Frangullas de beleza eterna

FELIZ 2022X. Ricardo Losada. Mando todos os anos unha felicitación de ano novo. Escollo unha das fotos que teño no móbil, e engádolle coa aplicación Paint unha cita que me guste e un desexo relacionado con esa cita. Non tardo máis de dez minutos en completar toda a operación pois fágoa dunha forma espontánea e nada meditada, divertida para min, iso si, e, como os nenos, sen preocuparme por se o resultado final é ou non fermoso, xa que, como Sócrates, estou convencido que unha cousa é fermosa se cumpre ben a función que define a súa esencia. De feito, cando lle dicían que tiña unha nariz fea porque era moi grande, el contestaba que, ao contrario, por ser tan grande era máis fermosa, pois cumpría mellor a súa función, xa que inspiraba máis aire. A miña felicitación tamén é fermosa nese sentido. Poña o que poña, todo o mundo entende que estou felicitando o novo ano e, sen non entenden a frase que escollo, pouco importa. Se non hai nada máis feo para expresar un sentimento que un tópico, quizais unha frase que non entendas sexa é o summun da beleza.

Outra cousa é que quen reciba a felicitación poida pensar que quen a manda é un pedante. Ten todo o dereito do mundo, pero non me preocupa moito. Xa digo. Escólloa, coa soberbia aristocrática dun neno, porque a min me fai graza. Foi o que me pasou este ano. Escollín unha foto da casa de Rafael Dieste iluminada de azul e coa imaxe de Dieste e Carmen Muñoz nunha das portas (resultado dun acto de promoción cultural e turística que programou o concello o pasado verán) e, sobre a fachada, escribín unha frase de Platón, un filósofo que lle gustaba moito ao autor rianxeiro, e co que tiña moitas afinidades intelectuais: O tempo é unha imaxe móbil da eternidade, frase á que eu lle engadín, como desexo para o ano novo, Tamén 2022, pois iso é a felicidade terreal para Platón, para Dieste e para min: momentos fugaces que vives como eternos.

Aínda así, non vou dicir que esa frase de Platón sexa fácil de entender. Pero si direi que é moi sorprendente que non a entendan persoas que foron educadas no catolicismo. A única razón posible é que non entendan ben os conceptos de tempo e eternidade (imaxe e móbil non deberan presentar dificultade ningunha). Permitide, xa que logo, que traduza a frase, coa esperanza de facela máis dixerible, a terminoloxía católica: Xesús andando é unha imaxe móbil de Deus. Creo que así debera entenderse. Deus, por ser eterno, non pode andar, pois na eternidade non hai tempo nin espazo. Xesús, si, pois el viviu nun lugar e nun tempo. Pero como Xesús (misterio da encarnación) é Deus, Xesús é a imaxe móbil dun Deus inmóbil.

10 comentarios en “Frangullas de beleza eterna

  1. Profesor:
    Como colofón te diré que tienes razón. No solo son los jóvenes.
    De los políticos no digo nada porque, como bien dices, perdería el sentido del humor. Últimamente, ante lo que estoy viendo, hablar de política me pone del hígado.
    Sin otro particular, un cordial saludo.

  2. Prezada Naty:

    Eu creo nas formas e na boa educación. Por iso non me gustan as redes sociais ou, como alguén dixo con lucidez, as redes fecais. Con iso queda todo dito. O que non teño nada claro é que só sexan os mozos. Mira os políticos. Imaxínaos opinando con seudónimo. Non. NOn o imaxines. Poderías perder o sentido do humor.

    Oxalá as persoas que mo merecen saiban que lles estou agradecido!

    Un saúdo!

  3. Apreciado profesor:
    No es mi deseo forzarte a responderme a mi nueva entrada. Intento solamente decirte que, lo de la alopecia, obedece a la poca edad que en aquel entonces teníamos. Nos creábamos mentalmente ilusiones y fantasías que, recordándolas, me da la risa.
    Lo que realmente me entristece, es todo lo que sale por las redes sociales. La gramática, la ortografía y la mala educación, brillan por su ausencia.
    La juventud entre las redes sociales y el móvil; apenas dialogan.
    En una ocasión, me fui a una de esa redes y cuando me encontré todo lo que había por allí… , sentí vergüenza ajena. Fue entonces cuando me dije: yo ya enseñé a mis hijas. No vengo aquí para enseñar, ni corregir a nadie. Y me retiré. Te hablo de hace bastantes años.
    Tener cierto sentido del humor, me hace sentir mejor. Yo creo que no se adquiere sino que nace con una o se hereda. Mi padre era un hombre muy educado y culto, pero con mucho sentido del humor.
    Que se agradezca a quienes hacen un comentario sobre vuestros magníficos artículos es de personas agradecidas. Considero que es un signo de buena educación.
    Y esto es todo profesor.
    Mi recuerdo sincero.

  4. Prezada Naty:

    Alédame moito esa reivindicación da alopecia. Pero supoño que me aledaría máis antes da pandemia. O confinamento tróuxome a sorpresa de que tiña máis pelo do que cría. E non é unha ilusión. A muller tamén o notou.

    A idade é un tema máis delicado que o tamaño do nariz, a cantidade de pelo ou a estatura. Simplemente agardo poder seguir dicindo: “Aínda teño 60” (ou o que lle toque) e non “Xa teño 60”. Ata o de agora conseguino.

    O mesmo pasa co humor. É innegociable. Os filósofos levan séculos buscando a esencia humana, aquilo que nos diferenza do resto das especies. Eu téñoo claro. O humor.

    Se as redes sociais, tanto reais como virtuais, se baseasen no aprecio e no interese, outro galo cantaría…Ante iso, a gramática e a ortografía son secundarios.

    Eu tamén sinto a mesma desolación con ese “Deixa un comentario”. Pero dígoo, primeiro de todo, como autocrítica, pois tampouco participo moito máis alá de contestar os comentarios aos meus textos. Sería socioloxicamente moi interesante saber as razóns.

    Máis agradecidas apertas!

  5. Profesor:
    Mis disculpas por mi desordenado texto. Una coma, en el lugar que no le corresponde, puede desvirtuar un texto. Me di cuenta, en uno de los párrafos, después de enviado. ¡¡Cuánto echo de menos a Magdalena!! Me metí donde no debía, para llenar algún hueco, por lo desangelada y solitaria que vi la Cafetería sin la intervención de sus estupendos comentarios. Lo notaba, sobre todo, cuando leía: “Deixa o teu comentario” y no había respuestas a vuestras magníficas entradas. Lo siento, pero en mi intento de tapar huecos… Me estoy cargando la RAE.

  6. Apreciado profesor:

    Por supuesto que una “narizota”, puede afear un bello rostro; tanto en una mujer como en un hombre.
    Me agrada hayas pasado al tema de la calvicie porque por esa zona de nuestra anatomía, dispongo de un buen material para soltarte un nuevo rollo. Discúlpame.

    En mi juventud, siempre me gustaron los chicos altos. Con decirte que ya podía ser un Onassis, venir cargado de oro; que si era bajito, conmigo no tenía porvenir. A mi hermana le pasaba lo mismo. Y eso que, en aquel entonces, el kilo de varón andaba muy caro. Todavía hoy, y a mi edad, sigo pensando lo mismo. Claro que con menos exigencias, ya que al entrar en años, una no puede pedir un hombre, tanto de alto como de ancho como si de un mueble, a la medida, se tratase. Por eso, al perder la fuerza, la imagen de la juventud, opté por inclinarme por los calvos; pero altos, antes de uno bajo con una hermosa cabellera. También es cierto, que debe tener una calva mona, no “achaparrada”.
    Sí, parece que los calvos están pegando fuerte. Quisiera confesar que no tengo nada en contra de los bajitos. Solo es cuestión de estatura por mi parte, ya que soy una persona tirando a alta.

    Desde luego que el “estatus económico” es importante. No da la felicidad, pero ayuda mucho. La prueba de ello está, en que muchas de las desavenencias familiares, suelen ser por la falta de medios económicos.. Triste, pero es así.

    Respecto a algunos “cregos”, podría contarte muchas cosas que me han decepcionado. Y ya no es preguntarle por el significado del Espíritu Santo, sino por otros motivos, pero también es cierto que no debemos medir a todos con la misma vara. Los hay mejores.

    Por cierto, me encantaría encontrarme un día contigo y charlar sobre estos temas.- Y respecto a la edad que tendría en la eternidad te diré que sería la “nena”, a juzgar porque siempre, aparenté menos edad. Eso dicen las malas lenguas, y llego a pensar que puede ser cierto. Mentalmente, vistiendo y caminado…, no me siento una mujer jubilada, por eso no creo que, en el más allá, siga envejeciendo más. (me río)

    Para mí, los momentos fugaces, llegada a esta edad, los resumo así: el día, me parece una hora, el mes una semana, y un año un mes. Tal vez ahora, lo entiendas mejor. Es una manera muy peculiar, por mi parte, de indicar que cada día, me acerco más hacia la recta final; por eso intento llenar mi vida de bellos momentos si ello es posible. Seria, pero con sentido del humor.

    Entendí tu texto, no te preocupes. Y te respondo con aprecio e interés. Tú puedes hacerlo, cuando puedas o quieras.

    Mi recuerdo sincero desde Palmeira.

  7. Prezada Naty:

    Eu tamén creo que un nariz prominente pode afear un bo rostro. O único que digo é que non ten que afealo necesariamente. E que os gustos dependen de moitos factores. Por non perderme en disquisicións… Eu aínda recordo a época en que ser calvo afeaba moito un bo rostro e como, case dun día para outro, algunhas amigas comezaron a dicir que os rapados a cero tiñan un gran atractivo. E, efectivamente, tíñano.
    Hoxe ámase máis, sobre todo, o status económico. Tristemente, é así.

    Só coñecín un crego con esas características. Pero paréceme un bo perfil o que propós.

    Sempre digo que respecto, mesmo envexo, a fe sincera. No meu texto, non me referín a iso en ningún momento. Só me preguntaba que entendes por Espírito Santo no sentido de que, supoño, cando llle escoitas esa palabra a un crego non lle dis “Que difícil de entender”. Eu si o digo.

    Comprendo a túa visión sobre a eternidade. Pero non entendo que significa para ti e, a pesar diso, son capaz de falar contigo sobre ela. Non sempre hai que telo todo claro. Por iso non che pregunto que idade terías na eternidade (nena, adulta, maior?), se seguirías envellecendo, se…

    Momentos fugaces que vives como eternos. Se entendo ben o que dis, creo que estás lendo a frase nun sentido estraño, como se eu dixese que o feito de que sexan fugaces implica que os viva como eternos. De aí que digas que, se a dor é fugaz, tamén será eterna. Ese non é o sentido da frase. É que cando vives un momento fugaz, como todos os que os humanos temos na terra, e es capaz de divisar nel algo moi intenso e inexplicable, como cando escoitas unha sinfonía que che gusta, es feliz, e gustaríache que ese momento non rematase nunca. Iso, por suposto, non pasa cos momentos dolorosos.

    Sinceramente, sigo sen captar que foi o que non entendiches do meu texto.

    Non te pasaches nada. Só me cabe agradecerche que contestes, e que contestes con interese. Se tivese miles de comentaristas, non podería contestarche así. Pero, mentres tanto…

    Unha moi forte aperta!!!

  8. Apreciado profesor:
    Me hizo mucha ilusión recibir tu respuesta porque me has contestado de una manera muy didáctica y, por tanto, asimilable a mis pocos conocimientos del tema. Estoy totalmente de acuerdo sobre lo que dices de algunas personas que se ponen a la defensiva cuando escuchan o asocian algo con la filosofía. Es verdad. Doy fe de ello.
    Y sigo con las narices. Creo que una nariz prominente puede afear un bello rostro, con todo lo que Sócrates pueda decir. Prueba de ello es, que las clínicas de Rinoplastia están muy solicitadas para hacerse algún que otro arreglo de las mismas; siendo las favoritas las griegas y siguiéndole las romanas, pero pienso que la mejor, es aquella con la que te sientas cómodo y feliz.
    Conozco las tendencias de cada época y tienes razón. Lo decían las abuelas que cuando les nacía un nieto con color de “leite fervida” les encantaba, pero si era moreniño le consideraban como algo raro. Sin embargo, le doy la razón a Sócrates donde nos dice que la belleza va más allá de lo físico. La prueba está en que enamoró al mozo más bello de Atenas. Y este buscaría otros encantos, como sería enamorarse de la sabiduría del griego. Sin embargo, hoy, se ama mucho más su estatus social, intelectual y, sobre todo, el económico.
    Profesor: soy Católica, Apostólica y Romana. Creo en la Santa Trinidad, en el Espíritu Santo; la Santa Iglesia Católica y la Comunión de los Santos. Me han educado así, aunque muchas veces acudan a mi mente, ciertas dudas, sobre algunos ministros de la iglesia. No generalizo, aunque déjame pensar mal. Para mí, un sacerdote, debe reunir estos requisitos: ser capaz de relacionarse con todo tipo de gente; todas las circunstancias, compasión y sensibilidad. Y para finalizar, que sea paciente, digno de confianza y discreto entre otras cosas.
    El concepto de la eternidad querido profesor son palabras mayores. Con esto quiero decirte que muchos católicos, respecto a ella, tengamos nuestras dudas. Sin embargo, desde mis rudimentarios conocimientos, entiendo que la ETERNIDAD tiene solo dos versiones: con DIOS o sin DIOS. Vida ETERNA o muerte ETERNA. Junto a DIOS, o separado de Él eternamente. Desde mis dudas y conocimientos, no entiendo otra vida sin ÉL.
    Mi posdata se refería a la frase de: “O tempo é unha imaxe móbil da eternidade” y que tú añadías: “momentos fugaces que vives como eternos”. Y bajo el amparo de mi pobre filosofía, le apliqué una de esas dos frases enviadas por ti.- Pienso que momentos fugaces, son aquellos en los que puedo estar disfrutando plenamente de algo, y se van fugazmente.- Luego esos que te “corroen” y que aun siendo fugaces…, los vives como eternos por el daño que te producen. ¿Me explico? Tal vez no ya que no tengo capacidad y menos conocimientos para desarrollar ciertas materias, pero si para entender lo que me echen. Sobre todo, tus magníficas entradas aunque tenga que, en ocasiones, ir al libro. Discúlpame.
    Mi agradó que mi anécdota te hiciera reír. Y, ¡por favor!, que yo no obligo a nadie a que sea más claro escribiendo. Y menos a todo un personaje Licenciado en Filosofía y Letras.
    Termino porque me he pasado cuatro calles. La culpa la ha tenido el hecho de sentirme cómoda escribiéndote.

    Mi recuerdo sincero, desde Palmeira

  9. Prezada Naty:

    Agradézoche moito que, a pesar da dificultade que che supuxo o texto, te animaras a escribirme. Non sempre hai que ter as cousas claras. É máis divertido que no noso pensamento haxa zonas de sombra e de dúbida. Só así seremos máis tolerantes.
    De todos xeitos, sobre esa dificultade direiche algunhas cousas:
    Primeira: Creo que en canto algunhas persoas escoitan ou asocian algo coa filosofía, xa se poñen un pouco á defensiva, e considera difícil o que non o é. Ti mesma consideras difícil entender como pode ser fermosa unha nariz grande. De verdade que é difícil? COmo ben sabes, houbo épocas en que se consideraba fermosa a palidez do rostro, e horroroso o moreno. Houbo épocas (e persoas na actualidade) que consideran moi feas as modelos que representan o canon actual de beleza, e que prefiren as mulleres máis “rollizas”. Con esa afirmación Sócrates o único que quería dicirnos é que a beleza vai máis alá do físico. El mesmo, era moi feo en termos convencionais, pero cando falaba aparecía fermoso para todos os que o vían, de feito namorou o mozo máis fermoso de Atenas.
    Segundo, recoñezo que o concepto de eternidade é un concepto que presenta algunhas dificultades de comprensión. Pero debo revelarme contra o feito de que se use sen comprender o seu significado, máis aínda cando é un concepto clave do catolicismo. E, cando, para máis, os católicos utilizan conceptos de gran dificultade sen ningún tipo de problema. Poñamos por caso, Trindade, Espírito Santo, Comuñón, Inmaculada Concepción… que tiveron unha enorme repercusión na historia de Occidente e nas vidas dos que fomos educados na Catequese. NIngún deses conceptos pode entenderse sen comprender ben o concepto de eternidade. Eu só pretendo axudar, modestamente, a entendelo.
    Terceiro, non temas meterte onde non te chaman. Ao contrario. Como demostras no teu texto, tes suficientes coñecementos e suficiente capacidade para entender o meu texto. Para máis, dásme a alegría de saber que alguén me le. E, por se iso fora pouco, anímasme a intentar ser máis claro, algo que os profesionais da filosofía debemos ter sempre presente. Máis aínda: fixéchesme rir con esa anécdota.
    Cuarto, agora son eu o que me queixo. Non entendín moi ben a túa posdata.
    UNha moi forte e agradecida aperta!!!!

  10. Complicado y de difícil comprensión querido profesor:
    Me refiero a que, cuando alguien nos habla en términos filosóficos…, hay que ir al libro para descifrarlo, pero también es cierto que los años nos enseñan mucho, sin necesidad de echar mano de la Enciclopedia.
    No hay mejor filosofía que la vida misma. ¡Cuánto nos enseña!
    Una tiene su idea filosófica de lo bello aunque considero que el estudio de la propia filosofía es bellísimo, pero que, en ocasiones, no abarcamos la profundidad y belleza de la misma. Por eso me cuesta creer: “como una nariz, grande y fea, pudiera ser más bella”. Todo esto, me hace recordar la anécdota de una boda.
    Resulta que la hermana del novio tenía una nariz, con perdón, que ni la de doña Rogelia. Como la relación entre ambos hermanos, no era precisamente fraternal… Nada más verla entrar por la puerta de la iglesia, dijo: “aí vén a miña irmá, que aínda non entrou na igrexa e xa ten o nariz no altar”. Confieso que la nariz era prominente, y esto no la ayudaba nada físicamente. Llegué incluso a pensar, que su soltería provenía de su aparatosa napia. Claro que no hay mal que por bien no venga. En este caso tendría sus ventajas, como bien dices, porque al ser “máis grande cumpría mellor a súa función, xa que inspiraba más aire”.
    Platón decían que equiparaba la belleza, a la verdad y la bondad, sin elevarla por encima de ellas. En un diálogo de Hipias – lo sabes mejor que yo-, el filósofo tomó en consideración, cinco definiciones de lo bello: lo conveniente, lo útil, lo que sirve para lo bueno, lo que da placer a la vista y oídos, y la grata utilidad.
    Después de estas bellísimas y filosóficas reflexiones, bien se les podría aplicar el “súmmum” de la belleza.
    Termino querido profesor, porque no debiera meterme donde no me llaman, y menos con temas de tan alto calado. Discúlpame.

    Un abrazo afectuoso, desde mi querida Palmeira

    P/D:
    Entiendo, desde mi punto de vista, que la felicidad terrenal son momentos fugaces, sobre todo, aquellos que deseas vivir ETERNAMENTE porque los consideramos mejores. Sin embargo, aquellos que no lo son…, nos parecen ETERNOS.
    Esta es mi filosofía. Lo siento.

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *