Desculpando a túa cara

pandereta-amaya-18cm-441022Marina Losada Vicente. Sentou enriba da mesa coa tranquilidade que dá vestir mallas deportivas, axustadas iso si, e moito, por non ocupar unha das poucas cadeiras libres da sala. Agardaban por ela media ducia de veciñas, con cadansúa pandeireta, é un home maior, que tomou asento, como atraído por un imán, mesmo fronte dela. Mariña pretendía recoller cantigas antigas, arraigadas na memoria do lugar. Levaba anotadas diversas letras escoitadas noutras aldeas, na procura de documentar as peculiaridades da zona.

Cada vez que Mariña sacaba unha copla para enganchar a concorrencia, así fose de igrexa, de voda ou un cantar de Reis, o vello botáballe outra de ton picante, acadando a gargallada xeral da reducida audiencia. A guinda púxoa cando as compañeiras sacaron unha canción de berce, ea, ea, meu meniño, ea, ea, meu corazón, e o vello sentenciou o final cun sonoro dáme un bico miña rula, dáme un bico de amor, ea, ea, cousa bonita, quen gozara a túa flor.

A forasteira deu en preguntar se o home estaba algo caneco ou mesmo senil. Unha das presentes, con expresión pícara na cara e no xesto, aclaroulle as dúbidas.

-Como queres que estea se lle pides que che toque a ghaita, ti coas pernas abertas e reghalándolle a perrecha, desculpando a túa cara, xusto á altura da súa! Muller, que se che debuxa enteira! Solteiro e sancristán… un neno diante dunha lamberetada!


4 comentarios en “Desculpando a túa cara

  1. Marina:
    No me extraña que, con esa “pose de piernas” y a golpe de pandereta, se sintiera ante una gran “lamberetada”. Yo diría “enchente”. ¡Jajaja! ¡Prove avó! A estas altura de la vida…, “mucho ruido y pocas nueces”.
    En ocasiones nos haces reír. En otras tenemos que hacer gala (sin presunción) de agudeza para imaginarnos que podrá pasar al final de tus historias.
    Me reí con tu “Desculpando a túa cara”.

    Mi recuerdo, desde Palmeira.

    1. Está ben ter ilusións, a mínimas que sexan. De conformarse coa “ilusión”, non hai mal algún. E como andamos refraneiras “do dito ao feito… hai un grande treito! Bicos, Naty.

  2. Calvo ou non, o home ilusionouse como un neno, imaxinando promesas onde non había nin intencións, nin sequera malicia algunha. Bicos, Magdalena.

  3. Disque a cencia, querida Marina, aínda non atopou remedio para estas dúas taras históricas do macho: a alopecia e a impotencia. Eu non sei se o vello era calvo ou se padecía a segunda enfermidade, pero lengüiña non lle faltaba.

    Unha grande aperta.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *