Miguel Hernández, 2 contos

AA8.tmpFidel Vidal. Dar con esta obra causou en min fonda emoción e unha sensación de tenrura. Trátase de do libro de Miguel Hernández 2 cuentos. A editorial Palas Atenea de Madrid presentou en 1988 unha edición numerada en dous volumes, como un díptico. O primeiro vén asinado por José Carlos Rovira baixo o título Últimas ausencias para un neno (Algunhas notas a dous contos traducidos por Miguel Hernández) no que, ademais de reproducir os contos, fai unha análise comparativa coa poética de Hernández; e o segundo volume é un exemplar en edición facsímile dos “2 cuentos”, “inéditos, traducidos e ilustrados por Miguel Hernández”.

Dos cuentos para Manolillo (para cuando sepa leer), escrito nunha coidada caligrafía fai de portada antes de entrar ao texto. O primeiro conto, O poldro escuro, para ler antes de durmir, nel o poldro, cabalgando, cabalgando, vai recollendo cantas criaturas atopa polo camiño -unha nena, un can branco, unha gatiña, un esquío gris, etc-, até chegar á Gran Cidade do Soño, onde non hai pena/ nin dor! O segundo, O coelliño, é un canto á busca e á loita pola liberdade.

66F2.tmpNunha carta de decembro de 1941 dirixida a Josefina, súa esposa, desde a prisión de Alacante, Miguel Hernández dille que se fai mal día non vaia velo, “o médico díxome onte que debera esperar dous ou tres días. Pero eu quero ver o meu fillo e a miña filla e darlle ao primeiro un cabalo e un libro con dous contos que lle traducín do inglés”.

Paga a pena reproducir estas palabras de Josefina Manresa: “Ao terminar a comunicación quixo darlle el pola súa man o libro ao neno e non o deixaron, como era o seu desexo. Así dicíamo nunha tarxeta. Un garda colleullo, e pasoumo a min. Cando o cativo soubo ler, fíxeno dono do libro, pero a súa lectura facíao chorar ao acordarse do seu pai. Aí están os borróns das bágoas que calan as súas páxinas” (Recordos da viúva de Miguel Hernández, 1980).

3 comentarios en “Miguel Hernández, 2 contos

  1. Moitas grazas por preguntar, Fidel. Si, de momento todo vai ben. E outras tantas, polos estupendos anagramas. Son adicta a eles.

    Que cantos castos biquiños fan falta para deixaren de ser castos ? Cando deixe de ser MODOSA e sucumba á promiscuidade de SODOMA.

    Outro puñadiño de castos da Castro.

  2. Bos días, Fidel:

    Onte non puden lerte porque o oculista do Barbanza cargoulle a man a esas gotas amarelas que teñen a función de deixar a pupila do ollo tan redonda como cando Selene está na fase de plenilunio, e amoloume o día.

    Comezas a entrada dicindo que che causou fonda emoción o libro “Dos cuentos para Manolito” . Non tiven o pracer de ler esa obra, pero cando un poeta nos di : “Tanto dolor se agrupa en mi costado que por doler, me duele hasta el aliento ” a emoción e a tenrura, xa está asegurada.

    Ai, Fidel ! que sería das palabras sen o silencio? E da escrita sen o branco da páxina?
    Esa palabra escrita, o verbo silencioso.

    Perdoa que che roube do teu libro esas fermosísimas líneas.
    Parabéns, Fidel. “A culpa do pai” é unha xoia. Fixéchesme ler polas mañás (cousa que non acostumo a facer) porque había que ter a mente desperta.
    É unha obra IDEAL para ser LEÍDA. (se poño “lida” non me sale o anagrama, e unha faltiña máis…)

    Moitos castos biquiños.

    1. Son dous contiños traducidos do inglés polo poeta. A historia é ben triste e desoladora pero aí está. Si que é molesto andar pola vida coas pupilas dilatadas. Supoño, Magdalena, que todo iría ben no oculista.
      No caso dos ollos midriáticos a obra, de a ter LIDA, sería estilo DALI.
      Cantos castos biquiños fan falta para deixaren de ser castos?
      Apertas e saúde.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *