O tio Vânia, de Anton Tchékhov

tio vaniaInés Otero. Cada mes un clásico. Este tocoulle a Tío Vania, obra mestra deste clásico ruso, xunto con As dúas irmás e O xardín das cerdeiras. A peza foi escrita no ano 1897, despois de rematar  A gaivota, e representouse por primeira vez nos escenarios do Teatro de Arte de Moscovo no ano 1899. A trama comeza coa chegada a un bucólico ambiente (“casa con terraço, alameda debaixo do álano velho… e un baloiço”) do profesor Alexandr Serebriakov, e a súa muller Elena Andréiva, unha fermosa moza de 27 anos, á  finca rural de Sónia, filla do primeiro matrimonio, administradora da pequena granxa e enfeitizada cun médico que non lle corresponde. Alí os esperan Ivan Petróvicht Voinitski (tío Vania), a nai deste, María Vassilievna, nai tamén da primeira muller do mestre, o médico Astrov, namorado de Elena, e Teléguin, un propietario rural arruinado.

tio vania 2Varios son os eixes temáticos que vinculan a estes personaxes: o paso do tempo (“Falas da túa velhice como se tivessemos todos culpa dela”, retrúcalle Elena ao seu home), o adulterio (“Dígame onde nos podemos encontrar amanhá. Bem vês, é inevitável, temos de nos ver”, suplícalle Astrov a Elena), o amor non correspondido de Sonia a Astrov (“Há já seis anos que o amo, mais do que á minha mae”), o compromiso co traballo (“Preciso de me ocupar en calquer cousa. Trabalhar, trabalhar!”), a vellez (“Tenho quarenta e sete anos, se viver até os sessenta, digamos, aínda me faltan trece, tanto tempo”) e o sentimento da derrota (“Já non tenho orgulho, já non tenho forças para me controlar”).  E outros menos prosaicos como a conservación da natureza: “Ha cada vez menos florestas, os río secam, a caça desaparece, o clima está todo estragado”, sentenza Astrov.

Como noutras grandes obras de Antón Tchékhov –esta foi traducida do russo para Relogio D’Agua por Nina e Filipe Guerra–, Tío Vania destacou no seu día pola introdución nos escenarios teatrais rusos de tres elementos singulares: a vida cotiá, as persoas sinxelas e a fala popular.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *