Montedidio, de Erri De Luca

montedidioXerardo AgraFoxo. Coñecía a Erri de Luca (1950) dende que  Muchnick Editores publicara Tú, mío (2000) unha historia ambientada á beira do mar Tirreno –entre un rapaz e un mariñeiro que lle fala da guerra– e se convertera  nun gran éxito de ventas. Os libros deste autor napolitano son nada máis saír á luz un fenómeno popular polas súas historias persuasivas. Esta novela publicada por Rinoceronte (2008), e que leva por título Montedidio, nome dun arrabalde de Nápoles, narra o encontro dun rapaz de trece anos e un vello xudeu, Rafaniello, que se refuxia no barrio e se dedica a reparar os zapatos dos pobres. E tamén xorde María, a noiva do mozo, e outros personaxes dun mundo tan sórdido que converten as retorcidas rúas deste barrio  –que aínda sofre as secuelas da guerra– nun escenario propio da Camorra.

Neste ambiente duro e opresivo, onde se mesturan a inocencia dun neno e a sabedoría dun vello maltreito, o rapaz só encontrará alivio nos fugaces encontros con María e nas conversas co zapateiro. MIDEAST-ISRAEL-ITALY-ART-DE LUCAO seu traballo cotián, como axudante dun carpinteiro, o mestre Errico, e os abusos que recibe el de don Liborio (dáme a graxa e tamén me apalpa a pirola) e a súa moza dun noxento caseiro, amosaranlle a outra faciana  dunha realidade ateigada de podremia e miseria.

A novela –traducida por Cristina González Piñeiro– está escrita con capítulos moi curtos. Apertadas páxinas que nos ofrecen a ollada inquieta e escrutadora dun rapaz:  ás veces,  triste, coma a fame e o medo que o espreitan;  outras, alegre, coma os bicos entre as trandeiras da azotea e, por primeira vez, o sexo. Así é a vida –neste caso de aprendizaxe e maduración– nun barrio onde hai que loitar arreo para sobrevivir.

Un comentario en “Montedidio, de Erri De Luca

  1. A recomendación de Agrafoxo pareceme moi oportuna. Coñecín ao escritor italiano hai un par de anos a través dunha entrevista, coido que magnífica, publicada no xornal El País, a raíz da su visita a Madrid para presentar “Los peces no cierran los ojos” (Seix Barral), unha novela curta moi do estilo do que falas ti hoxe aquí. Alégrame que guste Erri De Luca, porque amosa que é posíbel compaxinar literatura de altura e sabor popular, pero sopbre todo, facelo moi ben.

Deixa una resposta a gonzalo trasbach paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>