Vagalume

imagesMarina Losada Vicente. -Non sei nin como contarcho, amiga. Vas rir de min… e coa cuadrilla, xa o sei, risa para un mes!

«Sentín remexer o neno, acendín a luz, e nada, durmía. Cando apaguei, vin un pequeno brillo no berce, pouco máis que un chícharo, cerca da súa cara. Un vagalume, pensei, xa sabes canta bichería entra pola ventá no verán. Prendín a lámpada e alí non había verme ningún. Apagueina, pensando se o imaxinara, e volvín ver o brillo, ou luz, que sabía eu, no mesmo sitio. Ía estender a man para coller o bicho, mais o medo de que se me escapase e caese na cara de Nando detívome. Volvín dar a luz e queres saber que xa non estaba? Nin risas nin risos, avísote!

«Deitei na miña cama o neno, despois de examinarlle a roupa e as mans, nas que apenas se adiviñaba o chupete que lle trouxo miña nai, último modelo, con non sei que novidade. Sacudín a súa manta, as sabas, busquei no peluche musical… nada. A orixe do resplandor no apareceu en ningures.

«Volvín todo ao seu estado, deitei o pequerrecho no berce, que espertou, natural! Deixando caer o chupete. Metinllo na boca, á vez que o arrolaba e quedou de novo durmido. Menos mal, tía!

«Endemoñada, porque o estaba, mirei debaixo da cama, enfocando coa lanterna do móbil, debaixo da cómoda… e mesmo no armario, que tiña unha das portas abertas.

«Caín na conta de que os vagalumes -que outra cousa ía ser- vense mellor ás escuras e quedei ao pé do berce, coa luz apagada, como se fose a raíña da escuridade que aparece nun conto do irmán, e alí estaba, na boca do neno, agora un semicírculo brillante do tamaño dunha noz!

«Ti tamén caíches, non tía, parabéns, xa o vexo na túa cara! Si, o chupete novo ten unha asa luminosa. A última novidade, dixera mamá! Ri, ri, título da película: O ataque da luminescencia artificial!

6 comentarios en “Vagalume

  1. Marina:
    Siento decirte que cuando estaba comenzando a leer tu simpática narrativa de “Vagalume”, ya presentía el final, pero no deseaba arriesgarme porque siempre nos sorprendes con los finales de tus historias; por eso seguí leyendo con interés hasta el final.
    ¡¡Estos chupetes tan modernos…!! Lo único desagradable ha sido poner la habitación del niño patas arriba buscando, de un lado a otro de la cama, la dichosa “vagalume”. Al final, el resplandor, había sido originado por la “arandela” del chupete del niño.
    Es que las abuelas siempre queremos lo último, y mejor, para nuestros nietos.
    He disfrutado con tu lectura.

    Mi recuerdo, desde Palmeira

  2. A min pasoume algo parecido, Marina. Unha noite espertei, e vin de frente unha luciña no espello do cuarto de baño. Levanteime e pechei a porta da habitación para que non entrara aquel bicho. Pola mañá fun a ver donde se atopaba ese desertor do frio do Brañal, ata que me din conta de que aquela luciña que reflectía no espello, era a do novo cepillo eléctrico de limpar os dentes.

    Un pracer sempre, Marina. Unha grande aperta.

    1. Éche como o conto da memoria… moito nos alegramos cando nos din que os demais tamén a perden… Para mín o mellor é cando son os fillos ou a filla quen se esquencen das cousas.
      Bicos, Magdalena.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>