O xoguete de David Bowie

61d5d7121de39Gonzalo Trasbach. Seguindo o ronsel doutras grandes figuras do rock e do pop, como Bob  Dylan, Neil Young, Aerosmith, Shaquira e Bruce Sprinsteen, entre outros, os herdeiros de David Bowie acaban de vender o catálogo das súas creacións musicais por un valor de entre 230 e 250 millóns de dólares á compañía Warner. A venda confirmouse poucos días antes de que se conmemorase o quinto aniversario do pasamento do artista británico, acontecido o 10 de xaneiro de 2017, e que nacera nun barrio de Londres un 8 de xaneiro de 1947. Así pois, de estar vivo arestora cumpriría 75.

Deste xeito, o acordo entre os herdeiros do músico e Warner chegou no momento en que se celebraba o seu aniversario coa apertura de dúas tendas con merchandising do compositor británico en Londres e Nova York e tamén despois da publicación o pasado mes de novembro da colección de discos “Brilliant Adventure (1992-2001)”. De igual modo,  incluíase no acordo a publicación de “Toy”, un álbum descoñecido, pero de ningún modo póstumo, como algúns o teñen catalogado. Este traballo que agora ve a luz levaba agochado nun caixón do estudo de Bowie desde o ano 2001. E como é que se pon á venda 21 anos despois da súa gravación?

Un cancro de fígado fulminou a David Bowie cando acababa de acadar os 69 anos. Entón case ninguén agardaba o seu pasamento, pois dous días antes o cantante londiniense tiña publicado “Blackstar”. Ao contrario do que fixera coa súa anterior produción, “The Next Day”, toda unha novidade logo dunha década de completo silencio musical, este “Blackstar” tiña visto a luz coa entrega previa de dous singles, acompañados dos seus respectivos videoclips. Arriscado e experimental, o disco resultou unha sorte de fermoso e brillante epitafio. Nel fala da morte, das súas dúbidas, dos seus medos e anhelos.

Pois ben, tras este pórtico, imos intentar explicar o interrogante que deixamos aberto máis arriba. Neste senso, lembremos que o pasado 26 de novembro, Parlophone Records (Warner en España) editou por vez primeira o álbum “Toy” e fíxoo dentro da colección “Brillant Adventura”, cuxa quinta entrega está dedicada ás obras que o músico publicou entre 1992 e o 2001, entre as que se inclúen Outside, Earthing, Hour…, a banda sonora de The Buddaha of Suburbia, un concerto que ofreceu no teatro da radio BBC e un conxunto de singles e descartes.

O disco xestouse en primeiro lugar porque por aquel entón, a finais dos 90, o creador de Zyggy Stardust non andaba moi boiante que se diga en vendas, nin tampouco a súa discográfica estaba ben economicamente nin confiaba plenamente no proxecto. Neste contexto,R-3135350-1325315055.jpeg Bowie decidiu reunir a súa banda para preparar a súa participación no festival de Glastonbury do ano 2000, onde protagonizaron unha apoteósica actuación. Pero tamén para a gravación dunha Storytellers den VH1. Naquel programa, os invitados dedicáronse a facer un repaso da súa carreira sonora e foi naquel intre cando se lle alumeou a idea: E se gravamos os temas que firmei como David Jones, antes de que “Space Oddity” o cambiase todo en 1969?

 Entón, contando coa mesma banda que o acompañara en Glastonbury, gravou o disco entre xullo e outubro de 2000 en Nova York. Así pois, a materia prima do álbum consiste en novas versións de cancións que orixinalmente se editaron entre 1964 e 1971, ás que se lle quería dar nova vida e frescura. Mais polo antes dito tivo que agochar o disco nun caixón. Pero agora xa está dispoñible para os seus admiradores nunha caixa que contén tres cedés, seis vinilos e un libreto de 16 páxinas.

2 comentarios en “O xoguete de David Bowie

  1. Buenas tardes, estimada Naty. Antes de nada, gracias por tus palabras tan gratificantes. En cuanto a que el disco ha salido a la luz 21 años después de su grabación, fue debido fundamentalmente a que la compañía para la que trabajaba en aquel entonces David Bowie andaba mal en el aspecto económico y además no confiaba en el proyecto del compositor inglés, que había visto descender sus ventas en la década de los noventa. Creo que esto llevó a Bowie a esconder el álbum en un cajón. Que pases un buen día y fin de semana.

  2. Gonzalo:
    Has hecho una magnífica entrada sobre la historia musical de este gran músico, cantante y compositor, David Bowie. Al parecer, fue considerado uno de los músicos más influyentes del siglo XX, sobre todo por su trabajo en los 70. En su biografía también estaba considerado un “multinstrumentista! porque, al parecer, tocaba cierto número de instrumentos diferentes.
    Termino, buscando en el cajón o baúl de los recuerdos. Y, al final, encontré lo que buscaba.- Era el “juguete” (Toy) de David Bowie.
    Lo que desconozco es como se puso a la venta, después de 21 años de su grabación. Se conoce que todavía estaba en perfecto estado.
    Lo bueno es que sus seguidores ya pueden escuchar el disco “perdido” de David Bowie. (“Toy”)
    Lo dicho Gonzalo: Me encantó tu entrada.

    Un cordial saludo.

Deixa una resposta a Gonzalo Trasbach Paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *