se vai precedido dunha empanada de millo de berberechos coa cuncha das que se fan en Rianxo, mellor que mellor…
      Unha aperta grande, Naty. Encantada.

  3. O caldiño neste tempo é gloria bendita!
    Ainda non empecei a facelo, haberá que ir mercando o unto porque ese é un dos ingredredientes que lle da ese cheiriño á casa cando o estás cociñando, e como dí Fidel: “As pegadas da vista son efémeras, non as do olfato”. Esas invítanche a comer a papos cheos.
    É un pracer ler sempre as túas entradas, querida Mauri.
    Moitos biquiños desde Palmeira.

    1. E co que vai chover… anda lixeira.
      Si, como abre o apetito… igual que o da empanada.
      Que vos preste, van sendo horas.
      Unha aperta, querida Magdalena. Bicos.

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *